Saltar ao contido

Pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Decálogo de como actuar no caso de ter síntomas de COVID-19 publicado pola Xunta de Galicia

A pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia é unha expansión do gromo de COVID-19 que se iniciou en Wuhan, China, en 2019.

O primeiro caso confirmado en Galicia anunciouse o 4 de marzo de 2020, un paciente de 49 anos procedente de Madrid e que foi ingresado no CHUAC.[1] A data do 19 de agosto de 2021 foron confirmados máis de 175.000 casos e máis de 2.500 mortes.[2][3]

A zona vella de Compostela baleira durante o estado de alarma por mor da COVID-19

En decembro de 2019, foron detectados os primeiros pacientes da COVID-19 en Wuhan, na República Popular da China, e no mesmo mes realizouse a secuenciación de todo o xenoma do virus.[4] O virus SARS-CoV-2 que está a causar a enfermidade desde principios de xaneiro de 2020 sufriu un gromo xeneralizado, inicialmente na China e despois a nivel mundial. O primeiro contaxio fóra da China confirmouse o 22 de xaneiro en Vietnam,[5] e o 28 de xaneiro rexistrouse o primeiro contaxio en Europa (en Baviera, Alemaña).[6][7] A esas alturas había xa máis de oito mil casos na China. O goberno de dito país respondeu duramente á praga, poñendo en corentena primeiro a Wuhan,[8] o epicentro dos contaxios, e logo a toda a provincia de Hubei, de máis de cincuenta millóns de habitantes.[9] Ademais, pronto adoptou medidas drásticas noutras áreas fóra da provincia de Hubei, como peches escolares, peches de transporte e prohibición de eventos concorridos.[10]

Con todo, non se conseguiu deter a propagación da enfermidade e a finais de febreiro xa estaba presente nos cinco continentes poboados do mundo,[11] sendo Europa o máis afectado fóra de Asia. O primeiro caso italiano rexistrouse o 29 de xaneiro, e en menos dun mes, había 200 contaxiados detectados no país,[12] a maioría na Lombardía.[13] De feito, Italia foi, polo menos inicialmente, o foco principal en Europa, contabilizando máis de 80.000 casos a data do 27 de marzo de 2020 e máis de 8.200 mortes. O goberno impuxo medidas estritas como o peche de todas as escolas do país (5 de marzo)[14] e o illamento interno e externo (9 de marzo).[15] España (con máis de 64.000 casos o 27 de marzo),[16] Alemaña (47.000 casos na mesma data) e Francia (máis de 29.000 o mesmo día) son outros dos focos notables da enfermidade en Europa, mentres que fóra dela, Estados Unidos, Irán e Corea do Sur son os países máis afectados.[17]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
Mensaxe de ánimo nun comercio galego durante a corentena propiciada polo estado de alarma.
A bandeira galega a ondear a media hasta na sede da Xunta de Galicia en San Caetano logo da declaración de loito oficial durante o mes de maio de 2020 polo goberno galego.

O 4 de marzo, nunha rolda de prensa do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a Xunta de Galicia anunciou o primeiro caso confirmado de infectado por COVID-19 en Galicia.[1] O paciente, un home de 49 anos ingresado no CHUAC, procedía de Madrid, principal foco de contaxio en España.[18] O día 6 confirmáronse outros dous casos, unha muller de 47 anos[19] e o seu marido de 43, ambos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo,[20] e ao día seguinte o fillo de 15 anos do matrimonio foi o cuarto contaxio.[21] O día 8 detectáronse outros dous contaxiados[22] e a partir de aí a cifra pasou a crecer moito máis rápido superando os 200 casos nos oito días seguintes.[23]

O 12 de marzo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a suspensión das clases en Galicia en todos os niveis educativos.[24] Ao día seguinte Feijóo anunciou a declaración de emerxencia sanitaria e o peche de bares, restaurantes, cines e todos os lugares de lecer, medida que entraría en vigor ás 00:00 horas do día 14.[25] Tamén o día 13 o Goberno de España anunciou que se decretaría o estado de alarma en todo o país,[26] feito que se materializou ao día seguinte nunha reunión telemática do Consello de Ministros. As medidas decretadas incluíron entre outras a limitación da circulación das persoas, o peche de comercios non esenciais ou a restrición nos transportes públicos, durante un prazo prorrogábel de dúas semanas.[27]

O 14 de marzo produciuse a primeira morte por coronavirus en Galicia, unha veciña do Val Miñor de 92 anos que estaba ingresada no Hopsital Povisa de Vigo.[28][29] O mesmo día faleceu tamén un home de 81 anos en Pontevedra.[30] Dous días despois confirmouse a primeira morte na provincia da Coruña, un paciente de 45 anos con numerosas patoloxías previas.[31] O 20 de marzo morreron os primeiro pacientes das provincias de Lugo e Ourense, un home de 89 anos ingresado no hospital de Monforte[32] e unha muller de 93 anos que estaba no CHUO.[33]

O 22 de marzo o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, anunciou que levaría ao Congreso unha prórroga do estado de alarma por outras dúas semanas, até o 12 de abril.[34] O día 23 superáronse os 1.000 contaxios totais en Galicia, contabilizándose 1.208 casos confirmados, dos cales seguían activos 1.170.[35]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Día a día

[editar | editar a fonte]
Datos de casos confirmados, activos, recuperados e defuncións por COVID-19 en Galicia do 4 de marzo ao 7 de xullo[16]
Día Casos confirmados Casos activos Casos recuperados Falecidos
Novos Acumulados % Novos Acumulados Novos Acumulados Novos Acumulados
4 de marzo 1 1 1 1 0 0 0 0
5 de marzo 0 1 = 0 1 0 0 0 0
6 de marzo 2 3 +200% 2 3 0 0 0 0
7 de marzo 1 4 +33% 1 4 0 0 0 0
8 de marzo 2 6 +50% 2 6 0 0 0 0
9 de marzo 7 13 +117% 7 13 0 0 0 0
10 de marzo 9 22 +69% 9 22 0 0 0 0
11 de marzo 17 39 +77% 17 39 0 0 0 0
12 de marzo 24 63 +62% 24 63 0 0 0 0
13 de marzo 59 112 +78% 59 112 0 0 0 0
14 de marzo 23 135 +21% 23 135 0 0 0 0
15 de marzo 60 195 +44% 54 189 4 4 2 2
16 de marzo 50 245 +26% 49 238 0 4 1 3
17 de marzo 47 292 +19% 46 285 0 4 0 3
18 de marzo 49 341 +17% 48 333 0 4 1 4
19 de marzo 112 453 +33% 111 444 0 4 1 5
20 de marzo 125 578 +28% 123 567 1 5 1 6
21 de marzo 161 739 +28% 154 721 1 6 6 12
22 de marzo 176 915 +24% 63 884 10 16 3 15
23 de marzo 293 1208 +32% 286 1170 3 19 4 19
24 de marzo 207 1415 +17% 213 1374 0 19 3 22
25 de marzo 240 1653 +17% 224 1598 6 25 8 30
26 de marzo 262 1915 +16% 234 1832 22 47 6 36
27 de marzo 407 2322 +21% 379 2211 20 67 8 44
28 de marzo 450 2772 +19% 416 2627 28 95 6 50
29 de marzo 367 3139 +13% 298 2925 58 153 11 61
30 de marzo 584 3723 +19% 551 3476 15 168 18 79
31 de marzo 316 4039 +8% 272 3758 19 187 15 94
1 de abril 393 4432 +10% 300 4058 72 259 21 115
2 de abril 410 4842 +9% 321 4379 74 333 15 130
3 de abril 377 5219 +8% 256 4635 102 435 19 149
4 de abril 406 5625 +8% 291 4926 96 531 19 168
5 de abril 319 5944 +6% 249 5175 75 587 14 182
6 de abril 207 6151 +3% 167 5342 23 610 17 199
7 de abril 180 6331 +3% 93 5435 78 688 9 208
8 de abril 207 6538 +3% 25 5460 112 800 70[N 1] 278
9 de abril 220 6758 +3% 91 5551 110 910 19 297
10 de abril 188 6946 +3% 80 5631 87 997 21 318
11 de abril 230 7176 +3% 116 5747 85 1082 29 347
12 de abril 160 7336 +2% 86 5833 61 1143 13 360
13 de abril 158 7494 +2% 106 5939 43 1186 9 369
14 de abril 103 7597 +1,37% 44 5973 56 1240 15 384
15 de abril 111 7708 +1,46% 46 6019 58 1298 7 391
16 de abril 165 7873 +2% 66 6085 85 1383 14 405
17 de abril 140 8013 +1,78% 57 6142 73 1456 10 415
18 de abril 71 8084 +0,89% 5 6147 51 1507 15 430
19 de abril 101 8185 +1,25% 58 6205 29 1536 14 444
20 de abril 114 8299 +1,39% 91 6296 12 1548 11 455
21 de abril 169 8468 +2% 120 6416 40 1588 9 464
22 de abril 166 8634 +1,96% 118 6534 37 1625 11 475
23 de abril 171 8805 +1,98% 113 6647 51 1676 17 492
24 de abril 127 8932 +1,44% 57 6704 54 1730 6 498
25 de abril 184 9116 +2% 120 6824 53 1783 11 509
26 de abril 60 9176 +0,66% 32 6856 19 1803 10 519
27 de abril 62 9238 +0,68% 35 6891 13 1816 12 531
28 de abril 90 9328 +0,97% 56 6947 25 1841 9 540
29 de abril 138 9466 +1,48% -3421 3526 3552[N 2] 5393 7 547
30 de abril -769[N 3] 8697 -8% -40 3486 180 5573 0 547
1 de maio 151 8848 +1,74% -129 3357 243 5816 8 555
2 de maio 54 8902 +0,61% -122 3235 165 5981 2 557
3 de maio 65 8967 +0,73% -48 3187 94 6075 6 563
4 de maio 44 9011 +0,49% -131 3056 159 6234 6 569
5 de maio 40 9051 +0,44% -237 2819 327 6561 4 573
6 de maio 46 9097 +0,51% -11 2808 241 6802 9 582
7 de maio 37 9134 +0,41% -61 2747 157 6959 4 586
8 de maio 50 9184 +0,55% -20 2727 179 7138 2 588
9 de maio 32 9216 +0,35% 31 2758 87 7225 3 591
10 de maio 37 9253 +0,4% -55 2703 122 7347 1 592
11 de maio 27 9280 +0,29% -72 2631 98 7445 1 593
12 de maio 11 9291 +0,12% -309 2322 385 7820 2 595
13 de maio 10 9301 +0,11% -143 2179 176 7996 2 597
14 de maio 16 9317 +0,17% -105 2074 161 8157 4 601
15 de maio 6 9323 +0,06% -66 2008 126 8283 0 601
16 de maio -282[N 4] 9041 -3% -498 1510 537 8820 3 604
17 de maio 10 9051 +0,11% -391 1199 335 9155 2 606
18 de maio 5 9056 +0,06% -28 1171 49 9204 1 607
19 de maio 2 9058 +0,02% -35 1136 277 9281 0 607
20 de maio 9 9067 +0,1% -73 1063 130 9411 0 607
21 de maio 10 9077 +0,11% -73 990 94 9505 1 608
22 de maio 7 9084 +0,08% -70 920 102 9607 1 609
23 de maio 14 9098 +0,15% -36 884 77 9684 3 612
24 de maio 7 9105 +0,08% -15 869 32 9716 1 613
25 de maio -26 9079 -0,29% -15 854 24 9740 1 614[36]
26 de maio 29 9108 +0,32% -20 834 24 9764 0 614
27 de maio 5 9113 +0,05% -11 823 34 9798 1 615
28 de maio 2 9115 +0,02% -24 799 51 9849 0 615
29 de maio 2 9117 +0,02% -26 773 47 9896 0 615
30 de maio 3 9120 +0,03% -24 749 40 9936 0 615
31 de maio -1 9119 -0,01% -17 732 22 9958 1 616
1 de xuño 10 9129 +0,11% -10 722 12 9970 0 616
2 de xuño 1 9130 +0,01% -15 707 21 9991 0 616
3 de xuño 2 9132 +0,02% -29 678 42 10033 1 617
4 de xuño 2 9134 +0,02% -109 569 115 10148 1 618
5 de xuño 12 9146 +0,13% -6 563 30 10178 0 618
6 de xuño -2 9144 -0,02% -21 542 43 10221 0 618
7 de xuño 1 9145 +0,01% -18 524 21 10242 0 618
8 de xuño -4 9141 -0,04% -9 515 10 10252 0 618
9 de xuño 7 9148 +0,08% -12 503 23 10275 0 618
10 de xuño 5 9153 +0,05% -27 476 63 10338 0 618
11 de xuño 1 9154 +0,01% -11 465 18 10356 1 619
12 de xuño 3 9157 +0,03% -98 357 114 10470 0 619
13 de xuño 1 9158 +0,01% 2 359 6 10476 0 619
14 de xuño 1 9159 +0,01% -8 351 10 10486 0 619
15 de xuño 1 9160 +0,01% -3 348 3 10489 0 619
16 de xuño 1 9161 +0,01% 1 349 2 10491 0 619
17 de xuño 3 9164 +0,03% -8 341 12 10503 0 619
18 de xuño 0 9164 = 2 343 3 10506 0 619
19 de xuño 5 9169 +0,05% -2 341 12 10518 0 619
20 de xuño -2 9167 -0,02% -1 340 12 10530 0 619
21 de xuño 7 9174 +0,08% 0 340 2 10532 0 619
22 de xuño 0 9174 = 3 343 3 10535 0 619
23 de xuño 1 9175 +0,01% -8 335 10 10545 0 619
24 de xuño 3 9178 +0,03% -4 331 9 10554 0 619
25 de xuño 8 9186 +0,09% 2 333 9 10563 0 619
26 de xuño 7 9193 +0,08% 22 311 28 10591 0 619
27 de xuño 6 9199 +0,07% -3 308 17 10606 0 619
28 de xuño 3 9202 +0,03% 2 310 5 10611 0 619
29 de xuño 4 9206 +0,04% 2 312 4 10615 0 619
30 de xuño 9 9215 +0,1% 2 314 8 10623 0 619
1 de xullo 7 9222 +0,08% -1 313 10 10633 0 619
2 de xullo 17 9239 +0,18% 4 317 16 10649 0 619
3 de xullo 12 9251 +0,13% 1 318 16 10665 0 619
4 de xullo -39 279 57 10722 0 619
5 de xullo -21 258 44 10766 0 619
6 de xullo 79[37] 9330 +0,85% -4 254 42 10808 0 619
7 de xullo 6 9336 +0,06% 2 256 9 10817 0 619
  1. O 8 de abril a Consellería de Sanidade incluíu no seu informe diario os falecementos que se produciran en residencias de anciáns e que non foran incluídos anteriormente.
  2. Anteriormente ao 29 de abril só se incluían as altas en hospitais. O 29 de abril comezaron a incluírse as altas epidemiolóxicas, isto é, pacientes con PCR negativa ou que pasado un tempo dende a súa sintomatoloxía poden considerarse curados.
  3. A Xunta corrixiu a cifra de contaxiados de 9466 a 8675, restando 791 casos que non foran confirmados cunha PCR.
  4. A Consellería de Sanidade cambiou o método de reconto, pasando a contar o número de pacientes e non de casos. Anteriormente a esta data contábanse os casos, podendo un paciente ter máis dun caso aberto.

Casos confirmados

[editar | editar a fonte]
O Emerald Leader confinado na Enseada de San Simón.[38][39]
1.000
2.000
3.000
4.000
5.000
6.000
7.000
8.000
9.000
10.000
5/3
15/3
25/3
4/4
14/4
24/4
4/5
14/5
24/5
3/6
13/6
23/6
3/7

Mortes acumuladas

[editar | editar a fonte]
100
200
300
400
500
600
700
5/3
15/3
25/3
4/4
14/4
24/4
4/5
14/5
24/5
3/6
13/6
23/6
3/7

Controversias coas cifras

[editar | editar a fonte]

Dende o inicio da crise sanitaria a Consellería de Sanidade publicou a diario na web da Xunta de Galicia os números de casos activos, falecementos e altas da comunidade. Mais a principios de abril, a Consellería de Política Social, que viña informando pola súa parte dos casos ocorridos en residencias da terceira idade, apuntou que os números que publicaba Sanidade non incluían os casos das residencias.[40] A partir de entón algúns medios de comunicación comezaron a sumar ambas cifras (as de Sanidade e as de Política Social) para dar o número total de falecidos en Galicia.[41][42] O 3 de abril, Alberto Núñez Feijóo, preguntado por este asunto, contradixo a versión de Política Social e afirmou que o número de defuncións divulgado por Sanidade incluía a todos os falecidos por coronavirus.[40] Política Social confirmou que ese método era o que se estaba a seguir.[40]

Con todo a confusión continuou nos seguintes días, e despois de que o Ministerio de Sanidade anunciase a aplicación dun novo protocolo para o reconto de casos nas residencias de anciáns, o presidente da Xunta volveu ser preguntado pola mesma cuestión na súa comparecencia do día 5, na que volveu cambiar a versión, afirmando agora que non todos os usuarios de residencias falecidos estaban sendo incluídos nas estatísticas do Sergas, aínda que foran públicos por seren difundidos pola Consellería de Política Social, xa que só se incluían os que foran trasladados a hospitais.[43] O día 8 de abril a Consellería de Sanidade incluíu no seu informe diario os falecementos en residencias que non foran incluídos anteriormente.[44][45]

O 30 de abril a Xunta corrixiu a cifra de contaxiados de 9466 a 8675, restando case 800 casos que non foran confirmados cunha PCR.[46] Nos datos publicados o 16 de abril desapareceron varios centos de contaxiados e hospitalizados.[47] Posteriormente a Consellería de Sanidade explicou que se cambiara o método de reconto, pasando a contar o número de pacientes e non de casos. Anteriormente a esta data contábanse os casos, podendo un paciente ter máis dun caso aberto.[48]

O 25 de maio o Ministerio de Sanidade, no seu informe diario, notificou un acumulado en Galicia de 9079 casos,[49] 26 menos que o día anterior,[16] e 607 mortes, 7 menos que o día anterior. Ademais, segundo este informe, o número de novos contaxios nas últimas 24 horas foi de cero.[50] Os datos entraron en contradición cos publicados pola Xunta de Galicia, nos que se notificaron 614 mortes e un aumento dos casos activos na área sanitaria de Ourense.[51]

Vacinación

[editar | editar a fonte]

Durante os primeiros meses da pandemia, as residencias de anciáns foron lugares de especial mortalidade en Galicia[52]. O 27 de decembro de 2020, nove meses despois de que aparecesen os primeiros casos da enfermidade en Galicia, Nieves Cabo, unha labrega brionesa, de xeito aleatorio e como residente nun fogar de vellos de Santiago de Compostela (colectivo obxectivo das primeiras vacinas[53]), recibiu a primeira dose da vacina en Galicia. A Cabo administróuselle a vacina elaborada por Pfizer e BioNTech.

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

A pandemia desbordou os hospitais galegos, situación agravada polo contaxio de numerosos profesionais,[54] mentres os sindicatos de médicos denunciaron a falta de equipos de protección nos hospitais.[55][56]

Economía

[editar | editar a fonte]

Política

[editar | editar a fonte]

O 12 de marzo suspendeuse a precampaña das eleccións ao Parlamento de Galicia, previstas para o 5 de abril,[57] mentres que a Xunta Electoral de Galicia deixou en mans dos partidos un posible adiamento.[58] O BNG foi o primeiro partido en pedir dito aprazamento dos comicios autonómicos,[59] petición á que se foron sumando pouco despois o resto de partidos.[60] Finalmente as eleccións quedaron suspendidas sen fixarse unha nova data.[61] O 18 de maio anunciouse que as eleccións se celebrarían finalmente o 12 de xullo[62]. Nelas non puideron votar varias persoas contaxiadas, a maioría delas na Mariña, por se atoparen gardando corentena.[63]

O día 11 de marzo a Federación Galega de Fútbol decretou a suspensión de todo as competicións galegas de fútbol, fútbol gaélico e fútbol sala.[64] O mesmo día nunha reunión do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, coas diferentes federacións deportivas galegas, a Xunta recomendou a suspensión das competicións deportivas ou, de se disputaren, que se xogasen a porta pechada.[65] A maioría optaron pola suspensión.[66] A entrada en vigor do estado de alarma o día 14 prohibiu a práctica deportiva en todo o país.[67]

Por mor do confinamento xeneralizado da poboación durante a primavera, a Real Academia Galega anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o Día das Letras Galegas non se celebraría o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.[68] O día 28 de outubro a RAG comunicou que o pleno extraordinario das Letras decorrería na sede da institución na Coruña e non no Teatro Jofre da cidade natal do autor como se previra, co adaxo do empeoramento da situación sanitaria na bisbarra de Ferrolterra[69]. Na véspera do día fixado a Xunta estableceu o peche perimetral de varios concellos galegos[70] e a RAG acordou a cancelación do acto á espera das circunstancias adecuadas[71]. A sesión celebrouse finalmente o 12 de decembro no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela[72].

Os atrancos que a pandemia supuxo para o normal desenvolvemento de moitas das actividades de celebración do día das Letras levou á Federación de Asociacións Culturais Galegas[73], A Mesa pola Normalización Lingüística[74] e outras entidades e institucións a reclamar a extensión da homenaxe a Carvalho Calero ao ano 2021[75][76][77][78][79].

Así mesmo, a Real Academia Galega de Belas Artes aduciu a situación anómala derivada da pandemia para prorrogar a 2021 a dedicatoria do Día das Artes Galegas ao arquitecto Domingo de Andrade, homenaxeado en 2020[80].

  1. 1,0 1,1 "Confirmado el primer caso por coronavirus en Galicia" (en castelán). EuropaPress. 4 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  2. "Actualización nº 292. Enfermedad por el coronavirus (COVID-19)." (PDF). mscbs.gob.es (en castelán). 19 de agosto de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2021. 
  3. "Galicia rexistra un total de 4.510 casos activos por coronavirus". Xunta de Galicia. 18 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  4. "Health Advisory Regarding 2019 Novel Coronavirus (2019-nCoV)" (en inglés). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  5. "Vietnam confirma los dos primeros casos de coronavirus en el país" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  6. Carbajosa, Ana (28 de xaneiro de 2020). "Alemania registra los primeros casos de contagio en Europa". El País (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  7. "Germany confirms human transmission of coronavirus" (en inglés). 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  8. "China has locked down Wuhan, the epicenter of the coronavirus outbreak" (en inglés). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  9. "Coronavirus China pone a otros 24 millones de personas en cuarentena en la región de Hubei". RTVE (en castelán). EFE. 17 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  10. Vidal Liy, Macarena (3 de febreiro de 2020). "China mantiene cerrados todos los colegios y escalona el regreso de los trabajadores por miedo a la epidemia". El País (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  11. "Todos los continentes, menos Antártida, han reportado casos de coronavirus" (en castelán). 26 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  12. "La infección por coronavirus avanza en Italia con 6 fallecidos y 200 contagios" (en castelán). 24 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  13. "Lombardía, Véneto...¿dónde están los principales focos del coronavirus en Italia?". 20minutos (en castelán). 26 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  14. Signo, María (5 de marzo de 2020). "Italia cierra sus escuelas y universidades". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  15. "Coronavirus: el gobierno de Italia extiende las medidas de aislamiento por el covid-19 a todo su territorio". BBC (en castelán). 10 de marzo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  16. 16,0 16,1 16,2 "Actualización nº 115. Enfermedad por el coronavirus (COVID-19). 20.05.2020" (PDF). mscbs.gob.es (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2020. 
  17. "COVID-19 Coronavirus Pandemic". Worldometers (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  18. "As análises confirman na Coruña o primeiro caso de coronavirus en Galicia". Praza.gal. 4 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  19. "Confirmado un segundo caso de coronavirus en Galicia" (en castelán). 5 de marzo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  20. "Confirmado o terceiro caso de coronavirus en Galicia". Europa Press. 5 de marzo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  21. "Cuarto caso de coronavirus en Galicia: Un menor en Vigo". El Español (en castelán). 6 de marzo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  22. Álvarez, Elisa (8 de marzo de 2020). "Seis casos de coronavirus en Galicia y otros ocho pendientes de confirmación". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  23. "Galicia registra su tercera muerte y pasa de 189 a 245 positivos". La Opinión A Coruña (en castelán). Efe. 16 de marzo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  24. "A Xunta suspende as aulas na Galiza en todos os niveis educativos". 12 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  25. "Galicia, en cuarentena: la Xunta cierra bares, cines y salas de juego" (en castelán). 13 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  26. "El Gobierno declara el estado de alarma" (en castelán). 13 de marzo de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  27. Romero, Juanma; Garea, Fernando (14 de marzo de 2020). "Sánchez, tras decretar la alarma: "La única autoridad competente es el Gobierno"" (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  28. Paniagua, Ángel (14 de marzo de 2020). "Primera muerte en Galicia por el coronavirus". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  29. "Los muertos en Galicia por coronavirus: 22 fallecidos". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de marzo de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  30. "Dos muertos con coronavirus en Galicia". El Correo Gallego (en castelán). 15 de marzo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  31. "Primer fallecido y ocho nuevos positivos por coronavirus en A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  32. "Un paciente ingresado en Monforte, primeira morte por coronavirus en Lugo". La Voz de Galicia. 20 de marzo de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  33. "Primera muerte en Ourense por coronavirus: una mujer de 93 años ingresada en el CHUO". La Región (en castelán). 20 de marzo de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  34. "Sánchez confirma la evidencia: dos semanas más de estado de alarma" (en castelán). 22 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  35. "Galiza supera os mil casos de coronavirus: 1.170 positivos e 19 falecidos". Nós Diario (en castelán). 23 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  36. 607 segundo o informe do Ministerio de Sanidade.
  37. Dende o venres 3 de xullo
  38. R.S. (11/5/2021). "Evacúan a tres tripulantes del Emerald Leader confinado en Rande". Atlántico Diario (en castelán). 
  39. E.M. R.C. (14/5/2021). "Confirmada la variante india en todos los tripulantes contagiados del segundo barco confinado en Vigo". Faro de Vigo (en castelán). 
  40. 40,0 40,1 40,2 Reinero, David; Lombao, David (4 de abril de 2020). "A Xunta mantén que os seus datos do coronavirus inclúen as residencias de maiores tras varias versións contrapostas". Praza.gal. Consultado o 6 de abril de 2020. 
  41. Taboada, X. A. Taboada (3 de abril de 2020). "6 de abril de 2020". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2020. 
  42. "Dos nuevas muertes elevan a 34 los fallecidos en residencias de mayores gallegas" (en castelán). 5 de abril de 2020. Consultado o 6 de abril de 2020. 
  43. Lombao, David (5 de abril de 2020). "Os datos do Sergas aínda non suman todas as mortes por coronavirus das residencias de maiores". Praza.gal. Consultado o 6 de abril de 2020. 
  44. "Coronavirus: Los contagios en Galicia llegan a 6538 tras 207 nuevos positivos" (en castelán). 8 de abril de 2020. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  45. "Galicia rexistra un total de 5.460 casos infectados por coronavirus". Xunta de Galicia. 8 de abril de 2020. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  46. "Coronavirus: 22 nuevos contagios en Galicia y el total de casos se corrige a 8697" (en castelán). 30 de abril de 2020. Consultado o 1 de maio de 2020. 
  47. Vilas López, Manuel (16 de maio de 2020). "Cientos de contagiados y hospitalizados desaparecen sin explicación de los datos oficiales de Galicia" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  48. Vilas López, Manuel (16 de maio de 2020). "¿Por qué desaparecen cientos de positivos y hospitalizados? La Xunta estaba contando "episodios" y no "personas", dice" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  49. "Actualización nº 116. Enfermedad por el coronavirus (COVID-19). 25.05.2020" (PDF). mscbs.gob.es (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  50. "Seis muertos y decenas de contagiados desaparecen de los datos oficiales del coronavirus en otro día de caos estadístico" (en castelán). 25 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  51. "Galicia rexistra un total de 854 casos activos por coronavirus". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  52. Vaamonde, Pablo (2020-05-27). "As residencias de maiores e o coronavirus en Galicia". Praza Pública. Consultado o 2021-01-17. 
  53. "Nieves Cabo, de 82 anos, primeira vacinada en Galicia contra o coronavirus". GCiencia. 2020-12-27. Consultado o 2021-01-17. 
  54. "Facemos un percorrido polos hospitais galegos: falta de material, saturación e moito estrés". Galicia Confidencial. 20 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  55. ""O material é xusto, e isto só é o principio do principio da pandemia"". Nós Diario. 19 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  56. "El sindicato médico CESM pide "urgente" al Sergas material de protección para sanitarios". La Opinión A Coruña (en castelán). Efe. 20 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  57. "La precampaña gallega se suspende y Feijóo insiste en posponer las elecciones". El País (en castelán). 12 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  58. Pan, José Manuel (12 de marzo de 2020). "La Junta Electoral deja en manos de los políticos la suspensión de las elecciones gallegas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  59. "El BNG y PSOE piden ya el aplazamiento de las elecciones del 5 de abril". La Vanguardia (en castelán). 13 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  60. Sampedro, Domingos (14 de marzo de 2020). "Todos los partidos coinciden en pedir ya que se aplacen las elecciones gallegas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  61. "Las elecciones vascas y las gallegas, suspendidas por el coronavirus" (en castelán). 16 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  62. "Xa hai data para as eleccións: Galicia irá ás urnas o próximo 12 de xullo | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-11-02. 
  63. RTVE.es (2020-07-08). "Elecciones gallegas: dudas sobre el voto en A Mariña". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-11-02. 
  64. "Coronavirus: Suspendido todo el fútbol gallego, salvo Primera y Segunda División" (en castelán). 11 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  65. "A Xunta dispón que toda competición deportiva oficial autonómica celebrada na comunidade sexa disputada a porta pechada e na medida do posible suspendida ou aprazada". 11 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  66. Varela, María (11 de marzo de 2020). "El deporte gallego, paralizado hasta el mes de abril". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  67. "Las 12 limitaciones principales del estado de alarma: circulación, transporte, bares, deporte..." (en castelán). 14 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  68. "A Real Academia Galega traslada a celebración do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro". Nós Diario. 8 de abril de 2020. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  69. "A Real Academia Galega traslada a celebración do pleno do Día das Letras Galegas á súa sede da Coruña - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-11-02. 
  70. "A Xunta establece o peche perimetral das sete cidades | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-11-02. 
  71. "A Academia non celebrará este sábado o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-11-02. 
  72. "A RAG celebra a Carvalho Calero como referente do "mellor da cultura galega do século XX" - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2021-01-26. 
  73. "Comunicado de Galiza Cultura á Real Academia Galega". Galiza Cultura. 2020-09-30. Consultado o 2020-11-02. 
  74. "Pedímoslle á RAG que lle ofreza a Carvalho Calero “unha homenaxe completa, non restrinxida” o 17 de maio de 2021". www.amesa.gal. Consultado o 2020-11-02. 
  75. Diario, Nós. "ASPG tamén pide que en 2021 se dedique de novo o Día das Letras Galegas a Carvalho Calero". Nós Diario. Consultado o 2020-11-02. 
  76. Diario, Nós. "A Fundación Manuel María únese as peticións para alongar o ano Carvalho Calero até 2021". Nós Diario. Consultado o 2020-11-02. 
  77. "Carvalho Calero 2021". Portal Galego da Língua - PGL.gal. 2020-04-21. Consultado o 2020-11-02. [Ligazón morta]
  78. "VÍA GALEGA reclama que para o ano 2021 as Letras Galegas continúen dedicadas a Ricardo Carvalho Calero – Vía Galega". Consultado o 2020-11-02. 
  79. Diario, Nós. "O Concello de Lugo aproba promover a prolongación ao 2021 das Letras Galegas a Carvalho Calero". Nós Diario. Consultado o 2020-11-02. 
  80. Redacción (2020-06-02). "A Real Academia Galega de Belas Artes prorroga o Día das Artes Galegas ao 2021 para non deslucir a homenaxe de Domingo de Andrade". O Barbanza. Consultado o 2020-11-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]