Juan José González Rivas
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1951 (73 anos) Ávila, España |
Presidente do Tribunal Constitucional de España | |
24 de marzo de 2017 – 18 de novembro de 2021 ← Francisco Pérez de los Cobos (pt) – Pedro González-Trevijano (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | catedrático |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | Xunta Electoral Central (2008–2012) |
Premios | |
Juan José González Rivas, nado en Ávila o 10 de maio de 1951 é un xurista e maxistrado español xubilado. Foi maxistrado do Tribunal Constitucional entre 2012 e 2021, e foi o seu presidente entre 2017 e 2021.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Obtivo o título de xuíz e maxistrado por oposición ao final do franquismo, en 1975. Obtivo o doutoramento na Complutense de Madrid cunha tese titulada «La Justicia Constitucional en el Derecho Comparado y en el Derecho español» en 1981.[3]
Carreira
[editar | editar a fonte]En 1975 foi destinado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Piedrahíta (1976-81) e Salas de los Infantes, Burgos (1981). En 1981 foi ascendido ao grao de maxistrado e nomeado para a extinta Audiencia Territorial de Barcelona (1981-82). Continuou a súa carreira xudicial na Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial de Palma (1982-87) e na Sala cuarta, dentro da mesma orde xurisdicional, da Audiencia Territorial de Madrid (1987-89) até que se constituíu a sala única desta orde xurisdicional ao Tribunal Superior de Xustiza de Madrid onde pasou a desempeñar diferentes funcións como maxistrado (1989-92).
Paralelamente, foi avogado do Ministerio de Xustiza (1979-80) adscrito á Secretaría Xeral Técnica do departamento e tras superar os correspondentes concursos foi nomeado facultativo do Consello Xeral do Poder Xudicial (1981-1982) e, desde 1982, avogado de carreira ao servizo do Tribunal Constitucional onde foi nomeado Secretario Xeral en 1986.
En 1992, foi nomeado maxistrado da Oficina Técnica de Información e Documentación do Tribunal Supremo. En 1997 foi ascendido ao rango de xuíz do Tribunal Supremo onde en 2009 foi elixido membro da Sala de Goberno da Audiencia.[4]
Tribunal Constitucional
[editar | editar a fonte]Elixido membro do Tribunal Constitucional en xuño de 2012, a proposta do Congreso dos Deputados, cargo do que tomou posesión o día 23 de xullo. En voto particular á sentenza sobre o matrimonio homosexual, Juan José González Rivas sinalou que
"la unión entre personas del mismo sexo como matrimonio desnaturaliza la esencia de la institución"
aínda que logo manifestou que non se opón a que "as unións de longa duración entre persoas do mesmo sexo sexan obxecto de especial consideración por parte do lexislador". [5]
En marzo de 2017 sucedeu a Francisco Pérez de los Cobos como presidente da Audiencia,[6] cesando como maxistrado e presidente o 18 de novembro de 2021.[7]
Xubilouse en decembro de 2021, aos 70 anos.[8]
Distincións
[editar | editar a fonte]Académico correspondente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, dende o 23 de novembro de 1981.[9] [10]
Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en 2018.[11]
O rei, tras oír o Consello de Ministros, concedeulle a Gran Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil en 2020[12] e en 2022 a Gran Cruz da Orde de Carlos III.[13]
En 2023 recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort. [14]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Para obter unha lista completa dos seus artigos e publicacións, consúltese o sitio web de Dialnet. [15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Decreto 281/2017, de 22 de marzo, por el que se nombra Presidente del Tribunal Constitucional a don Juan José González Rivas.
- ↑ "El Tribunal Constitucional elige presidente al conservador González Rivas" (en castelán). Diario El País. 22 de marzo de 2017.
- ↑ "González Rivas, elegido presidente del Tribunal Constitucional". Diario ABC. 22 de marzo de 2017.
- ↑ "Presiones en la renovación del TC: González Rivas, presidente aupado por el PP". Libertad Digital. Consultado o 30 de marzo de 2017.
- ↑ "Juan José González Rivas, elegido nuevo presidente del Tribunal Constitucional". El Confidencial.com. 22 de marzo de 2017.
- ↑ Confidencial, El (2017-03-22). "Juan José González Rivas, elegido nuevo presidente del Tribunal Constitucional" (en castelán). Consultado o 2023-01-11.
- ↑ Gabilondo, Pablo (2021-11-18). ""Los magistrados deben dar ejemplo": toman posesión en el TC los candidatos de PP-PSOE" (en castelán). Consultado o 2023-01-11.
- ↑ Press, Europa (2021-12-02). "El CGPJ acuerda la jubilación del expresidente del Constitucional Juan José González Rivas como magistrado del Supremo". Consultado o 2023-06-28.
- ↑ Actualidad, Redacción (2017-03-22). "Juan José González Rivas, nuevo presidente del Tribunal Constitucional". Abogacía Española (en castelán). Consultado o 2024-02-28.
- ↑ Currículum completo de Juan José González Rivas, na web do Tribunal Constitucional de España, consultado o 22 de marzo de 2017.
- ↑ Juan José González Rivas, medalla de oro de Galicia en 2018 na web da Voz de Galicia, consultado o 22 de agosto de 2020.
- ↑ "Real Decreto 1003/2020, de 10 de noviembre, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden del Mérito de la Guardia Civil a don Juan José González Rivas, Presidente del Tribunal Constitucional.". Consultado o 2022-04-20.
- ↑ "Real Decreto 251/2022, de 5 de abril, por el que se concede la Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III al Excelentísimo Señor don Juan José González Rivas.". Consultado o 2022-04-20.
- ↑ Ministerio de Xustiza (28 de xuño de 2023). "Real Decreto 558/2023, de 27 de junio, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden de San Raimundo de Peñafort a don Juan José González Rivas.". Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ Web Dialnet. Universidad de La Rioja, consultada el 22 de marzo de 2017
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan José González Rivas |