Pforzheim
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Karlsruhe | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 127.849 (2022) (1.303,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 98,07 km² | ||||
Bañado por | Enz, Nagold e Würm | ||||
Altitude | 273 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Peter Boch (pt) (2017–) | ||||
Membro de | Kommunalverband für Jugend und Soziales Baden-Württemberg (en) Alcaldes pola Paz (1991–) Kommunale Informationsverarbeitung Baden-Franken (en) (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 75172–75181 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 07234 e 07231 | ||||
Código NUTS | DE129 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 082310000000 | ||||
Número de municipio alemán | 08231000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Gernika-Lumo (1989–) Saint-Maur-des-Fossés (1989–) Vicenza (1991–) Częstochowa (2007–) Irkutsk (2007–) Nevşehir (pt) (2007–) Győr-Moson-Sopron (2007–) Osijek (2008–) | ||||
Páxina web | pforzheim.de | ||||
Pforzheim é unha cidade no sur de Alemaña, no estado de Baden-Württemberg. A cidade atópase no val do río Enz, no norte da Selva Negra, e ten 122.247 habitantes (2015). É coñecida tamén como a Cidade do Ouro (Goldstadt) debido a que foi durante moito tempo o centro da industria de xoias e reloxos en Alemaña. Aínda que non está situada nel, é a capital do Distrito de Enz.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]A cidade esténdese ao longo de 10 km do val do río Enz, ademais hai barrios que se atopan nos vales do río Nagold (Dillstein e Weissenstein) e Würm (Würm) e en altiplanicies pertencentes á Selva Negra (Sonnenhof, Büchenbronn, Huchenfeld e Hohenwart). O clima é tépedo e semihúmedo no val (media anual: 11 °C) e tépedo-frío e húmido nas altiplanicies (media anual: 8 °C). As diferenzas estacionales son moi pronunciadas: no verán, a temperatura media chega ao 20°, mentres no inverno é de soamente 1°. Nas partes altas da cidade é frecuente a neve.
A cidade forma unha conurbación coas localidades contiguas de Birkenfeld (ao oeste), Ispringen (ao norte) e Niefern-Oeschelbronn (ao nordeste), xuntos chegan a 145.000 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Pforzheim foi fundada ao redor do 50 a.C. polos romanos, que se instalaron preto do río nun posto militar chamado Portus, ao redor do cal se desenvolveu o poboado, habitado por unha poboación mixta de celtas e os mesmos romanos. Do imperio romano pasou no século V aos alamáns e no século VI aos francos, o cal non afectou nun principio á composición da poboación, xa que o territorio tivo o status dunha colonia, que debía pagar impostos aos seus colonizadores.
Acabado de chegar o século X, coa fundación do Sacro Imperio pódese dicir que a poboación se xermanizou. A cidade desenvolveuse lentamente até o século XVIII, cando a industria reloxeira instalouse aquí e fixo aumentar a poboación de maneira significativa. En termos relixiosos a cidade apoiou ao movemento protestante de Martiño Lutero, e chegouse a tal grao que a fins do século XVIII, tódolos católicos foron botados da cidade, mentres que refuxiados protestantes do sur de Francia, os valdenses, foron recibidos con mans abertas e instaláronse ao leste de Pforzheim.
A fins do século XIX e a principios do XX comezou unha onda de inmigración desde Italia e Polonia, que modificou a composición étnica da clase obreira. Durante a segunda guerra mundial, Pforzheim a pesar de non producir ningún ben significativo para a industria bélica foi bombardeada con 1.551 toneladas de bombas na noite do 23 de febreiro de 1945 sendo destruída case por completo nun ataque aliado que matou a 20.277 persoas, un terzo da poboación da cidade.
Despois da segunda guerra mundial a cidade foi reconstruída en estilo moderno racionalista. Despois que o bombardeo aliado fixese descender a poboación un 25%, nos anos 50 e 60 a cidade puido recuperar parte da poboación perdida, sobre todo por mor dunha nova onda de inmigración de italianos, españois e turcos, ademais de rusos descendentes de alemáns (os chamados aussiedler). Construíronse novos e modernos barrios como Buckenberg-Haidach para albergar aos novos habitantes. Un novo aumento de poboación "artificial" produciuse nas décadas do 1960 e do 1970, por mor da incorporación das localidades contiguas de Eutingen, Würm, Dillweissenstein, Huchenfeld, Hohenwart e Büchenbronn ao territorio municipal. Nos anos 1990 levaron a cabo unha gran cantidade de obras no centro da cidade para mellorar o seu aspecto, como a modernización da praza central Leopoldsplatz, o Teatro e o centro de Congresos CongressCentrum.
Poboación
[editar | editar a fonte]Dos 118.000 habitantes ao redor de 85.000 habitan a zona central, o resto repártese entre os novos barrios situados nos arredores. Ao redor do 18% son estranxeiros, e un 20% son rusos nacionalizados, o que transforma á cidade nun espazo cultural plural que se reflicte en varios clubs das distintas comunidades de inmigrantes. As minorías máis numerosas son - ademais dos rusos nacionalizados - turcos, italianos, croatas e albaneses, seguindo na orde polacos, iugoslavos, portugueses e españois.
Cultura
[editar | editar a fonte]Os centros culturais máis destacábeis son o teatro central, chamado Stadttheater construído a principios dos anos 90, que tamén conta cun escenario reservado para o under, e o Kulturhaus Osterfeld, que anteriormente foi o teatro máis grande da cidade. O centro cultural independente máis importante é o Kupferdächle, que ofrece cursos para mozos e organiza recitais. Pforzheim ademais conta cunha cantidade de bares e discotecas, a máis tradicional é o Kairo (agora chamado Loewenzahn) situado nun bosque nos arredores.