Rúa Rego de Auga
Rúa Rego de Auga | |
---|---|
Teatro Rosalía de Castro | |
Tipoloxía | rúa |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,22 km |
Formato | peonil |
Localización | |
Inicio | Praza de María Pita |
Fin | Rúa Real |
A rúa Rego de Auga[1] é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade. Dende 1998 é unha rúa peonil.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O nome da rúa indica que nela se recollían as augas da zona. A partir do século XVIII aparece castelanizada como “Riego de Agua”.[3]
No século XIX pasou a levar o nome de rúa de Luchana, en recordo da batalla de Luchana (1836), e entre 1926 e 1931 levou o nome de Alcalde Manuel Casás. Ademais, na zona ocupada polo Teatro Rosalía localizábanse a praza de San Xurxo (diante da parroquia homónima) e a praza da Verdura, empregada como praza de abastos.
No número 38 da rúa fundáronse en 1916 as Irmandades da Fala.[4][5]
Na rúa Rego de Auga estivo situada ata 1882 a fonte da Fama, logo trasladada á praza de Santo André. Deixou o seu nome á rúa da Fama.[6]
Veciños e negocios
[editar | editar a fonte]En 1888 instalouse no número 6 a primeira central telefónica da cidade.
A existencia de negocios tradicionais fai que estean protexidos dous rótulos da rúa, o do Hotel Alborán e o da confeitería La Gran Antilla.[7] En 1926 fundouse La Fe Coruñesa, unha das tendas máis antigas da cidade.[8]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Na rúa Rego de Auga existen varios edificios destacados:[9]
- Os edificios que teñen a súa fachada principal nos números 3 ao 31 da rúa Rego de Auga e mais o número 1 da rúa Luchana constitúen o conxunto arquitectónico con galerías na fachada que dá á avenida da Mariña.
- N.º 2, de estilo ecléctico
- N.os 4, 6, 10, 14, 18-28, 34-50, 54, de arquitectura tradicional
- N.º 12, de Juan de Ciórraga (1897)
- N.º 16, edificio ecléctico da segunda metade do século XIX.
- N.º 58, edificio de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés
Outro edificio salientable na rúa é o teatro Rosalía de Castro, sede tamén da biblioteca da deputación provincial da Coruña.
Galería
[editar | editar a fonte]-
La Gran Antilla
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concello da Coruña
- ↑ "Asociación Zona Obelisco". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 07 de xullo de 2018.
- ↑ García López 2009
- ↑ "Flores e memoria no espazo en que hai cen anos naceron as Irmandades da Fala". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 07 de xullo de 2018.
- ↑ "Irmandades da Fala nos fondos da Academia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 07 de xullo de 2018.
- ↑ Fonte da Fama na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Solo 19 rótulos comerciales están considerados “elementos de interés”
- ↑ Traspaso de poderes para revivir un comercio
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.