Ulm
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Tubinga - Regierungsbezirk Tübingen ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Böfingen (en) ![]() Donautal (en) ![]() Eggingen (en) ![]() Einsingen (en) ![]() Ermingen Eselsberg (en) ![]() Grimmelfingen (en) ![]() Gögglingen-Donaustetten Jungingen (en) ![]() Lehr (en) ![]() Mähringen (en) ![]() Oststadt (en) ![]() Söflingen (pt) ![]() Ulm-Stadtmitte Unterweiler (en) ![]() Weststadt (en) ![]() Wiblingen (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 129.942 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 118,68 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Danubio, Iller e Blau ![]() | ||||
Altitude | 481 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1181 (Gregoriano) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Christoph Leonhard von Wolbach (en) ![]() Julius Schuster (en) ![]() Karl von Heim (pt) ![]() Heinrich von Wagner (pt) ![]() Emil Schwamberger (pt) ![]() Friedrich Foerster (pt) ![]() Hermann Frank (en) ![]() Karl Eychmüller (en) ![]() Robert Scholl (pt) ![]() Theodor Pfizer (pt) ![]() Hans Lorenser (1972–1984) Ernst Ludwig (1984–1992) Ivo Gönner (pt) ![]() Gunter Czisch (pt) ![]() Martin Ansbacher (2024–) ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89081, 89073, 89075, 89077 e 89079 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0731, 07346 e 07305 ![]() | ||||
Código NUTS | DE144 ![]() | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 084210000000 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 08421000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ulm.de ![]() |
Ulm é unha cidade alemá do estado federado de Baden-Württemberg, situada entre Stuttgart no oeste e Augsburg e Múnic no leste, ás beiras do Danubio. O río separa Ulm de Neu-Ulm, a nova parte da cidade, que xa se atopa no estado federado de Baviera. Ulm é coñecido pola súa Catedral, santuario protestante de arquitectura gótica, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m), pola súa cidade universitaria, na que se integrou a Escola de Ulm, sucesora da Bauhaus, e por ser a cidade natal de Albert Einstein.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ulm está na desembocadura dos ríos Blau e Iller no Danubio. A maior parte da cidade está na beira esquerda do río, estando no outro costado a súa cidade xemelga, Neu-Ulm (nova Ulm), que cos seus 50.000 habitantes está situada no land de Baviera.
A cidade está dividida en 18 distritos: Ulm-Mitte, Böfingen, Donaustetten, Donautal, Eggingen, Einsingen, Ermingen, Eselsberg, Gögglingen, Grimmelfingen, Jungingen, Lehr, Mähringen, Oststadt, Söflingen (con Harthausen), Unterweiler, Weststadt e Wiblingen.
Historia
[editar | editar a fonte]
Ulm é mencionada por primeira vez en 854, sendo declarada cidade por Frederico I Barbarroxa en 1164. Floreceu durante o século XVI, debido maiormente á exportación téxtil. Estes séculos representan o cénit da arte en Ulm, especialmente para pintores e escultores.
En 1803, deixou de ser unha "Cidade Libre Imperial" e foi absorbida por Baviera. Durante a batalla de Ulm de 1805, no marco das Guerras Napoleónicas, o exército francés fixo unha emboscada á invasión da armada austríaca en mans do Xeneral Mack en Ulm forzando a súa retirada. En 1810, foi incorporada no Reino de Württemberg, pertencente á Confederación do Rin.
En 1938, de novo pasou a ser unha "cidade libre" ou Stadtkreis, o que significa que non pertence a ningún dos distritos rurais da contorna, formando un de tipo urbano.
Economía
[editar | editar a fonte]

A proximidade de Stuttgart fai que boa parte da actividade industrial da cidade estea ligada á produción automotriz. EvoBus, a división de autobuses e autocares de Daimler, ten a súa planta de produción principal de vehículos da marca SETRA nesta cidade, así como unha planta de montaxe de camións de IVECO.
En xeral, o estado federado de Baden-Württemberg é unha das rexións economicamente máis prósperas de Alemaña e, naturalmente, da Unión Europea (UE).
Puntos de interese
[editar | editar a fonte]- Sen dúbida a súa principal referencia é a Catedral de Ulm, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m).
- O barrio dos pescadores coa Schliefes Haus do século XVI (actualmente un hotel) e o Alte Münz (un edificio medieval ampliado con estilo renacentista).
- Os restos da cidade que sobreviviron aos bombardeos.
- A Casa do Concello, construída no ano 1370.
- Os edificios da Hochschule für Gestaltung, a Escola de Ulm, hoxe empregados pola Universidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ulm ![]() |