Sylvia Earle
Sylvia Alice Earle, nada en Gibbstown (Nova Jersey) o 30 de agosto de 1935, é unha bióloga mariña, exploradora e escritora estadounidense. É a autora de numerosos documentais para National Geographic dende 1999. Earle foi a primeira científica xefa da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica e foi nomeada pola revista Time como o primeiro Heroe do planeta en 1998.[1] Dedicou a súa vida a estudar a situación dos océanos. Tamén colaborou no estudo dos danos causados por varias verteduras de petróleo producidos durante a primeira guerra do Golfo ou os provocados por petroleiros como o Exxon Valdez ou a plataforma petrolífera Deepwater Horizon. En 2018 recibiu o Premio Princesa de Asturias da Concordia[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de recibir o seu doutoramento en 1966, Earle pasou un ano como investigadora en Harvard, e logo regresou a Florida como directora residente do laboratorio Cape Haze Marine.[4] En 1969 solicitou incorporarse ao Proxecto Tektite, unha instalación a quince metros debaixo da superficie do mar fronte á costa das illas Virxes que permitiu aos científicos vivir mergullados na súa área de estudo durante varias semanas. A pesar de que rexistrara máis de 1000 horas de investigación baixo a auga, Earle foi excluída do programa. O ano seguinte, foi seleccionada para dirixir o primeiro equipo feminino de acuanautas en Tektite II.[5]
En 1992, Earle estableceu a compañía Deep Ocean Exploration and Research para avanzar en temas de enxeñaría mariña. A compañía, posteriormente dirixida por Elizabeth, filla de Earle, deseña, constrúe e opera equipos para ambientes de augas profundas.[6]
Experta no impacto dos derramamentos de petróleo, Earle foi convocada para dirixir varias viaxes de investigación durante a Guerra do Golfo en 1991 para determinar o dano ambiental causado pola destrución dos pozos petrolíferos kuwaitís por parte de Iraq. Dada a súa experiencia pasada cos derramamentos de petróleo do Exxon Valdez e Mega Borg, Earle foi convocada como consultora durante o desastre da Deepwater Horizon no golfo de México en 2010.
En 2010, na Conferencia Internacional Modelo das Nacións Unidas da Haia, Earle pronunciou un discurso de 14 minutos fronte a 3500 delegados e embaixadores das Nacións Unidas. En xullo de 2012, Earle dirixiu unha expedición ao laboratorio submarino Aquarius de NOAA, situado preto de Key Largo, Florida. A expedición, chamada "Celebrando 50 anos de vida baixo o mar", conmemorou o quincuaxésimo aniversario do proxecto Conshelf I de Jacques Cousteau e investigou os arrecifes de coral e a saúde dos océanos. Mark Patterson codirixiu a expedición con Earle. O seu equipo de acuanautas tamén incluíu o cineasta submarino D.J. Rodillo e o oceanógrafo M. Dale Stokes.[7]
Logros e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha tradución ao galego. A túa axuda é benvida. Se este texto non se traduce nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. Colabora connosco para que a Galipedia mellore e medre. |
- 1970: Premio do Servizo de Conservación do departamento do Interior dos Estados Unidos e Muller do Ano do Los Angeles Times.[8]
- 1976: Premio NOGI en Ciencia[9]
- 1980: Premio Lowell Thomas do Club de Exploradores[8]
- 1981: Ordenada como Cabaleira da Orde da Arca Dourada polo Príncipe dos Países Baixos[10]
- 1986: Acadou o récord feminino de mergullo en solitario e empatou o récord con Graham Hawkes[11]
- 1990: Medalla de Ouro da Sociedade de Mulleres Xeógrafas[12]
- 1991: Golden Plate Award da Academia Norteamericana de Logro[13]
- 1996: Premio da Fundación Lindbergh,[14] Medalla do Club de Exploradores[8] e Membro Honorario de Zonta International [15]
- 1997: Medalla SeaKeeper da The International SeaKeepers Society en Bal de la Mer[16]
- 1998: UN Global 500 Laureate[17] and National Wildlife Federation Conservationist of the Year[18]
- 2000: National Women's Hall of Fame,[19] Library of Congress Living Legend,[20] Women Divers Hall of Fame[21]
- 2001: Robin W. Winks Award For Enhancing Public Understanding of National Parks[22]
- 2004: International Banksia Award,[23] the Richard Hopper Day Memorial Medal from the Philadelphia Academy of Sciences, and the Barnard College medal[24]
- 2005: John P. McGovern Science and Society Award from Sigma Xi[25]
- 2009: Artiglio Award (Premio Artiglio 2009)[26] and TED Prize[27]
- 2009: The National Audubon Society's prestigious Rachel Carson Award, a premier award honoring distinguished American women environmentalists.
- 2010: The Roy Chapman Andrews Distinguished Explorer Award from the Roy Chapman Andrews Society in Beloit, WI.[28]
- 2010: Carl Sagan Award for Public Understanding of Science
- 2011: Doutora Honoris Causa polo Smith College[29] and commencement address at Warren Wilson College, Medalla de Honra da República dominicana[30]
- 2013: Doutora Honoris Causa pola Universidade Metropolitana,[31] e Medalla Hubbard, a maior distinción da National Geographic Society "en exploración, descubrimento e investigación"[32]
- 2014: Premio Walter Cronkite,[33] UN Lifetime Achievement Award (Champions of the Earth),[34] Glamour Woman of the Year,[35] and the first woman to be celebrated at an Explorers Club Tribute Ceremony[36]
- 2017: Rachel Carson Prize,[37] Lewis Thomas Prize.
- 2017: Premio de The Perfect World Foundation Award, como Conservacionista do ano 2017; e premio "The Fragile Rhino".
- 2018: Seattle Aquarium Lifetime Achievement Award
- 2018: Premio Princesa de Asturias da Concordia.[38]
- 2018: Doctor of Science from the University of Edinburgh[39]
- 2020: Aurora Expeditions announced their expedition ship would be named the Sylvia Earle.
- 2023: Premio Stibitz-Wilson Award do American Computer & Robotics Museum[40]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sylvia Earle, Oceanographer Information, Facts, News, Photos". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "La oceanógrafa de National Geographic Sylvia Earle, Premio Princesa de Asturias de la Concordia". El Mundo (en castelán). 13 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Sylvia A. Earle - Premiados - Premios Princesa de Asturias - Fundación Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2018.
- ↑ "Sylvia Earle, PhD - NOGI". Academy of Underwater Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 2018.
- ↑ Collette, BB (1996). "Results of the Tektite Program: Ecology of coral-reef fishes.". In: MA Lang, CC Baldwin (Eds.) The Diving for Science…1996, "Methods and Techniques of Underwater Research" Proceedings of the American Academy of Underwater Sciences Sixteenth Annual Scientific Diving Symposium (Washington, D.C.: Smithsonian Institution). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 2018.
- ↑ "About DOER Marine". DOER Marine. Consultado o 2018.
- ↑ "Celebrating 50 Years of Living Beneath The Sea". University of North Carolina Wilmington. 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2012. Consultado o 2018.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Sylvia Earle". literati.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2021. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Sylvia A. Earle, Ph.D. - Science - 1976". Academy of Underwater Arts & Sciences. Arquivado dende o orixinal o April 14, 2016. Consultado o April 1, 2016.
- ↑ "Sylvia Earle, Oceanographer". National Geographic Society. Arquivado dende o orixinal o December 13, 2011. Consultado o December 16, 2011.
- ↑ Burnaby Mail, "Her Deepness drops in and warns of the growing threat to the oceans", Deborah Smith, 2011 November 23 (accessed March 25, 2012)
- ↑ "Past Gold Medal Recipients". www.iswg.org. Arquivado dende o orixinal o January 21, 2015. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Sylvia Earle Biography". www.achievement.org. American Academy of Achievement.
- ↑ "Sylvia Earle". www.lindberghfoundation.org. Lindbergh Foundation. Arquivado dende o orixinal o October 16, 2014. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Sylvia Alice Earle". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 10 de xuño de 2024.
- ↑ "Bal de la Mer". www.seakeepers.org. Arquivado dende o orixinal o January 21, 2015. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "1998". www.global500.org. Global 500. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Sylvia Earle's Excellent Adventure". www.nwf.org. National Wildlife Federation. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Sylvia A. Earle – National Women's Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o January 27, 2013. Consultado o August 30, 2013.
- ↑ "Sylvia Earle - Living Legends | Library of Congress". The Library of Congress. Consultado o 2016-11-12.
- ↑ "Dr. Sylvia Earle, 2000". Women Divers Hall of Fame. 2015. Arquivado dende o orixinal o March 1, 2021. Consultado o 20 October 2018.
- ↑ "Awards and Recognition".
- ↑ "2004 Award Winners & Finalists". www.banksiafdn.com. Banksia Foundation. Arquivado dende o orixinal o January 21, 2015. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Past Speakers and Medalists". barnard.edu. Barnard College. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Sylvia A. Earle". www.sigmaxi.org. Sigma Xi. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Edizioni Premio Artiglio". www.artiglio.org. Artiglio. Arquivado dende o orixinal o February 7, 2016. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "2009 Winners". Arquivado dende o orixinal o December 28, 2011. Consultado o December 16, 2011.
- ↑ "Sylvia Earle - 2010". Roy Chapman Andrews Society.
- ↑ "Sylvia Earle to be 2011 commencement speaker". Arquivado dende o orixinal o July 23, 2011. Consultado o May 15, 2011.
- ↑ "About Us".
- ↑ "Ocean record-breaker to visit NMMU". Port Elizabeth Herald. April 12, 2013. Arquivado dende o orixinal o April 14, 2013. Consultado o 2013-04-17.
- ↑ "In Her Words". nationalgeographic.com. National Geographic. Arquivado dende o orixinal o January 21, 2015. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ Shaw, Martha (August 7, 2014). "Sylvia Earle and Sam Low Win Cronkite Award as Mission Blue Debuts on Martha's Vineyard". ecowatch.com. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "2014 Laureates". www.unep.org. UNEP. Arquivado dende o orixinal o July 14, 2015. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "Sylvia Earle". www.glamour.com. Glamour. November 5, 2014. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ "The Tribute Ceremony in Honor of Sylvia Earle". explorers.org. Arquivado dende o orixinal o June 23, 2016. Consultado o January 21, 2015.
- ↑ Systems, eZ. "Sylvia Earle is the winner of The Rachel Carson Prize 2017 / Prisvinnere / Rachel Carson - Carson". www.rachelcarsonprisen.no. Arquivado dende o orixinal o November 7, 2017.
- ↑ "Sylvia A. Earle - Premiados - Premios Princesa de Asturias - Fundación Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-19.
- ↑ "Honorary Graduates in 2018". The University of Edinburgh (en inglés). Consultado o 2018-07-23.
- ↑ "Stibitz-Wilson Awards".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sylvia Earle |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Francesca Cavallo e Elena Favilli (2017). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN: 978-950-49-5870-3
- Irene Cívico, Sergio Parra e Núria Aparicio (ilustradora). Las chicas van donde quieren. 25 aventureras que cambiaron las historia Editorial Montena, 2019. ISBN: 978-84-1746-064-8
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sylvia Earle na páxina web de Oceánicas
- Get to Know a Frog, or a Worm, or a Fish Says Sylvia Earle, at SeniorWomenWeb
- TED Prize Wish: Sylvia Earle's TED Prize wish to protect our oceans (TED2009)
- World Economic Forum (8 de xuño de 2013) no YouTube
- World Ocean Day (6 de xuño de 2013). Blue Heart:an interview with Dr. Sylvia Earle no YouTube