ONCE
ONCE | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1938 |
Fundador(es) | Ramón Serrano Suñer |
Premios | Premio Príncipe de Asturias da Concordia, Creu de Sant Jordi, Medalla García-Cabrerizo, Gran Cruz da Orde do Dous de Maio, Gran Cruz da Orde do Dous de Maio e Medalla de Ouro de Galicia |
Sede | Calle de José Ortega y Gasset, Madrid |
En | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.once.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Organización Nacional de Cegos Españois[1] (ONCE) é unha entidade de Dereito Público de carácter social e democrático sen ánimo de lucro que ten o propósito fundamental de mellorar a calidade de vida dos cegos e persoas con discapacidades visuais de toda España.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha organización moi activa que participa nos diversos foros nacionais e internacionais sobre cegueira e discapacidade, promovendo tamén distintas iniciativas para lograr a súa función.
Para levar a cabo o seu labor conta co apoio e beneplácito da Administración pública a través do Consello do Protectorado no que se integran os ministerios de Economía e Facenda, Traballo e Asuntos Sociais e Interior. Ademais, organiza o chamado Cupón da ONCE, un sorteo que, ademais de dar premios á combinación sorteada, proporciona parte dos fondos da organización.
É socio fundador do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, máis coñecido polas súas siglas, CERMI.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e a ONCE Arquivado 25 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (documento PDF).
- ↑ Listado de organizaciones del CERMI. Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Socios fundadores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ONCE |