Saltar ao contido

Maruxa Mallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Maruja Mallo»)
Modelo:BiografíaMaruxa Mallo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ana María Gómez González Editar o valor en Wikidata
5 de xaneiro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBuenos Aires (1937–)
París (1932–)
Avilés (1913–1922)
Madrid
Xixón
Illas Canarias
Galicia Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaSegunda República Española Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando (1922–)
Q62604383 Traducir (1922–)
Escola de Artes e Oficios de Avilés Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra (1933–), pintora, deseñador de teatro, debuxante Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoSurrealismo, Xeración do 27, Escuela de Vallecas (en) Traducir e Las Sinsombrero (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsCristino Mallo Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Concise Dictionary of Women Artists (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1164263 BUSC: mallo-maruja-1902-1995 Dialnet: 3859202 Find a Grave: 7592245 Editar o valor en Wikidata

Maruxa Mallo, tamén citada como Maruja Mallo, pseudónimo de Ana María Gómez González,[1] nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista galega.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi a cuarta filla do matrimonio formado por Justo Gómez Mallo e María del Pilar González, e irmá máis vella do escultor Cristino Mallo (nado en Tui en 1905). Os dous irmáns utilizaron o segundo apelido do seu pai.

Sendo aínda unha nena a súa familia trasladouse á localidade asturiana de Avilés.

En 1922, con 20 anos, trasladouse a Madrid para estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde permaneceu ata 1926, como tamén fixo o seu irmán dende 1923. Alí relacionouse con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti, co que mantivo unha relación ata que aquel coñeceu a María Teresa León. En 1927 tomou parte activa na primeira "Escuela de Vallecas", unha proposta 'plástico-poética' do escultor Alberto Sánchez Pérez e o pintor Benjamín Palencia.[4]

Durante esa década de 1920 traballou tamén para numerosas publicacións literarias como La Gaceta Literaria, El Almanaque Literario ou Revista de Occidente e realizou portadas de varios libros. Ortega y Gasset coñeceu os seus cadros en 1928 e organizoulle unha exposición nos salóns da Revista de Occidente. Exhibiu dez óleos que representaban pobos cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cine de principios de século. A exposición foi todo un acontecemento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruxa fose xulgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.

Unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas permitiulle ir a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu a Max Ernst, René Magritte, Joan Miró, Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. Mudou a súa concepción sobre a pintura, alí comezou a súa etapa surrealista. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzou a mestría, tanto que o mesmo Breton lle comprou en 1932 o cadro titulado Espantapájaros, obra poboada de espectros que hoxe é considerada unha das grandes obras do surrealismo.

Regreso a España

[editar | editar a fonte]

De regreso a España comprometeuse coa Segunda República, e deu clases de pintura en Arévalo (Ávila) e Madrid. A sublevación do 18 de xullo de 1936 colleuna en Galicia, co seu mozo Alberto Fernández Martínez, onde estaba participando como mestra das Misións Pedagóxicas.[5] Refuxiouse en Vigo, na casa dun tío seu, onde viviu oculta por medo a unha denuncia. Pasou case seis meses oculta ata que en xaneiro de 1937 conseguiu chegar a Tui e de alí a Lisboa.

Con axuda de Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa,[6] logrou viaxar ata América en febreiro de 1937. Acabou por instalarse na Arxentina. A chegada de Perón fixo que marchase aos Estados Unidos, e instalouse en Nova York. Porén, en 1965 decidiu regresar a España, e fixou a súa residencia en Madrid.

Última etapa e pasamento

[editar | editar a fonte]

En 1979, comezou a súa última etapa pictórica con Los Moradores del vacío. Tiña daquela 77 anos, mais aínda conservaba o frescor e a vitalidade que a acompañaran toda a súa vida. Na década dos 90 ofrecéronlle varias exposicións e premios, como a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e o Premio de Artes Plásticas de Madrid. Cunha exposición monográfica da súa obra inaugurouse o Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, en 1993.

Meses despois faleceu en Madrid aos 93 anos.

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]
Placa de homenaxe a Maruxa Mallo en Viveiro
  • Desnudo surrealista (1927)[7]
  • La Verbena (1927)[8]
  • La kermesse (1928)
  • La huella (1929)
  • Canto de las espigas (1929)[8]
  • Antro de fósiles (1930)[8]
  • Sapos y excrementos (1932)[9]
  • Tierra y excrementos (1932)[8]
  • Sorpresa en el trigo (1936)
  • Figuras (1937)[8]
  • Cabeza de mujer(1941)
  • Máscaras (1942)[7]
  • Naturaleza viva (1943)
  • El racimo de uvas (1944)
  • Oro (1951)
  • Mujer rubia (1951)[7]
  • Agol (1969)
  • La ola (1969)[7]
  • Sin título (1969)[7]
  • Geonauta (1975)
  • Selvatro (1979)[8]
  • Concorde (1979)[8]
  • Máscara tres-veinte (1979)[8]
  • Airagu, (1979)[8]
  • Protoesquema (1980)[8]
  • Acróbatas macro y microcosmos (1981)[8]
  • Acróbatas (1981)[8]
  • Protozaorios (1981)[8]
  • Panteo (1982)[8]
  • Acróbata (1982)[8]
  • Razas (1982)[8]
  • Viajeros del éter (1982)[8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes (1982)
  • Medalla de Ouro de Madrid (1990)
  • Medalla de Ouro da Xunta de Galicia (1991) [10]
  • Un centro social municipal de Lugo leva o seu nome [11]

En 2019 a compañía de danza Licenciada Sotelo na montaxe A gala investiga a súa figura e obra.[12]

  1. El arte de Maruja Mallo y sus obras en el museo de Lugo (en castelán)
  2. Entrada "Gómez González, Ana María" na EGU
  3. MARUJA MALLO: Obituario.1995.Heraldo de Aragón (en castelán)
  4. VARIOS AUTORES. Catálogo da exposición Forma, palabra y materia en la poética de Vallecas. Deputación de Alacant (Alacant, 2011). ISBN 978-84-96979-82-6.
  5. Vallina 2022, p. 49
  6. Fandiño Veiga.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Ficha do cadro na web da Colección de novacaixagalicia". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 8,14 8,15 8,16 "Colección Museo Reina Sofía". Consultado o 15-05-2017. 
  9. Ficha do cadro na web España es cultura Arquivado 29 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  10. Maruxa Mallo na páxina web España es cultura Arquivado 14 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
  11. "Centro de convivencia Maruja Mallo". Concello de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  12. "Licenciada Sotelo estrea A gala en Ourense". Cultura Galega. 14 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]