Batalla de Luchana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Batalla de Luchana | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Primeira guerra carlista | |||||||
Ataque á ponte de Luchana. Gravado de 1849. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Carlistas partidarios de Carlos Luís de Borbón |
Isabelinos partidarios de Isabel II de España | ||||||
Líderes | |||||||
Xeneral Villarreal | Xeneral Espartero |
A batalla de Luchana (Lutxana en éuscaro) acaeceu en Bilbao e arredores o 23 e 24 de decembro de 1836, na zona limítrofe do actual concello de Bilbao co de Erandio, tras uns prolegómenos que se prepararon durante todo o mes. Foi unha das batallas máis decisivas da Primeira guerra carlista pois puxo remata ao segundo asedio de Bilbao
Forma parte da Primeira guerra carlista e, polo tanto, os bandos belixerantes eran os seguidores do carlismo, que defendían os dereitos á coroa de Carlos María Isidro de Borbón e os liberais (tamén chamados cristinos ou isabelinos) que apoiaban os dereitos da futura Isabel II, que aínda menor de idade, tiña como rexente á súa nai María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias (muller do defunto Fernando VII).
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]O campo de batalla situouse no límite da antiga igrexa de Deusto e o municipio de Desierto-Erandio, nas beiras do río Asúa, que desemboca no Nervión á altura de Luchana-Erandio, fronte a Luchana-Barakaldo, na confluencia co tamén río Cadagua.
Os carlistas de Bilbao, sitos na beira esquerda do río Asúa, encontrábanse fortificados sobre o monte Enekuri; os seus contrafortes estaban no coñecido como monte Cabras, dominando desde esta altura o leito da ría e a chegada dos reforzos liberais desde o leito baixo do Nervión, desde Portugalete e a zona das Encartaciones, por onde chegaran a Biscaia desde Castela tras tomar Medina e Villarcayo, na provincia de Burgos. Por mor desa posición estratéxica, o control desta altura era vital no avance terrestre e fluvial até Bilbao.
Os liberais triunfaron sobre os carlistas e liberaron Bilbao.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lázaro Torres, Rosa María (1993). El poder de los carlistas. Evolución y declive de un Estado. 1833-1839. (en castelán). Autoedición. ISBN 84-604-6471-7.
- Segundo Flórez, José (1845). Espartero. Historia de su vida militar y de los grandes sucesos contemporáneos (en castelán). Madrid: Sociedad Literaria.