AC-11
AC-11 Avenida de Alfonso Molina | |
---|---|
A avenida Afonso Molina na entrada á cidade. | |
Tipoloxía | Autovía urbana |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Dimensións | |
Lonxitude | 5,090[1] km |
Formato | tres carrís en cada sentido no inicio e dous carrís á chegada á cidade |
Localización | |
Inicio | Avenida de Linares Rivas (intersección coa AC-12 ) |
Fin | Ponte da Pasaxe (intersección coa AC-12 ) |
Circulación | |
Velocidade máxima | 80 km/h |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Avenida_Alfonso_Molina%2C_Pedralonga.jpg/220px-Avenida_Alfonso_Molina%2C_Pedralonga.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/96/Fito_quil%C3%B3metro_3%2C_N-550%2C_A_Coru%C3%B1a_4.jpg/220px-Fito_quil%C3%B3metro_3%2C_N-550%2C_A_Coru%C3%B1a_4.jpg)
A AC-11, que recibe o nome de avenida de Alfonso Molina en homenaxe e memoria de quen foi alcalde da cidade de 1947 ata 1958, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. É o principal acceso ao centro da Coruña, entrando polo sur desde a AP-9.
É unha prolongación da N-VI dende o seu cruzamento coa AC-12 ao sueste da cidade xunto á ponte da Pasaxe. A ela conflúen a estrada N-550 e a autoestrada AP-9 xunto aos barrios de Palavea e Elviña. Ao entrar no casco urbano cruza a avenida de San Cristovo, a ronda de Outeiro, a praza de Catro Camiños até desembocar na avenida de Linares Rivas.
Ten unha lonxitude de 5,090 quilómetros, e un tráfico aproximado de 150 000 vehículos ao día.
Historia
[editar | editar a fonte]A AC-11, co nome de avenida da Vedra aparece por primeira vez no plan presentado por Ramiro Mariño, Juan Martínez Barbeito e Pablo Iglesias Atocha no concurso convocado polo Concello en 1940. O deseño foi logo recollido no Plan Cort (1945) e no plan xeral de 1948.[2]
A avenida foi inaugurada en 1957 polo alcalde Alfonso Molina. O 26 de novembro de 1958, un día despois da morte de Molina, o concello acordou poñerlle o seu nome á avenida.[3]
Saídas
[editar | editar a fonte]Número de saída | Nome da saída | Liga | Velocidade |
---|---|---|---|
![]() |
Lugo N-VI Madrid Ferrol N-651 |
AC-12 | ![]() |
![]() |
Hospital Universitario A Coruña (sentido saída) A Coruña (sentido saída) Porto da Coruña (sentido saída) O Burgo (sentido saída) |
AC-12 AC-211 |
![]() |
![]() |
A Coruña Sur - Pedralonga Alcampo Palavea Eirís Centro Oncolóxico de Galicia Santiago de Compostela N-550 Aeroporto de Alvedro |
N-550 | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Santiago de Compostela AP-9 ![]() Ferrol AP-9F ![]() Lugo A-6 |
AP-9 | ![]() |
![]() |
A Zapateira (sentido saída) Policlínico Santa Teresa Palavea (sentido entrada) |
DP-3006 AP-9 |
![]() |
![]() |
Campus de Elviña (sentido saída) Elviña (sentido saída) Castro de Elviña (sentido saída) |
![]() | |
![]() |
Coliseum Polígono de Pocomaco |
![]() | |
![]() |
Polígono industrial Agrela-Bens Porto da Coruña (sentido entrada) Avenida de San Cristovo Eirís (sentido entrada) Os Castros (sentido entrada) |
AC-10 | ![]() |
![]() |
Fonte das Paxariñas | ![]() | |
![]() |
Rolda de Outeiro Porto da Coruña (sentido entrada) Estación de autobuses (sentido entrada) Estación de San Cristovo (sentido saída) |
![]() | |
![]() |
A Coruña Centro - Avenida de Linares Rivas | ![]() |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Inventario de la RCE a 31/12/2008 Arquivado 17/11/2015, en Wayback Machine. Ministerio de Fomento. Consultado o 13/11/2015 (en castelán).
- ↑ González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904.
- ↑ García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |