Saltar ao contido

Os Rosales, Visma, A Coruña


Os Rosales

Parque dos Rosales.
ParroquiaVisma
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′26″N 8°26′04″O / 43.373944444444, -8.4345777777778
editar datos en Wikidata ]
Situación dos Rosales no concello da Coruña.[1]

Os Rosales[2], tamén coñecido como As Roseiras[3][4] ou Os Rosais[5], é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona noroeste da Coruña, ao pé do monte de San Pedro. Dende o ano 2005 o INE non recolle datos da súa poboación como entidade separada.

En 1970 os arquitectos Domingo Tabuyo Domínguez e Carlos Fernández-Gago redactaron o primeiro Plan Parcial de Ordenación de Los Rosales,[6] creando un novo núcleo residencial, mais foi denegado en 1971.[7] O barrio actual, proxectado en 1991,[6] comezou a construírse en 1993.[8]

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Na ladeira meridional do Monte de San Pedro non houbo ningunha entidade de poboación anterior á construción das vivendas actuais. Preto do colexio Calasanz baixaba o rego que chamaban Fontán, e a carón da Pedra da Barca estaban Os Resíos[9][10].

Sendo relativamente recente a urbanización da zona, tamén o é a súa denominación; e con todo, non se coñece con exactitude a orixe do topónimo. A primeira referencia a ‘Los Rosales’ encóntrase na prensa dos anos 60[11]. O filólogo Iván Méndez, especializado en toponimia da cidade, contempla a posibilidade de provir o nome dunha pronuncia seseante de ‘rozais’, zonas sometidas a frecuentes rozas, hipótese si confirmada no caso do concello do Rosal, pero que no caso do barrio coruñés non vén aboada por testemuños documentais outros que un texto de principios do século XIX no que se fala de ‘las roces de los montes de Lavañón[12]. De feito, as demais explicacións alternativas coinciden en se tratar dun topónimo orixinal en castelán, ben tomado do nome dunha cafetería que houbo na prolongación da avenida de Gran Canaria nos anos 60, ben sexa simplemente o nome elixido pola promotora da construción do polígono residencial. En efecto, a promoción que se fixo do novo barrio falaba xacando da semellanza que o seu trazado tiña cunha rosa florida (as rúas concéntricas arredor da praza Elíptica) e un talo (a avenida de Manuel Azaña)[13].

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Neste barrio atópanse o parque da praza Elíptica, o centro comercial Los Rosales, un centro de saúde, un centro cívico, unha igrexa parroquial e unha gardería. Nos arredores tamén se sitúan as escolas Emilia Pardo Bazán, PP. Escolapios e Calasancias.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Visma

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña

O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella

Parroquias da Coruña

[editar | editar a fonte]
  1. Estudos previos
  2. Elmaskiote (2007-04-19). "elmaskiote: ¿Rosales, Rosais, Roseiras?". elmaskiote. Consultado o 2020-07-13. 
  3. Programa das festas de María Pita 2016
  4. "A cidade dos barrios". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 17 de novembro de 2016. 
  5. "A policía investiga os últimos roubos en vivendas da Coruña | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-07-13. 
  6. 6,0 6,1 La Coruña. Desarrollos urbanos 1940/2000. Catálogo (en castelán). ETSA da Universidade de Navarra. 2011. 
  7. "Ministerio de la Vivienda" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 31 de agosto de 1972. Consultado o 18 de novembro de 2015. 
  8. García, Rodri (23 de novembro de 2013). "La «Ciudad Nueva de los Rosales» cumple 20 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2015. 
  9. "Rúas da Coruña: masculino singular". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2020-09-02. 
  10. Estudos de Onomástica Galega IV. Os nomes das rúas. Real Academia Galega. 2019. pp. 190, 220, 223. ISBN 978-84-17807-00-9. 
  11. "echeoqhai". Twitter. Consultado o 2020-07-13. 
  12. "echeoqhai". Twitter. Consultado o 2020-07-13. 
  13. "Ciudad de los Rosales". Grupo TAU (en castelán). Consultado o 2020-07-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]