V-18
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
V-18 Conexión da AC-14 coa AP-9 | |
---|---|
Tipoloxía | Vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Dimensións | |
Formato | 1 carril por sentido con mediana |
Localización | |
Inicio | AC-14 A Coruña |
Fin | AP-9 Culleredo |
O Viario 18 ou Conexión da autovía AC-14 coa autoestrada de peaxe AP-9, é unha vía de alta capacidade en proxecto que suporía unha alternativa para desconxestionar o tráfico existente entre a AC-11 e a AP-9.
Historia
[editar | editar a fonte]Nomeado provisionalmente no proxecto como V-18, de forma análoga ao Viario 14 (V-14), foi planificado polo Ministerio de Fomento de España, para buscar alternativas que permitan desconxestionar a AC-11. En abril de 2012, encargouse un primeiro estudo baixo a xestión da ministra Ana Pastor Julián.[1]
O maior volume do tráfico da entrada e saída da cidade A Coruña é a AP-9, a pesar de que se trata dunha autoestrada de pago, xa que funciona como conexión máis directa coa A-6 cara a Lugo e Castela e León ademais dos destinos que lle son propios. Ademais, a AP-9, ten un tramo de peaxe na sombra (o comprendido entre o acceso da Barcala e a AC-11) desde maio de 2006, que lle dá maior volume de tráfico á Coruña desde Cambre, San Pedro de Nós, O Temple e O Burgo, especialmente nas horas punta dos días laborábeis.[2]
Así, esta alternativa desde a AP-9, permitiría ter unha conexión polo sur ao oeste da Coruña a través da AC-14 e a V-14, a barrios como o dos Rosales, A Agra do Orzán, O Ventorillo, Elviña, O Birloque, San Pedro de Visma, Labañou - San Roque, Os Mallos, Vioño etc. Contando, asemade, cunha conexión aos polígonos industriais A Grela-Bens, Pocomaco e Vío, evitando deste xeito conexións desde a AC-11, que na actualidade repercuten en conxestións de tráfico en vías como a Avenida de San Cristovo, a Ronda de Outeiro ou a Avenida de Arteixo até os accesos a ditos polígonos.
Evolución
[editar | editar a fonte]- Marzo de 2015: exposición do proxecto a información pública, cun orzamento estimado de licitación da obra de 18,9 millóns de euros.[3][4]
- Agosto de 2016: Fomento solicita a declaración de impacto ambiental.[5]
- Xullo de 2017: fíxose público que unha tramitación irregular do propio Fomento obrigaba a reiniciar a avaliación medioambiental.[6]
Tramos
[editar | editar a fonte]Denominación | Tramo | Quilómetros | Estado (xullo de 2017) |
---|---|---|---|
V-18 | A Zapateira AC-14 - Vilaboa AP-9 | 1,56 | Reinicio da DIA[6] |
Trazado (en proxecto)
[editar | editar a fonte]Velocidade(en proxecto)
|
Esquema | Saída | Sentido A Zapateira ( AC-14 ) | Carrís | Sentido Vilaboa ( AP-9 ) | Estrada | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|---|
de Conexión AC-14 coa AP-9 |
Conexión AC-14 coa AP-9 Incorporación final: E-1 AP-9 Dirección final: E-1 AP-9 Santiago - Ferrol E-70 A-6 Lugo - Madrid
|
||||||
Conexión AC-14 coa AP-9 Incorporación final: DP-3006 Dirección final: A Zapateira - A Coruña |
de Conexión AC-14 coa AP-9 V-18 Procede de: DP-3006 A Zapateira (pola glorieta) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gabriel Lemos (2012-04-09). "El vial 18 ya está en el mapa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-01.
- ↑ "La supresión del peaje en Rande y A Barcala se adelantó a anoche". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2016-08-07.
- ↑ "Fomento expone su proyecto para construir el vial 18". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2016-08-07.
- ↑ "Fomento somete a información pública el proyecto del Vial 18, en la provincia de A Coruña". www.fomento.gob.es (en castelán). Consultado o 2017-08-01.
- ↑ Xosé Gago (2016-08-01). "Fomento solicita la declaración de impacto ambiental del Vial 18". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-01.
- ↑ 6,0 6,1 Iván Aguiar. "Una tramitación irregular de Fomento obliga a reiniciar la evaluación ambiental del vial 18". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-08-01.