VG-20
Aparencia
VG-20 Circunvalación ou Segundo Cinto de Vigo | |
---|---|
Viaduto da VG-20 en Bouzas | |
Tipoloxía | Autovía urbana |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 13 km |
Localización | |
Inicio | Bouzas |
Fin | AG-57 |
Circulación | |
Velocidade máxima | 120 km/h |
A VG-20, tamén coñecida como Circunvalación ou Segundo Cinto de Vigo é unha autoestrada de titularidade estatal que circunda a cidade de Vigo polo sur.
A súa construción comezou canda a prolongación da AP-9 até Tui, en 2001, cun custo estimado de 30.000 millóns de pesetas (~180M€) [1]. Entrou completamente en servizo en novembro de 2005, logo dun investimento duns 122 millóns de euros por parte do Ministerio de Fomento de España.[2][3] Unha década despois, a VG-20 encontrábase cos seus niveis máis baixos de tráfico desde a súa posta en funcionamento.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diego Pérez (2000-05-24). "Fomento eleva a 30.000 millones el coste del nuevo cinturón y la autopista Vigo-Tui". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-03.
- ↑ Juanma Fuentes (2005-11-29). "Vigo estrena su primera circunvalación once años después de ser diseñada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-03.
- ↑ Ministerio de Fomento de España (28-11-2005). "Fomento pone en servicio el tramo Conexión Castrelos-Bouzas con la Autopista Puxeiros-Val Miñor (AG-57)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03-08-2017. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ Teo Andrés, José. "El Cinturón de Vigo, en su nivel más bajo de tráfico al cumplir 10 años". Atlántico (en castelán). Consultado o 2017-08-03.