Jesús Maraña
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (63/64 anos) Sahagún, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, Tertuliano radiotelevisivo, escritor |
Familia | |
Irmáns | Felipe Sahagún |
Jesús Maraña Marcos, nado en Sahagún (provincia de León) en 1961[1] é un xornalista, escritor e tertuliano español. É director do xornal dixital Infolibre.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu na vila leonesa de Sahagún nunha familia de catro irmáns e tres irmás. Un dos seus irmáns é o xornalista especializado en relacións internacionais e profesor da Universidade Complutense, Felipe Sahagún. Jesús Maraña estudou o bacharelato no instituto de Villalón de Campos e con 16 anos saíu de León para facer o COU en Madrid. Dende entón levou a cabo unha extensa carreira profesional fóra da súa terra.
Carreira no xornalismo
[editar | editar a fonte]Licenciado en ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid,[1] iniciou a súa andaina profesional no diario Informaciones de Madrid. Na prensa pasou máis tarde a traballar como reporteiro no Diario Ya. Colaborou con Televisión Española no programa Si yo fuera presidente, e máis tarde no programa Hora Cero en Antena 3 con Jesús Hermida.[3] Continuou a súa carreira en distintas revistas e semanarios dende 1985 no Grupo Zeta: foi redactor da revista Tiempo e cofundador da revista Tribuna en 1988.
O seu regreso ao xornalismo diario produciuse en 1995 no diario El Mundo como redactor xefe.[3] En 1999 incorporouse a Interviú, sendo nomeado director da publicación. En novembro de 2001 participou na tertulia da emisora Onda Cero La brújula.[4] En 2002 asumiu a dirección do conxunto das revistas do Grupo Zeta e dende 2005 fíxose cargo da dirección da revista Tiempo de Hoy.[2] En 2005 empezou a participar nas tertulias políticas Madrid opina, de Telemadrid. Colaborou nos programas de RTVE Los desayunos de TVE, 59 segundos e En días como hoy en Radio Nacional de España.[5] Tamén aparece de maneira habitual nos debates dos programas La Sexta noche e Al rojo vivo.[6]
Dende 2007 até 2010 ocupou o cargo de subdirector no xornal Público, após a partida do seu anterior director, Félix Monteira, ao ser nomeado este secretario de Estado de Comunicación.[7] Maraña foi director de Público até que deixou de publicarse o diario na súa edición en papel en 2012. En 2013 fundou o xornal en liña Infolibre, web da que é director.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- 2015 – Conversaciones con Luis García Montero. Ediciones Turpial. ISBN: 9788495157836.[8]
- 2017 – Al fondo a la izquierda. Editorial Planeta. ISBN:9788408171157.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Felipe Sahagún (17 de outubro de 2014). "Jesús Maraña, un periodista ejemplar".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Infolibre. "Jesús Maraña".
- ↑ 3,0 3,1 Asociación de la Prensa de Madrid. "Jesús Maraña Marcos".
- ↑ "La tertulia: ¿Favorece el último CIS a la estrategia del PSOE de cara a la investidura de Sánchez?".
- ↑ Prensa RTVE (8 de decembro de 2019). "Aitor Esteban, este lunes 9 de diciembre en 'Los desayunos de TVE'".
- ↑ La Sexta. "Jesús Maraña, sobre la sociedad vinculada a Moix: "Mantenerla cuesta más que liquidarla"".
- ↑ Público.es. "Félix Monteira, nuevo secretario de Estado de Comunicación". Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2010.
- ↑ Romero, Juanma (5 de maio de 2015). "García Montero: “Me presento porque hace falta una izquierda clara”".
- ↑ «Jesús Maraña presenta su libro 'Al fondo a la izquierda' este domingo en Aravaca». Infolibre. 31 de outubro de 2017.