Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes | |
---|---|
Título orixinal | Good Night Stories for Rebel Girls |
Autor/a | Elena Favilli e Francesca Cavallo |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Tema(s) | Empoderamento feminino |
Xénero(s) | Literatura infantil |
Data de pub. | 2016 e 2017 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes é unha serie de libros infantís, para nenas e nenos de 6 anos en diante. Os libros foron financiados a través do sitio web de crowdfunding, Cada un dos libros inclúe cen historias curtas sobre biografías de mulleres reais que poden ser un modelo, cada biografía vén acompañada de ilustracións realizadas por artistas mulleres de todo o mundo.[1]
Escritura e publicación
[editar | editar a fonte]O primeiro volume de Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes foi escrito por Elena Favilli e Francesca Cavallo, publicado orixinalmente en inglés en 2016 e en 2017 en español.[2][3] O primeiro e segundo libro foron financiados polo achegue colectivo (crowdfunded) na plataforma web Kickstarter, ambos rompendo marcas no sitio web. O primeiro volume foi "o libro infantil máis financiado" en Kickstarter, recadando máis dun millón de dólares, o segundo volume foi o seu "proxecto editorial de financiamento máis rápido".[4] É considerado o caso máis exitoso a nivel internacional como método de autofinanciación editorial.[5]
O segundo volume, con outras cen biografías, foi publicado en 2018 nas edicións en inglés e español.[6][1] O terceiro volume, que inclúe unicamente mulleres migrantes, foi publicado en outubro de 2020 nas edicións en inglés e en español.[7][8] En español os tres volumes publicáronse en formato de audiolibros.
Como marca Niñas Rebeldes firmou un acordo coa editorial Planeta para que se publicasen durante 2021 diferentes libros de Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes, para diferentes países de Latinoamérica: México, a Arxentina, o Perú, Chile, Colombia, Ecuador e o Uruguai. Cada edición terá a súa propia publicación, cunha selección de mulleres destacadas para cada país, realizada por escritoras e ilustradores do mesmo país.[9][10]
Biografías
[editar | editar a fonte]A lista das biografías incluídas no tomo 1:[11]
O tomo 2 contén as biografías de:
O terceiro libro, dedícase especificamente ás mulleres migrantes, que deixaron o seu país de orixe e desenvolveron a súa vida e carreira noutro país achegando contribucións significativas na súa comunidade:[12][13]
España
[editar | editar a fonte]A edición que selecciona as cen biografías de españolas titulouse Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes[14][15]. Neste libro aparecen as biografías de 18 mulleres galegas.[16]
Vendas
[editar | editar a fonte]Cuentos de buenas noches vendeu máis dun millón de copias e foi traducido a máis de 47 idiomas.[17] Recibiron eloxios por ser unha alternativa á representación estereotípica das nenas e as mulleres na ficción (como as princesas de Disney), ou libros sobre heroes que centran principalmente nos protagonistas masculinos, enfócase en dicirlle ás mozas que poden crecer para ser o que desexen, independentemente do que pensen os demais.[18][19] O libro converteuse nun referente do movemento de apoderamento da muller.[1][20]
A inclusión de Aung San Suu Kyi no primeiro libro recibiu críticas polo seu fracaso en condenar a actual persecución Rohingya en Myanmar. Favilli e Cavallo comentaron que están a considerar (pero non se comprometeron) a sacala de futuras impresións do libro.[21][22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes - Elena Favilli,Francesca Cavallo | Planeta de Libros. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ Elena,, Favilli,; Ariadna,, Molinari Tato,. Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes : 100 historias de mujeres extraordinarias (Primera edición ed.). ISBN 9786070739798. OCLC 983826456.
- ↑ Blanc, Natalia (10 de agosto de 2017). "Historias de heroínas para niñas: las modelos de este libro no son princesas". Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ Ruiz, Rebecca. "This book for 'rebel girls' just broke a Kickstarter record for the best reason". Mashable (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2017.
- ↑ Gigena, Daniel (18 de febreiro de 2018). "Crowdfunding editorial: los lectores como mecenas en el siglo XXI". Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ Laity, Paul (24 de febreiro de 2018). "The triumphant return of Rebel Girls: ‘We are proud our book has become a symbol of resistance'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Good Night Stories for Rebel Girls: 100 Immigrant Women Who Changed the World by Elena Favilli: 9780593339428 | PenguinRandomHouse.com: Books" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. 100 mujeres migrantes que cambiaron el mundo". Consultado o 5 de decembro de 2020.
- ↑ ""Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes, 100 mexicanas extraordinarias", de Elena Favilli y Francesca Cavallo". 17 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-26.
- ↑ "La edición especial de 'Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes'". 8 de marzo de 2021. Consultado o 2021-07-08.
- ↑ "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2022. Consultado o 18 de xullo de 2020.
Texto completo de los seis primeros capítulos
- ↑ "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 3 - Elena Favilli: Autor, sinopsis, editorial y toda la información". AhoraQueLeo (en castelán). Consultado o 2021-07-08.
- ↑ "“100 mujeres migrantes que cambiaron al mundo”: La tercera edición de “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes” ya está disponible en tiendas". 2020-10-23. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-08.
- ↑ Grado Alonso, Laura de (7 de xuño de 2021). "Cien españolas protagonizan el cuarto volumen de “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes”". Consultado o 2021-07-08.
- ↑ "Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2021. Consultado o 8 de xullo de 2021.
- ↑ "Buenense, ingeniera en Silicon Valley y «niña rebelde»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-08-22. Consultado o 2021-09-03.
- ↑ Walker, Esther (26 de noviembre de 2017). "Good Night Stories for Rebel Girls — a revolution at bedtime". The Times. Consultado o 28 de decembro de 2017.
- ↑ O'Farrell, Maggie (15 de decembro de 2017). "In praise of JK Rowling and all other Rebel Girls". The Guardian. Consultado o 28 de decembro de 2017.
- ↑ "El secreto del éxito de las “niñas rebeldes”" (en castelán). 6 de xuño de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ Catanzaro, Michele (16 de setembro de 2017). "Bienvenidos al club de las niñas rebeldes" (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ Schaub, Michael (27 de decembro de 2017). "Does Aung San Suu Kyi belong in a children's book of heroic women, 'Rebel Girls'?". Los Angeles Times. Consultado o 28 de decembro de 2017.
- ↑ Merrick, Jane (24 de decembro de 2017). "Parents demand Aung San Suu Kyi is cut from children’s book of role models". The Observer. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jane Goodall (audiolibro). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes Arquivado 02 de setembro de 2021 en Wayback Machine. Duración: 3:22.
- Audrey Hepbrun (audiolibro). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2 Arquivado 02 de setembro de 2021 en Wayback Machine. Duración: 3:15.