Saltar ao contido

Yehudi Menuhin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYehudi Menuhin

(1943) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1916 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 1999 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortebronquite Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara dos Lords
19 de xullo de 1993 – 12 de marzo de 1999 (finado no cargo) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís (1927–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónSan Francisco Conservatory of Music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra, músico de jazz, autobiógrafo, político, violinista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1925 Editar o valor en Wikidata - 1999 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLouis Persinger (pt) Traducir e George Enescu Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlexandre Dubach (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI Classics Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDiana Gould (1947, 1947–1999)
Nola Ruby Nicholas (1938–) Editar o valor en Wikidata
FillosZamira Menuhin
 () Nola Ruby Nicholas
Krov Nicholas Menuhin
 () Nola Ruby Nicholas
Gerard Menuhin
 () Diana Gould
Jeremy Menuhin
 () Diana Gould Editar o valor en Wikidata
PaisMoshe Menuhin Editar o valor en Wikidata  e Marutha Sher Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Менухин Иегуди)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmenuhin.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0579903 Allocine: 19912 Allmovie: p48457
Facebook: InternationalYehudiMenuhinFoundation Instagram: menuhin_foundation LinkedIn: international-yehudi-menuhin-foundation Youtube: UCwKvO_dfu6d4oZVzsb9zNwQ BNE: XX963009 Spotify: 32i0ni9RO8Q7T7T7ZqkGU2 iTunes: 197517962 Musicbrainz: 2a8949f5-d681-4df2-a2fd-a08966ae2d31 Songkick: 252688 Discogs: 532086 IMSLP: Category:Menuhin,_Yehudi Allmusic: mn0000790691 WikiTree: Menuhin-2 Find a Grave: 23277 Editar o valor en Wikidata

Yehudi Menuhin, Barón Menuhin de Stoke d'Abernon, nado en Nova York o 22 de abril de 1916 e finado en Berlín o 12 de marzo de 1999, foi un violinista e director de orquestra norteamericano que pasou a maior parte da súa carreira no Reino Unido. Nacionalizouse suízo en 1970 e británico en 1985. Está considerado un dos maiores virtuosos do violín do século XX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Yehudi Menuhin naceu en Nova York nunha familia xudía lituana. Polo seu pai Moshe, antigo estudante rabínico e antisionista,[1] descendía dunha distinguida dinastía rabínica. A finais de 1919, Moshe e a súa esposa Marutha (de solteira Sher) convertéronse en cizadáns estadounidenses e cambiaron o seu apelido de Mnuchin a Menuhin.[2] As irmás de Menuhin foron a pianista e activista polos dereitos humanos Hephzibah, e a pianista, pintora e poeta Yaltah.

Menuhin comezou a tocar o violín en 1921, tendo como profesor a Sigmund Anker. En 1924, aos sete anos de idade, fixo a súa primeira presentación en público, acompañando o seu entón profesor Louis Persinger. Aínda acompañando a Persinger, presentouse dous anos despois coa Orquestra de San Francisco, na súa primeira execución dun concerto. O ano seguinte pasou a ter clases con George Enescu, sendo tamén ese mesmo ano a súa primeira presentación no Carnegie Hall de Nova York.

En 1935 fixo presentacións en diversos continentes, pasando por Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e vairos países europeos. Casou en 1938 con Nola Nicholas.

Durante a segunda guerra mundial executou pezas en varias ocasións para tropas e soldados aliados envolvidos no conflito. En 1945, último ano da guerra, tocou para os sobreviventes dos campos de concentración e tamén na asemblea inaugural das Nacións Unidas, en San Francisco. En 1951, fixo a súa primeira viaxe de presentación ao Xapón. Catro anos máis tarde, en 1955, deixou os Estados Unidos para fixar a súa residencia na Europa.

A partir da década de 1960 pasou a involucrarse máis intensamente con festivais, orquestras e as súas organización. De 1959 a 1968, por exemplo, foi director artístico do festival de Bath, fundando nese período a Bath Festival Orchestra. Fundou tamén a Yehudi Menuhin School en Londres, posteriormente trasladada a Surrey. Asumiu en 1969 a dirección artística do festival de Windsor, en compañía de Ian Hunter. En 1975, dirixiu por primeira vez a Royal Philharmonic Orchestra.

Foi tamén entre as décadas de 1960 e 1970 cando fixo algunhas das súas máis famosas interpretacións con músicos doutros xéneros musicais, principalmente o indio Ravi Shankar e o violinista francés de jazz Stéphane Grappelli.

Menuhin con Stéphane Grappelli

En 1979 visitou a China, sendo o primeiro músico occidental que se converteu en profesor honorario do conservatorio de Pequín.

En 1980 apareceu nun en evento deportivo, presentándose nas Olimpíadas de Inverno en Lake Placid, nos Estados Unidos. En 1983, dirixiu un concerto en Varsovia en homenaxe ao papa. Adquiriu a cidadanía británica en 1985, converténdose en Sir Yehudi.

Pouco tempo despois, en 1987, a raíña de Inglaterra fíxoo membro da Orde do Mérito do Reino Unido. En 1993 nomeárono barón, recibindo o seu asento na Cámara dos Lords.

Participou por primeira vez no Foro Económico Mundial en Davos en 1989, evento ao cal volveu tamén en edicións posteriores.

Volveu a Suráfrica soamente en 1995, co fin do réxime do apartheid e a toma de posesión do presidente Nelson Mandela. A última vez que tocara naquel país fora en 1956, no festival de Johannesburg. Con ocasión do seu retorno, conduciu o Messiah, de Handel, coa participación dunha coral local composta por cantantes negros. Ao fin desa actuación, os integrantes do coro interpretaron músicas tradicionais surafricanas.[3]

O ano seguinte, 1996, cumpriu oitenta anos de vida e dirixiu máis de 110 concertos. Fixo tamén ese mesmo ano a súa última presentación como solista no 40.º festival de Gstaad. Dirixiu o concerto para a paz en Saraxevo, co apoio da UNESCO.

O 15 de maio de 1998 Menuhin recibiu de Portugal a Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[4]

Yehudi Menuhin morreu o 12 de marzo de 1999, en Berlín, cando estaba na cidade presentándose coa Sinfónica de Varsovia. O ano anterior falecera a súa nai con cen anos de idade.

  1. Jacqueline Kent, An Exacting Heart: The Story of Hephzibah Menuhin, pp. 11, 158, 190
  2. Jacqueline Kent, An Exacting Heart: The Story of Hephzibah Menuhin, p. 18
  3. Music's ambassador to the world
  4. "Cidadãos Estrangeiros Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Yehudi Menuhin". Consultado o 2017-03-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]