BRILAT
BRILAT | |
---|---|
Tipo | Brigada Orgánica Polivalente |
Data de fundación | 24 de xaneiro de 1966 |
Nº de empregados | 2.000 (2000) |
Premios | Medalla de Ouro de Galicia |
En | Figueirido, Pontevedra e Vilaboa |
País | España |
42°23′09″N 8°39′10″O / 42.385833333333, -8.6527777777778 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A BRILAT, ou Brigada de Infantería Ligera "Galicia" VII, é unha unidade de infantaría lixeira do Exército de Terra de España, encadrada dentro das Forzas Lixeiras. Foi creada en 1966 coa denominación inicial de Brigada de Infantería Aerotransportable, e ten participado en diversas operacións multinacionais en países coma Bosnia e Hercegovina, Kosovo, Iraq, Paquistán, Líbano, Afganistán, Malí e Eslovaquia.
Cambios de denominación
[editar | editar a fonte]A través dos seus anos de existencia o nome de Brigada de Infatería Aerotransportable deu paso a Brigada de Infatería Ligera Aerotransportable, máis tarde a Brigada de Infatería Ligera Aerotransportable "GALICIA" VII e por último a Brigada de Infatería Ligera "GALICIA" VII - BRILAT.
Localización e estrutura
[editar | editar a fonte]Dende 1988 a maioría das súas unidades atópanse en Pontevedra, actualmente na Base General Morillo, que ocupa terreos da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra, e unha pequena parte da de Figueirido, concello de Vilaboa. Esta base está integrada por uns 2 400 efectivos, dos cales ó redor de 1 700 son galegos. A porcentaxe de mulleres é dun 11%.[1]
En Siero, Asturias, hai un rexemento de infantaría, e en Santovenia de Pisuerga, Valladolid, un grupo de cabalaría de recoñecemento.
Ministerio de Defensa de España | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ejército de Tierra de España | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fuerza | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fuerza Terrestre (FUTER) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fuerzas Ligeras (FUL) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Brigada de Infantería Ligera "GALICIA" VII | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cuartel General | Batallón de Cuartel General | Regimiento de Infantería Ligero "Príncipe" Nº 3 | Regimiento de Infantería Ligero "Isabel la Católica" Nº 29 | Grupo de Cabalaría de Recoñecemento "Santiago" VII | Grupo de Artillería de Campaña VII | Batallón de Zapadores Ligero VII | Compañía de Transmisiones 7 | Crupo Logístico VII | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Batallón de Infantería Ligero "San Quintín" I/3 | Batallón de Infantería Ligero "Toledo" II/3 | Batallón de Infantería Ligero "Zamora" I/29 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Armamento e vehículos
[editar | editar a fonte]Entre o armamento que ten de dotación individual está as pistolas Llama M-82 e HK USP, fusís HK G36, 12'70 Barret e Accuracy 7'62, e lanzafoguetes Instalaza C-90.[2]
Como armamento colectivo emprega sistemas coma a metralladora MG3, morteiros, o lanzagranadas LAG 40, o obús 105/37 Light Gun, os mísiles contracarro TOW e MILAN, ou o mísil antiaéreo Mistral.[2]
Dispón de variedade de vehículos lixeiros e pesados, algúns deles procedentes do construtor galego URO e outros dos fabricantes Santana, Nissan, Iveco, Pegaso ou BAE Systems.
Ten blindados a rodas Centauro, e VEC, porén, cando actúa en zona de operacións, emprega outros de máis recente adquisición, coma o Iveco LMV Lince ou o RG-31 Nyala, especialmente deseñados para a protección dos tripulantes contra artefactos explosivos.[2]
Máis materiais dos que fai uso son o radioteléfono PR4-G ou o radar RAVEN.[2]
Participacións en misións internacionais
[editar | editar a fonte]En 1995 comezou a participación da BRILAT en misións internacionais, no marco das Nacións Unidas ou da OTAN.
- Bosnia e Hercegovina, nos anos 1995, 1997 e 1999.
- Kosovo, anos 2000, 2002 e 2008.
- Iraq no ano 2003.[3]
- Paquistán, tralo terremoto de Caxemira de 2005.
- Afganistán, anos 2005, 2006, 2008, 2009, 2010 e 2012.
- Líbano, nos anos 2007, 2009 e 2019.
- Malí en 2019.
Nelas varios integrantes da BRILAT perderon a vida en diversas circunstancias.
Operacións en territorio nacional
[editar | editar a fonte]Nos anos 2002 e 2003 traballou na limpeza do chapapote das praias galegas tralo desastre do Prestige.[4]
Tralos atentados do 11 de marzo de 2004, persoal da brigada patrullou estacións e vías de ferrocarril durante meses.
A BRILAT patrulla tódolos anos os montes galegos en tempada estival, en prevención dos incendios forestais.
Xefatura
[editar | editar a fonte]A xefatura correspondeulle, dende 2009 ata 2014, ao xeneral de brigada ourensán José Antonio Alonso Miranda,[5] de 2014 a 2019 a Luis Cebrián Carbonell[6] e dende 2019 a Luis Cortés Delgado.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1995 a brigada recibiu a Medalla de Ouro de Galicia, e en 2011 a Medalla de Ouro da Deputación de Pontevedra.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Una "empresa" con 2 500 trabajadores, artigo de Faro de Vigo do 1 de maio de 2012 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Brigada de Infantería Ligera 'Galicia' VII, materiais.
- ↑ No contexto da Guerra de Iraq, foi a única misión internacional na que participou na que non estaba integrada nunha estrutura nin da ONU nin na NATO.
- ↑ "La Brilat, condecorada por su intervención en la costa durante la catástrofe del "Prestige"". Faro de Vigo (en castelán). 22/3/2017.
- ↑ Orden por la que se nombra Jefe de la Brigada de Infantería Ligera «Galicia» VII ... BOD n.º 228 de 28 de novembro de 2009.
- ↑ "Defensa excluye a la Brilat de sus planes de reducción..." Faro de Vigo 20/1/14 (en castelán).
- ↑ "A BRILAT recibíu a Medalla de Ouro da provincia pola súa longa radicación en Pontevedra e a súa contribución a distintas misións do Estado". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 02 de xuño de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BRILAT |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Torre, Rafael (2015): "El establecimiento del CIR en Figueirido", pp. 169–174, en Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).