Saltar ao contido

Josefa de Óbidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosefa de Óbidos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Josefa de Ayala Figueira Editar o valor en Wikidata
1630 Editar o valor en Wikidata
Sevilla (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 1684 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Óbidos (Reino de Portugal) Editar o valor en Wikidata
Pintora de cámara
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJosefa de Óbidos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora, artista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1645 Editar o valor en Wikidata - 1684 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNatureza morta Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiBaltazar Gomes Figueira Editar o valor en Wikidata
ParentesBernabé de Ayala Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrandes Mestras das Artes (pt) Traducir, (p.103)
Concise Dictionary of Women Artists (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: a9080753-0560-4991-9f6c-239868f1506d WikiTree: Óbidos-1 Editar o valor en Wikidata
Josefa de Óbidos: Adoración dos pastores (1669). Museo Nacional de Arte Antiga, Lisboa.

Josefa de Óbidos, de nome Josefa de Ayala Figueira, nada en Sevilla en febreiro de 1630 e finada en Óbidos o 22 de xullo de 1684, foi unha pintora española que viviu e produciu en Portugal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla de Baltazar Gomes Figueira, pintor portugués natural de Óbidos, con obra en Évora, que fora traballar en Sevilla, onde casou con D. Catarina de Ayala Camacho Cabrera Romero, natural da Andalucía. Foi apadriñada polo pintor español Francisco Herrera, El Viejo.

En 1634, cando tiña apenas catro anos de idade, os pais de Josefa regresan a Portugal, onde foran estabelecerse na Quinta da Chapeleira, en Óbidos. Alí a nena foi educada, manifestando dende cedo, vocación para a pintura e para a gravados en metal, en láminas de cobre e prata, nun xénero denominado como pontiño.

Foi especialista na pintura de flores, froitas e obxectos inanimados. A influencia exercida polo barroco tornárana unha artista con intereses diversificados, téndose dedicado, alén da pintura, á estampa, aos gravados, á modelaxe do barro, ao deseño de figurinos, de tecidos, de accesorios varios e a arranxos florais.

En 1653, aos 19 anos de idade, fixo o gravado da edición dos Estatutos de Coimbra. Traballou en seguida como pintora para diversos conventos e igrexas. Na Capela do Noviciado do Convento de Varatojo había unha excelente Nosa Señora das Dores e no coro un Menino Xesús, cadros que lle atribuídos a ela. Tamén existen cadros seus no Mosteiro de Alcobaça, no Mosteiro da Batalha, en Vale Bem-Feito no Mosteiro de San Xerónimo, en Évora, onde existe un Cordeiro engrinaldado de flores, que pasa por ser un dos seus mellores traballos.

Como retratista da Familia Real Portuguesa, destácanse os seus retratos da raíña D. María Francisca Isabel de Savoia, esposa de D. Pedro II, e da súa filla, a princesa D. Isabel, que foi noiva de Vítor Amadeu, duque de Savoia, a quen ese retrato foi enviado.

A Academia de Belas Artes tamén posúe un cadro de Josefa de Óbidos.

Tendo vivido case sempre na Quinta da Capeleira, a súa reputación que granxeou era de tal orde que moitos dos que ían tomar baños ás Caldas da Rainha se desviaban do seu camiño para iren a Óbidos cumprimentala.

O seu irmán Barnabé de Ayalla tamén foi pintor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]