Saltar ao contido

Andrew Bertie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrew Bertie

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Andrew Willoughby Ninian Bertie Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1929 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 2008 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanta Maria del Priorato Editar o valor en Wikidata
Gran Mestre da Orde Soberana de Malta
abril de 1988 – 7 de febreiro de 2008
← Angelo de Mojana di ColognaMatthew Festing → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónChrist Church College
Ampleforth College
Escola de estudos orientais e africanos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfrade Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa7 de febreiro Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisJames Bertie Editar o valor en Wikidata  e Lady Jean Crichton-Stuart Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Bertie-75 Find a Grave: 27092848 Editar o valor en Wikidata

Andrew Willoughby Ninian Bertie, nado en Londres, Reino Unido, o 15 de maio de 1929, e finado en Roma, Italia, o 7 de febreiro de 2008, foi un aristócrata inglés e o LXXVIII (78º) príncipe e gran mestre da Orde de Malta, cargo que ocupou durante case 20 anos. Foi o primeiro inglés en ser elixido gran mestre de devandita Orde dende o ano 1258. É venerado na Igrexa católica, sendo declarado Servo de Deus polo papa Francisco. A súa festa celébrase cada ano o 7 de febreiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Bertie naceu en Londres, fillo de James Bertie e de Jean Crichton-Stuart (ambos de ascendencia nobre). Foi educado no colexio católico privado de Ampleforth, e graduouse en Historia Moderna en Christ Church. Tamén tomou clases na Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres. De 1948 a 1950 realizou o servizo militar nos "Scots Guards" do exército británico, chegando ao grao de oficial en 1949. Despois dun primeiro contacto co sector comercial, ensinou linguas modernas (particularmente francés e castelán) durante vinte anos no Worth School, un colexio privado da Orde de San Bieito no Condado de Sussex, en Inglaterra.

Época como gran mestre

[editar | editar a fonte]

Bertie foi admitido na Soberana Orde de Malta en 1956. Alcanzou o grao de Cabaleiro da Xustiza, tomando os Votos Perpetuos en 1981.[1]

Uniuse ao goberno da Orde en 1981 e en abril de 1988 foi elixido como 78º gran mestre. Posteriormente converteuse en Hospitalario do Santuario de Lourdes, que é o lugar de peregrinación anual da Orde.[2] Sucedeu a Angelo de Mojana, un nobre de Milán que servira na Orde dende 1962. Aínda que a Orde é considerada como unha entidade soberana, é unha orde relixiosa da Igrexa católica, polo que a elección de Bertie necesitou da ratificación do Papa, Xoán Paulo II, que se obtivo o 11 de abril de 1988.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Nunca casou nin tivo fillos. Tiña un irmán máis novo. Era tío afastado da raíña Isabel II do Reino Unido.[3]