Saltar ao contido

Noor Inayat Khan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNoor Inayat Khan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Noor Un Nisa Inayat Khan Editar o valor en Wikidata
1 de xaneiro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Moscova (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Campo de concentración de Dachau (Reich alemán) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte non natural
execución por arma de fogo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Normale de Musique
Sorbona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, membro da resistencia, escritora de literatura infantil, escritora, axente da SOE Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDirección de Operacións Especiais (1943–1944) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNadia Boulanger Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioMadeleine
Nora Baker Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarWomen's Auxiliary Air Force Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor en Wikidata
PaisInayat Khan Editar o valor en Wikidata  e Ameena Begum Editar o valor en Wikidata
IrmánsVilayat Inayat Khan Editar o valor en Wikidata
ParentesTipu, tataravó Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Bygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) Traducir, (p.145-147)
Q114680467 Traducir, (p.49) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5849575 BNE: XX1059556 WikiTree: Inayat-Khan-4 Find a Grave: 13142306 Editar o valor en Wikidata

Noor-un-Nisa Inayat Khan, nada en Moscova o 2 de xaneiro de 1914 e finada en Dachau o 13 de setembro de 1944, máis coñecida como Noor Inayat Khan, foi unha psicóloga e axente británica do Executivo de Operacións Especiais (SOE) durante a Segunda Guerra Mundial. De ascendencia india, foi a primeira muller operadora de radio do SOE enviada a Francia, nese entón baixo ocupación militar, para axudar á Resistencia francesa. Condecorada coa Croix de guerre e a George Cross a título póstumo, en 1949.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]
Busto de bronce en Gordon Square Gardens, Bloomsbury, Londres.

O seu pai, o Pir-o-Murshid Inayat Khan, proviña dunha nobre familia india-musulmá, descendente do sultán Fateh Ali Tipu[1] (1750-1799), coñecido como o Tigre de Mysore, e vivía en Europa como músico e mestre de Sufismo. A súa nai, Amina Begum (de solteira Ora Ray Baker), era unha estadounidense proveniente de Novo México, que coñecera a Inayat Khan durante unha das súas viaxes aos Estados Unidos.[2]

En 1914, pouco antes do inicio da Primeira Guerra Mundial, a familia emigrou de Rusia a Inglaterra e estableceuse en Bloomsbury, Londres. Aí Noor, quen a longo prazo sería a maior de catro irmáns, recibiu a súa educación preescolar. En 1920 a familia estableceuse en Francia, mudándose a unha casa en Suresnes, preto de París. Logo da morte do seu pai en 1927, Noor tivo que asumir a responsabilidade de coidar á súa nai e aos seus irmáns menores. Estudou psicoloxía infantil na Sorbona e música no conservatorio de París baixo a tutela da famosa Nadia Boulanger, compondo música para arpa e piano.[3]

Placa azul, agosto de 2020.

Despois iniciou unha carreira de escritora, redactando poesía e contos infantís, polo que se converteu en contribuínte regular a revistas infantís e a radio francesa. En 1939 o seu libro Twenty Jataka Talles, inspirado nos contos jataka da tradición budista, foi publicado en Londres. Cando se desencadeou a Segunda Guerra Mundial, e Francia foi ocupada polas tropas alemás en 1940, a familia fuxiu de París a Bordeus e de aí por vía marítima a Londres, chegando a Falmouth, Cornualla o 22 de xuño de 1940.[4]

Na Segunda Guerra Mundial

[editar | editar a fonte]
Croix de Guerre

Aínda que tiña ideais pacifistas, ela e o seu irmá Vilayat decidiron tomar as armas para loitar contra a tiranía nazi. O 19 de novembro de 1940 uniuse á Women's Auxiliary Air Force (WAAF) e recibiu instrución para converterse en operadora de radio. Polo seu dominio do idioma francés e a súa habilidade como operadora de radio, á parte da escaseza de axentes experimentados, foi considera como idónea para ser enviada á Francia Ocupada, a pesar de certas reservas pola súa inexperiencia.

Un tempo despois foi recrutada na Sección F (Francia) do Executivo de Operacións Especiais e a principios de febreiro de 1943 destinárona á Dirección de Intelixencia Aéres do Ministerio do Aire, adscrita a Fisrt Aid Nursing Yeomanry (FANY). Primeiro estivo en Wanborough Manor, preto de Guildford en Surrey e despois ordenáronlle ir a Aylesbury, en Buckinghamshire, para ter formación especial como operadora sen fíos en territorio ocupado.[5]

Foi a primeira muller enviada como operadora sen fíos, xa que as mulleres axentes anteriore foran enviadas como mensaxeiras. Noor tiña formación previa en telegrafía sen fíos (W/T) e dicían que era rápida e precisa.[6]

Finalmente foi enviada o 16 de xuño de 1943 e converteuse en operadora de radio dunha rede da Resistencia liderada por Francis Suttill, baixo o alias "Madeleine".[2]

George Cross

Moitos membros da rede foron arrestados pola Gestapo pouco despois da súa chegada, pero ela elixiu permanecer en Francia, e pasou o verán desprazándose a varios lugares, tentando enviar mensaxes a Londres á vez que evitaba ser capturada.

En outubro foi traizoada e arrestada pola Gestapo. Como conservara copias de todos as súas chaves de acceso secretas, os alemáns puideron usar o seu radio para enganar ao SOE, que enviaron axentes directos a trampas postas pola Gestapo. Logrou escapar da prisión pero foi recapturada unhas poucas horas despois. En novembro de 1943 foi enviada á prisión Pforzheim en Alemaña, onde estivo encadeada e recluída. A pesar de ser torturada en varias ocasións, rexeitou revelar calquera tipo de información. En setembro de 1944, foi transferida xunto con outras tres axentes do SOE ao Campo de concentración de Dachau, onde foron fusiladas o 13 de setembro.[1]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1949: Croix de guerre e a George Cross a título póstumo.[7]
  • 2012: Busto de bronce no centro de Londres, en Gordon Square Gardens, Bloomsbury, Londres.
  • 2019: Placa azul na súa casa londiniense, no número 4 de Taviton Street, en Bloomsbury.
  1. 1,0 1,1 1,2 "BBC - History - Noor Inayat Khan". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2024-04-21. 
  2. 2,0 2,1 "About UsNoor". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 04 de abril de 2024. 
  3. "Noor Anayat Khan: The princess who became a spy". The Independent (en inglés). 2006-02-20. Consultado o 2024-04-04. 
  4. "Meet the Muslims who sacrificed themselves to save Jews and fight Nazis in World War II". Archived from the original on 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de abril de 2024. 
  5. Kramer, Rita (1995). Flames in the Field: Story of Four SOE Agents in Occupied France. Michael Joseph. ISBN 978-1-4538-3427-5. 
  6. Helm, Sarah (2005). A Life in Secrets: Vera Atkins and the Missing Agents of WWII. New York. Anchor Books. ISBN 978-1-4000-3140-5. 
  7. Grewal, Herpreet Kaur (2012-10-23). "Noor Inayat Khan: remembering Britain's Muslim war heroine". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-04-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]