María Luz Morales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | María Luz Morales Godoy 23 de abril de 1890 A Coruña, España |
Morte | 22 de setembro de 1980 (90 anos) Barcelona, España |
Directora La Vanguardia | |
xullo de 1936 – febreiro de 1937 ← Gaziel (pt) – Manuel Vázquez Ocaña (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista, tradutora |
Período de actividade | 1925 - |
Empregador | Lecturas La Vanguardia El Sol |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Felipe Centeno María Thierry Jorge Marineda Ariel María Luz Morales Godó |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nou diccionari de la literatura catalana |
María Luz Morales Godoy, nada na Coruña en 1898 e finada en Barcelona en 1980, foi unha xornalista e escritora galega. É considerada unha referencia para a incorporación das mulleres ao xornalismo e literatura no século XX en España. Foi a primeira muller na historia de España en dirixir un xornal nacional[1]. Súa foi tamén a primeira tradución á lingua castelá de Peter Pan, intitulada Peter Pan y Wendy La historia del niño que no quiso crecer e publicada en 1926[2].
Despois da guerra civil española foi destituída polo réxime de Francisco Franco. Trala reinstauración da democracia continuou a súa actividade, neste caso no Diario de Barcelona, ata a súa morte aos 91 anos de idade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malia nacer na Coruña, toda a súa vida profesional transcorreu en Barcelona, onde se trasladou xa de nena coa súa familia. Tras diplomarse en Filosofía e Letras, en 1924 incorporouse a La Vanguardia, na sección de cinematografía. Nesa época, en que asinaba os artigos como Felipe Centeno (pseudónimo baseado nun personaxe de Benito Pérez Galdós), a produtora estadounidense Paramount Pictures interesouse polo seu traballo. Tras unha entrevista con ela, sen saberen que era unha muller, foi contratada como responsable da asesoría literaria das súas películas e, coa chegada do cine sonoro, da tradución e adaptación dos diálogos[3]. Compaxinou estas ocupacións cunha colaboración semanal co xornal El Sol. De xeito paralelo, tiña unha intensa actividade literaria, na que cultivaba a literatura infantil con adaptacións de obras mestras da literatura publicadas pola editorial que dirixía, Ediciones Araluce. Algunhas desas adaptacións, de autores coma Homero, Esquilo, Sófocles, Dante, Shakespeare, Johann Wolfgang von Goethe, Miguel de Cervantes ou Tirso de Molina, seguen a editarse na actualidade en España e Hispanoamérica.
A partir de 1933 cambiou a súa predilección cinematográfica polo teatro, a súa gran paixón. Escribiu, en colaboración con Elisabeth Mulder, a obra Romance de media noche.
A principios de xullo de 1936 participou nas celebracións pola aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 e a Revolución Española, La Vanguardia foi tomada por un comité obreiro. Foi nomeada directora de dito diario, cargo que ocupou durante toda a guerra civil en substitución de Gaziel. Durante o conflito colaborou no guión da película documental L'Espoir (ou Sierra de Teruel), dirixida por André Malraux con fins propagandísticas en 1939.
Trala guerra, o equipo de redacción de La Vanguardia foi cesada e ficou pendente de xuízo. Foilles retirado o pasaporte e impúxoselles a inhabilitación como xornalistas.
En 1940, acusada de ser a directora do diario durante a guerra e de pertenza ao Partido Galeguista, María Luz Morales foi encarcerada nun convento barcelonés. Durante ese período, do cal sempre rexeitou falar, continuou a escribir baixo os pseudónimos de Ariel e Jorge Marineda.
En 1948 entrou a colaborar como crítica teatral no Diario de Barcelona. Fooi recuperando aos poucos a actividade literaria, amais de traballar na Editorial Salvat e colaborar na revista Lecturas. Como recoñecemento ao seu traballo, en 1956 o goberno francés concedeulle a Orde das Palmas Académicas, e en marzo de 1963 recibiu o Premio Nacional de Teatro 1962.[4] En 1958, a súa novela El amor empieza en sábado foi levada ao cine dirixida por Victorio Aguado Candela.
Trala morte de Francisco Franco, moitas depuradas e depurados fóronse reincorporando á vida pública, e o 24 de xaneiro de 1978, xunto con moitos outros membros do oficio, María Luz Morales foi rehabilitada como periodista. Continuou a súa actividade, xa como redactora, no Diario de Barcelona, medio en que seguiu até a súa morte en 1980.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A Academia Galega do Audiovisual convoca os premios María Luz Morales.[5]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]- Parientes y trastos viejos (inédita)
- Trovas de otros tiempos, 1928
- Libros, mujeres y niños, 1928
- Las románticas, 1930
- Edison, 1934
- Romance de media noche (con Elisabeth Mulder), 1935
- Julio César, 1936
- Madame Curie, 1936
- Alejandro Magno, 1936
- Alguien a quien conocí, 1937
- Tres historias de amor en la Revolución francesa, 1942
- María Antonieta, 1943
- El mundo de las hormigas, 1948
- El Cine: historia ilustrada del séptimo arte, 1950
- Hazañas del Cid, 1951 .
- Enciclopedia del hogar, 1952
- Rosalinda en la ventana, 1954
- Balcón al Atlántico: (otra novela sin héroe), 1955
- Balcón al Mediterráneo, 1955
- Historias del décimo círculo, 1962
- Libro de oro de la poesía en lengua castellana, 1970
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Unha das primeiras mulleres que dirixen un medio de comunicación» Álbum de Mulleres, CCG.
- ↑ Ficha da obra na Biblioteca Nacional de España (en castelán).
- ↑ "María Luz Morales, escritora, entre la esperanza y la utopía" El País, 26 de setembro de 1980 (en castelán).
- ↑ Hemeroteca do ABC, 3 de marzo de 1963 (en castelán).
- ↑ "Premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual". Xunta de Galicia. Consultado o 3/4/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 446-448.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Sabatés, Sandra; Juan, Ana (2018). Pelea como una chica. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-19623-5.
- Rodríguez Anair (2018). Pioneiras. Galegas que abriron camiño. Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Nuria Díaz. ISBN 978-84-9121-310-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "María Luz Morales, a “vehemente galeguista” que foi a primeira muller en dirixir un xornal no Estado español" Arquivado 07 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. Sermos Galiza. 1 de xaneiro de 2015.