Militares galegos falecidos en misións internacionais
Dende o inicio da participación de España, no ano 1987, en operacións no estranxeiro, foron varios os militares galegos falecidos en misións internacionais.
Por comunidades autónomas de procedencia, Galicia ocupa o terceiro lugar en número de caídos, por detrás de Madrid e Andalucía.
A maioría das vítimas producíronse en accidentes aéreos, sendo os máis significativos o do 26 de maio de 2003 no que morreron 75 persoas,[1] deles catro galegos, e o do 16 de agosto de 2005 no que morreron 17 militares, 10 deles galegos.
Lista de falecidos
[editar | editar a fonte]# | Data | Nome | Idade | Emprego | Exército | Causa | Lugar da misión |
Lugar do falecemento |
Natural de |
Provincia de |
1 | 19/06/1993[2] | Isaac Piñeiro Varela[3] | 19 anos | Soldado | Terra | accidente de tráfico |
Bosnia e Hercegovina | Drenica (Bosnia) |
Ourense | Ourense |
2 | 19/06/1993 | Agustín Maté Costa[4] | 19 | Soldado | Terra | accidente de tráfico |
Bosnia | Drenica (Bosnia) |
San Clodio (Ribas de Sil) |
Lugo |
3 | 12/11/1999[5] | Jaime Pérez Fortes | 28 | Soldado | Garda Civil | accidente de avión |
Kosovo | Mitrovica (Kosovo) |
Ourense | Ourense |
4 | 15/06/2002[6] | Leandro Antonio Rois Pérez | 31 | Cabo Primeiro | Armada | infarto | Océano Índico |
Mombasa (Kenya) |
Ourense | Ourense |
5 | 26/05/2003[7] | Antonio Novo Ferreiro | 40 | Comandante | Terra | accidente de avión[8] |
Afganistán | Trebisonda (Turquía) |
Os Vilares (Guitiriz) |
Lugo |
6 | 26/05/2003 | José Manuel Pazos Vidal | 45 | Brigada | Aire | accidente de avión |
Afganistán | Trebisonda (Turquía) |
Marín | Pontevedra |
7 | 26/05/2003 | César Barciela González | 44 | Brigada | Terra | accidente de avión |
Afganistán | Trebisonda (Turquía) |
Teis, Vigo | Pontevedra |
8 | 26/05/2003 | Vicente Agulló Canda | 30 | Cabo Primeiro | Aire | accidente de avión |
Afganistán | Trebisonda (Turquía) |
Mouriscade (Lalín) |
Pontevedra |
9 | 16/08/2005[9] | Daniel Abreu Fernández[10] | 24 | Cabo | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Vigo | Pontevedra |
10 | 16/08/2005 | José Ángel Martínez Parada | 21 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Ribeira | A Coruña |
11 | 16/08/2005 | Isaac Calvo Piñeiro | 20 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Ferrol | A Coruña |
12 | 16/08/2005 | Diego González Blanco | 27 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Cudeiro (Ourense) |
Ourense |
13 | 16/08/2005 | Diego Prado López | 20 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Vilalba | Lugo |
14 | 16/08/2005 | Iván Vázquez Niñez | 20 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Foz | Lugo |
15 | 16/08/2005 | Pedro Manuel Sanmartín Pereira | 24 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Barro | Pontevedra |
16 | 16/08/2005 | Pablo Iglesias Sánchez | 22 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Lugo | Lugo |
17 | 16/08/2005 | Jesús Casal Rivera | 26 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Vigo | Pontevedra |
18 | 16/08/2005 | Gonzalo Casalderrey Nazara | 20 | Soldado | Terra | accidente de helicóptero |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Pontevedra | Pontevedra |
19 | 21/02/2007[11] | Idoia Rodríguez Buján | 23 | Soldado | Terra | atentado | Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Nodar (Friol) |
Lugo |
20 | 09/11/2008[12] | Rubén Alonso Ríos | 30 | Cabo | Terra | atentado suicida |
Afganistán | Shindand (Afganistán) |
Vigo | Pontevedra |
21 | 25/08/2010[13] | Abraham Leoncio Bravo Picallo | 33 | Alférez | Garda Civil | tiroteo | Afganistán | Qala i Naw (Afganistán) |
Vimianzo | A Coruña |
Idoia Rodríguez Buján
[editar | editar a fonte]A soldado de infantaría friolesa Idoia Rodríguez Buján, falecida o 21 de febreiro de 2007 cando estoupou un artefacto ó paso da ambulancia que conducía,[14] foi a primeira muller das forzas armadas españolas falecida en misións internacionais. Na súa memoria o Ministerio de Defensa de España creou o premio Soldado Idoia Rodríguez, mujer en las Fuerzas Armadas para recoñecer o labor de persoas e institucións que realicen actuacións relevantes para potenciar o papel da muller ou para apoiar a igualdade de xénero nas Forzas Armadas, a concesión é anual, cada día 8 de marzo, con motivo do Día da Muller Traballadora. Na primeira edición (2008) foron premiadas as mulleres militares españolas membros das primeiras promocións, na segunda á Cabo Lucía Peraíta García[15] e na terceira Valentina Fernández Vargas.[16]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Aparato Jak-42 similar ó do accidente do 26/05/2003.
-
Helicóptero Cougar similar ó do accidente do 16/08/2005.
-
Vehículo BMR; Idoia Rodríguez conducía unha versión ambulancia.
-
O Concello de Vigo a Daniel Abreu e Jesús Casal. Cemiterio de Pereiró.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Inicialmente deuse a cifra de 74 vítimas, a correcta de 75, un pasaxeiro bielorruso incorporárase nunha escala. Véxase a sentenza do Xulgado Central de Instrución núm. 3.
- ↑ Repatriados dos 'cascos azules' ahogados en Bosnia y rescatado otro cadáver, artigo no xornal El País (en castelán).
- ↑ O grupo de rock Los Suaves adicoulle o tema Ourense-Bosnia, do álbum San Francisco Express.
- ↑ Inda que algún medio publicou o nome *Agustín Maté Costas, o nome correcto é Agustín Maté Costa. Véxase o Real Decreto Lei 8/2004.
- ↑ Mueren dos policias y un guardia en un accidente de avión en Pristina, El Mundo (en castelán).
- ↑ Muere un cabo en el desarrollo de la misión Libertad Duradera Arquivado 13-04-2014 en Wayback Machine., ABC (en castelán).
- ↑ Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se lles concede a Medalla de Galicia, na súa categoría de bronce, a título póstumo.
- ↑ Gráfico explicativo do accidente, no xornal El País
- ↑ "Mueren 17 militares españoles al caer un helicóptero en Afganistán". www.elmundo.es. Consultado o 2021-03-17.
- ↑ Real Decreto de ascensos póstumos honoríficos. Aquí poden comprobarse os nomes correctos, nun principio reproducidos con algúns erros nos medios de comunicación.
- ↑ Muere la primera mujer militar en misión de paz en un ataque en Afganistán, El Mundo (en castelán).
- ↑ Dous dos tres militares feridos en Afganistán reciben o alta, Diario de Pontevedra.
- ↑ "Unha vida entregada ao traballo e o deporte". galego.laopinioncoruna.es. Consultado o 2021-03-17.
- ↑ Una militar española muere en Afganistán..., artigo no xornal El País, inclúe gráficos explicativos (en castelán).
- ↑ Boletín Oficial do Estado Arquivado 26 de marzo de 2010 en Wayback Machine., Orde pola que se concede o premio Soldado Idoia Rodríguez, Mujer en las Fuerzas Armadas para o ano 2009.
- ↑ Entrega III Premio Soldado Idoia Rodríguez Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Los dos militares fallecidos en Afganistán..., noticia en rtve.es (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orde DEF/509/2007, de 6 de marzo, pola que se crea o premio Soldado Idoia Rodríguez.
- 156 españoles muertos en misiones en el extranjero, artigo en El País.