Saltar ao contido

Sandra Sabatés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSandra Sabatés

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Granollers, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pompeu Fabra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLa Sexta Editar o valor en Wikidata

Twitter: sandrasabates11 Instagram: sandrasabates Editar o valor en Wikidata

Sandra Sabatés, nada en Granollers (Barcelona) o 29 de xullo de 1979, é unha xornalista catalá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou comunicación audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e traballou presentando os informativos da televisión local de L'Hospitalet de Llobregat[1] e logo presentou os informativos de TVE en Cataluña. Posteriormente entrou a traballar en laSexta onde primeiro presentou laSexta Deportes e presenta, dende o 9 de xaneiro de 2012, con El Gran Wyoming o programa de sátira política El Intermedio.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2019 casou co seu noivo dende había un tempo, Daniel, nunha cerimonia íntima en Vilanova del Vallés. Ten un fillo chamado Koldo, nado en 2010 produto da súa anterior relación co actor David Janer.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Meninas (2018), outorgado pola Delegación de goberno, pola súa sección "Mujer tenía que ser".[4]
  • Premio Ondas 2018, á mellor presentadora de televisión.[4]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.