Isabel Castelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1929 (94/95 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | empresaria, cantante de ópera |
Familia | |
Fillos | Isabel de Mundalúniz Castelo |
Premios | |
|
Isabel Castelo d'Ortega, nada na Coruña en 1929, é unha empresaria galega destacada no sector dos seguros en España, recoñecida polo seu labor á fronte de Seguros Ocaso, unha das principais compañías aseguradoras do Estado.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Isabel Castelo é dona do 92 % de Seguros Ocaso, fundada en 1920 en Vigo polo seu avó Ramón D'Ortega y Hervella e Aberlardo Argüelles (quen lle vendeu a súa parte en 1932),[2] e agora radicada en Madrid, con sedes de interese arquitectónico en Santander, Sevilla e na rúa coruñesa do Cantón Pequeno.[3] Herdou a empresa do seu pai, o tamén coruñés Santiago Castelo Cortés.[4]
Isabel Castelo consolidouse como unha das mulleres máis influentes do sector asegurador español. Baixo a súa dirección desde 1981, Seguros Ocaso experimentou un crecemento sostido, particularmente nos seguros de decesos, e na xestión de Servisa, compañía de servizos funerarios. O grupo rexistrou un beneficio neto de 73,4 millóns de euros no último ano rexistrado (2022), con ingresos anuais superando os 1000 millóns de euros. Forbes atribúe a Castelo d'Ortega un patrimonio persoal de aproximadamente 650 e 800 millóns de euros, sendo a persoa galega non vinculada á sociedade Inditex cun maior patrimonio.[1][4] Outras fontes indican que supera os 1000 millóns[5] e os 1100 millóns.[6]
Honras
[editar | editar a fonte]Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en 2017.[7] Nunha das súas escasas aparicións públicas mostrou «alegría e emoción fonda de ser galega» por recibir unha distinción na súa terra, «o fogar de Breogán».[8]
Recibiu tamén a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Isabel Castelo D'Ortega é marquesa de Taurisano, nai de Isabel de Mundalúniz Castelo, duquesa de Veragua, casada con Cristóbal Colón de Carvajal, vicealmirante da Armada asasinado por ETA en 1986.
Isabel Castelao foi intérprete de ópera e zarzuela durante un curto período, xa que o seu primeiro marido, o marqués de Taurisano se opoñía frontalmente a unha carreira musical. Prestou a súa voz nos anuncios televisivos de Seguros Ocaso.
Veranea en San Pedro de Nós, Oleiros.[4]
Controversias
[editar | editar a fonte]Foi criticada por ecoloxistas pola súa asistencia a cacerías no Parque Nacional de Cabañeros.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Isabel Castelo, la enigmática vida de la dueña de Ocaso". www.economiadigital.es (en castelán). 2017-07-18. Consultado o 2024-02-28.
- ↑ "Santiago Castelo Cortés". Real Academia de la Historia; dbe.rah.es. Consultado o 2024-02-28.
- ↑ "Cultura". Ocaso.es.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Esta es la mujer más rica de Galicia que no pertenece al imperio Inditex". Quincemil (en castelán). 2023-08-24. Consultado o 2024-02-28.
- ↑ Navarro, María Jesús (2023-05-09). "Refugio Isabel Castelo dueña Seguros Ocaso un palacio en Chamberí". elcierredigital.com (en castelán). Consultado o 2024-02-28.
- ↑ "Isabel Castelo, segunda gallega de Forbes, gana 73 millones con Ocaso". www.economiadigital.es (en castelán). 2019-11-09. Consultado o 2024-02-28.
- ↑ "Medallas de Galicia. 2017 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2024-02-28.
- ↑ "Medallas de Galicia: Isabel Castelo d'Ortega". www.crtvg.es. Consultado o 2024-02-28.
- ↑ "La-presidenta-de-Seguros-el-Ocaso-entre-los-invitados-a-las-cacerias-en-el-Parque-Nacional-de-Cabaneros". www.elmundofinanciero.com/ (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |