Saltar ao contido

Caldas da Rainha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCaldas da Rainha
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°24′25″N 9°08′11″O / 39.40692, -9.13625Coordenadas: 39°24′25″N 9°08′11″O / 39.40692, -9.13625
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Leiria Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación51.729 (2011) Editar o valor en Wikidata (202,31 hab./km²)
Xeografía
Superficie255,69 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorLeonor de Viseu Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal2500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico262 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcm-caldas-rainha.pt Editar o valor en Wikidata

Caldas da Rainha,[1] tamén escrito en galego Caldas da Raínha[2] e Caldas da Raíña,[3] é unha cidade portuguesa situada na subrexión Oeste da rexión Centro e pertence á histórica provincia de Estremadura.

A cidade, a miúdo chamada Caldas na vida cotiá, é coñecida polas súas termas e cerámicas. De aquí procede a figura cerámica de Zé Povinho, moi estendida por todo o país. Conta cun centro de formación profesional en cerámica.

Desde 2019, a cidade recibiu o premio Cidade da Artesanía e da Arte Popular da UNESCO (City of Crafts & Folk Art) polas súas tradicións cerámicas, converténdose na segunda cidade portuguesa en recibilo (despois de Barcelos en 2017).

Idade Media e Moderna

[editar | editar a fonte]
Participación da Fábrica de Faianças das Caldas da Rainha do 30 de xuño de 1884 [4]

Dise que a raíña Dona Leonor, esposa de Xoán II de Portugal, se bañaba nas cheirentas fontes termais cando veu de Óbidos en 1484 por consello da poboación local. Convencida do poder curativo das augas quentes, vendeu xoias persoais e uns terreos para construír alí un hospital en 1503.[5] Ao redor dese hospital xurdiu a vila actual, que debe o seu nome a esta historia [6]

A familia real comezou a utilizar os baños termais con moita frecuencia, e o lugar prosperou. En 1511, o rei D. Manuel I elevou Caldas da Rainha á categoría de vila.

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]

En 1821 o lugar converteuse na sede dun distrito independente. A medida que avanzaba o século XIX, as termas convertéronse nun destino cada vez máis popular para as familias de clase alta. Ademais, os xacementos de arxila locais propiciaron o establecemento de fábricas de cerámica. Destacan aquí as creacións de Rafael Bordalo Pinheiro na Fábrica de Faianças das Caldas da Rainha entre 1884 e 1907.

Co aumento do asentamento de empresas industriais, tamén medrou a poboación. Caldas da Rainha converteuse en cidade en 1927.[7]

Levantamento das Caldas

[editar | editar a fonte]

Nun preludio da Revolución dos Caraveis, na madrugada do 16 de marzo de 1974, o Quinto Rexemento de Infantería, con sede en Caldas da Rainha, no que hoxe é a Escola de Sargentos do Exército, intentou dar un golpe de estado contra o réxime autoritario do Estado Novo do país.[8] Trinta oficiais e uns 300 sarxentos e soldados do rexemento abandonaron os seus cuarteis ás 4.00 horas, rumbo a Lisboa, onde tiñan previsto ocupar o aeroporto mais ao achegarse á capital, o rexemento de Caldas atopouse só. Ao decatarse de que as demais unidades que, supostamente, tamén ían participar no golpe, non se sumaron á revolta, o rexemento deu a volta e chegou aos seus cuarteis de Caldas ao redor das 10:00 horas, pechándose e agardando o asedio. O recinto foi rodeado por diversas forzas, que penetraron na base sobre as 17.00 horas. Os revoltosos foron detidos e enviados a varias prisións militares, onde estiveron detidos ata a Revolución dos Caraveis o 25 de abril de 1974, 40 días despois.[9]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación do século XIX ao XXI

[editar | editar a fonte]
Poboación do concello de Caldas da Rainha (1801–2011)
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991[10] 2001[10] 2011 2021
1470 8486 20.971 29.207 37.430 41.018 43.205 48.563 51.729 50.910

Cultura e turismo

[editar | editar a fonte]
Edificio histórico das termas do parque de Caldas da Rainha

Caldas da Rainha non é un dos lugares máis visitados de Portugal, pero conta con diversos atractivos turísticos:

Ademais das termas, as praias (por exemplo en Foz do Arelho) e o bosque da cidade Mata da Rainha D. Leonor, tamén se atopa arquitectura de interese, como algunhas casas señoriais, o mercado da céntrica Praça da República, algúns edificios relixiosos, fachadas de estilo modernista e diversos museos. Entre eles destacan o Museu José Malhoa, o Atelier-Museu António Duarte, o Atelier-Museu João Fragoso e o Museu Barata Feyo.

Estas e outras instalacións, algunhas das cales funcionan como exposicións ao aire libre, están integradas no Centro de Artes, un conxunto concibido como parque museístico.

A cidade tamén conta cun moderno centro de cultura e congresos dende 2006, o Centro Cultural e de Congresos de Caldas da Rainha. Dende 1997, o alumnado da Escola Superior de Artes e Deseño das Caldas da Rainha, integrada no Instituto Politécnico de Leiria, organiza a Caldas Late Night, na que se desenvolven diversas exposicións e actos polas rúas da cidade.

Outros museos da cidade son coñecidos son o Museu do Ciclismo, o Museo Hospital Termal e o Museu da Cerámica onde se pode ver unha colección de azulejos do século XVI e cerámicas do Art Nouveau.

A sede da Federación Portuguesa de Bádminton en Caldas da Rainha

O ciclismo é un deporte importante na cidade. Conta cun museo do ciclismo e aquí naceron os ciclistas profesionais António Morgado e João Almeida.

Caldas é un tamén un punto focal do bádminton en Portugal. A Federação Portuguesa de Badminton ten a súa sede na cidade, e aquí está o Centro de Alto Rendimento deste deporte. No municipio tiveron lugar un grande número de competicións nacionais e internacionais, entre elas o Campionato de Europa en 2014.

Caldas tamén acolleu os Campionatos de Europa Xuvenís de Orientación, en outubro de 2013.

Na cidade tamén se disputaron encontros internacionais de rugby, tendo lugar aquí a maior vitoria da selección de rugby de Portugal, no 23 de marzo de 2019, vencendo por 93-0 á selección da República Checa.

O primeiro equipo profesional do club de fútbol e fútbol sala Caldas SC foi fundado en 1916 e xogou temporalmente na Segunda Liga. Xoga os seus partidos como local no Campo da Mata, con capacidade para 13.000 espectadores.[11]

Administración

[editar | editar a fonte]
A administración municipal ( Câmara Municipal ) de Caldas da Rainha

Caldas da Rainha é a sede dun concello homónimo no distrito de Leiria. En abril de 2021, o concello tiña 50.910 habitantes nunha área de 255,7 km².

Os limites do concello son (en sentido horario comezando polo norte): Alcobaça, Rio Maior, Cadaval, Bombarral, Óbidos e o océano Atlántico.

No período previo á reforma administrativa de setembro de 2013, varios concellos e freguesías foron fusionados para formar novos municipios.[12]

As seguintes freguesias atópanse no termo municipal de Caldas da Rainha:

Freguesía Poboación (2021) Superficie (km²) Densidade (hab./km²) Código LAU
A dos Francos 1.632 18,93 86 100601
Alvorninha 2.646 37,60 70 100602
Carvalhal Benfeito 1.141 13,95 82 100604
Foz do Arelho 1.400 9,62 145 100606
Landal 938 10,21 92 100607
Nadadouro 1.962 10,60 185
Nossa Senhora do Pópulo, Coto e São Gregório (Caldas da Rainha) 18.540 31,69 585 100617
Salir de Matos
Santa Catarina
Santo Onofre e Serra do Bouro (Caldas da Rainha) 11.902 27,51 433 100618
Tornada e Salir do Porto
Vidais
Concello de Caldas da Rainha no distrito de Leiría

Feriado municipal

[editar | editar a fonte]

Irmanamentos

[editar | editar a fonte]

Transportes

[editar | editar a fonte]

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

A estación de tren de Caldas da Rainha está na liña de ferrocarril da Linha do Oeste.

A cidade ten varios enlaces coa autoestrada A8.

A cidade está integrada na rede nacional de autobuses Rede Expressos.

Transporte local

[editar | editar a fonte]

Os días laborables de 7:30 a 19:30 horas e os sábados de 8:00 a 13:30 horas circulan aproximadamente cada cuarto de hora os microbuses das liñas de autobuses municipais de TOMA. Existen tres liñas de cores diferentes (azul, verde e laranja), unha viaxe custa 1,10 euros e tamén están dispoñíbeis varios abonos e billetes múltiples. O proxecto enmárcase nun proxecto de mobilidade sustentábel polo centro da cidade a través do transporte público local.

Outras conexións de autobuses rexionais inclúen a empresa privada de transporte Rodoviária do Tejo.

O sistema de alugamento de bicicletas Rainhas Bike Sharing existe na cidade desde 2009 e en 2013 contaba con 16 estacións de alugueiro e devolución.[13]

  1. "Relatores de diferentes rexións, incluíndo Mondariz Balneario, Caldas da Rainha en Portugal, Spa en Bélxica e Saratoga Springs en Nova York, compartiron as súas experiencias". Xunta de Galicia. 2023-11-10. Consultado o 2024-09-22. 
  2. "Premios Artesanía de Galicia; Coa Bolsa Eloy Gesto terá a oportunidade de formarse no Cencal, Centro de Formación Profesional para a Industria Cerámica, en Caldas da Raínha". artesaniadegalicia.xunta.gal. Consultado o 22 de setembro de 2024. 
  3. Diario, Nós (2024-04-28). "A revolución dos caraveis: exército e povo toman as rúas e o poder". Nós Diario. Consultado o 2024-09-22. 
  4. Galerie Sevogel: Historische Wertpapiere Volume 3.
  5. Na península ibérica do século XV, un hospital (do latín hospes, "hóspede", e de aí hospitalia> hospitale) era principalmente unha institución caritativa que proporcionaba albergue e coidados a pobres, enfermos, peregrinos ou outras persoas necesitadas en xeral. Estas institucións estaban frecuentemente vinculadas á Igrexa e funcionaban tanto como centros de asistencia social como de atención sanitaria básica.
  6. João Fonseca: Dicionário do Nome das Terras. 2.
  7. "VerPortugal". www.verportugal.net. Consultado o 2024-09-22. 
  8. Lopes, Mário (20 de marzo de 2007). "Fernando Rosas: golpe militar de 16 de Março revelou a fraqueza do regime". tintafresca.net (en portugués). Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  9. Redacción (16 de marzo de 2014). "A coluna das Caldas que marchou sozinha para fazer História". gazetacaldas.com (en portugués). Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  10. 10,0 10,1 "Censos 2001". ine.pt (en portugués). 26 de xuño de 2001. p. 4. Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  11. "Campo da Mata - Portugal - Stadion-Seite - fussballzz.de". www.fussballzz.de (en alemán). Consultado o 2024-09-22. 
  12. Publicação da reorganização administrativa no Diário da República do 28 de xaneiro de 2013.
  13. "Rainhas Bike Sharing". rainhas-bike-sharing.blogspot.com. Consultado o 2024-09-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns web

[editar | editar a fonte]



Localidade anterior:
Mafra
a 530 km
  Camiño de Santiago (Camiño Portugués)  
Caldas da Rainha
(76 msnm)
450 km á Catedral de Santiago de Compostela
Servizos como albergue de peregrinos, termas etc.

Seguinte localidade:
Batalha
→ a 425 km