Asociación de Víctimas del Terrorismo
Asociación de Víctimas del Terrorismo | |
---|---|
Acrónimo | AVT e AVT |
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1981 |
Fundador(es) | Ana María Vidal-Abarca |
Presidente/a | Maite Araluce (2018-) |
Premios | Placa de Honra da Orde do Mérito Constitucional e Medalla de Ouro de Galicia |
País | España |
Na rede | |
http://avt.org/en e http://avt.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación de Víctimas del Terrorismo (AVT) é unha asociación española formada en 1981 por vítimas de atentados terroristas. Os seus membros inclúen feridos e a familiares de vítimas españolas de atentados terroristas da banda terrorista ETA, dos GRAPO, Terra Lliure, FRAP e do terrorismo islámico. A organización atende a máis de 4500 persoas. A súa actual presidenta é Maite Araluce, que sucedeu a Alfonso Sánchez Rodrigo.
Obxectivos e integrantes
[editar | editar a fonte]A AVT axuda a máis de 6000 persoas. A asociación dispón de delegacións territoriais en Andalucía, Aragón, Asturias, Castela-A Mancha, Estremadura, a Comunidade Valenciana, A Rioxa, Murcia, as Illas Canarias e o País Vasco.
A AVT conta con máis de 4500 asociados,[1][2][3] mentres que dende a propia Asociación,[4] declaran ter como membros ao 90% das vítimas de terrorismo asociadas (compatible coa primeira cifra, xa que non todas as vítimas están asociadas). En calquera caso, estas cifras converteríana na asociación de vítimas do terrorismo máis importante de España e unha das máis numerosas do mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrega IV Premio del Foro Ermua al Presidente de la AVT :: Foro Ermua :: Por la Libertad y la Justicia en el País Vasco". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 17 de febreiro de 2007.
- ↑ "3.000 socios de la AVT eligen a su presidente entre Broseta y Alcaraz · ELPAÍS.com".
- ↑ "ABC.es l Página no encontrada". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2008.