Saltar ao contido

Os Cantóns

(Redirección desde «Cantón Pequeno»)
Os Cantóns
Tipoloxíaavenida
Localización
InicioRúa Real, rúa Nova e avenida da Mariña
FinRúa de Juana de Vega, rúa Compostela e rúa Sánchez Bregua
LocalidadeA Coruña

Os Cantóns é o nome que recibe unha das principais avenidas da cidade da Coruña, situada no barrio da Pescaría e formada por dous tramos diferenciados no nomenclátor: o Cantón Grande e o Cantón Pequeno. O Cantón Grande comeza no cruzamento da rúa Real coa rúa Nova e a avenida da Mariña e vai ata a rúa Santa Catarina, onde pasa a se denominar Cantón Pequeno ata chegar á praza de Mina, punto de confluencia entre as rúas Juana de Vega, Compostela e Sánchez Bregua, continuación natural esta última da avenida que conforman os dous Cantóns. Durante todo este percorrido, os Cantóns están delimitados na beira sur polos xardíns de Méndez Núñez.

Vista dos Cantóns a finais do século XIX por José Sellier.

No edificio situado no número 13 do Cantón Grande faleceu o xeneral Sir John Moore.

En 1820-1823, 1840-1874 e 1932-1936 o Cantón Grande recibiu o nome de Cantón de Porlier e o Pequeno o de Cantón de Lacy. En 1943 foron bautizados como Cantóns de José Antonio.

O Camiño Inglés atravesa os Cantóns[1], procedente da igrexa de Santiago.

Institucións e comercios

[editar | editar a fonte]

En 1920 inaugurouse o Teatro Linares Rivas nun edificio modernista de Leoncio Bescansa. Foi derribado en 1940 para a construción do Cine Avenida.[2]

No primeiro piso do número 14 (derruído en 1977) do Cantón Grande estivo a sede do Casino Republicano.[3]

Pola súa situación céntrica foi sede de numerosos bancos e fundacións.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]
Obelisco.

A arquitectura dos Cantóns modificouse enormemente dende a construción do Banco Pastor en 1925. Existen na rúa edificios destacados, algúns deles catalogados. No Cantón Grande sitúanse:[4]

No Cantón Pequeno:

Ademais, no Cantón Grande está o Obelisco en honra de Aureliano Linares Rivas, de Gabriel Vitini Alonso, con base de Antonio de Mesa (1895).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Arroyo, Manuel. "A Coruña-Bruma". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016. 
  2. Llorente Taboada, M. Paz. El salón de espectáculos teatro Linares Rivas de La Coruña (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2016. 
  3. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 
  4. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  5. Molezún, Fernando (7 de agosto de 2005). "La gran sala de estar de los coruñeses". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2016. 
  6. Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 144-145.
  7. Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 132-133.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4. 
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]