Sara Borrell Ruiz
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 1999 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | investigadora, farmacéutica, bioquímica ![]() |
![]() |
Sara Borrell Ruiz, nada en Madrid en 1917 e finada na mesma cidade en 1999, foi unha farmacéutica e bioquímica española destacada polos seus traballos pioneiros sobre análises e metabolismo de hormonas esteroides.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tanto a avoa, Clementina Albèniz, que foi mestra da Asociación para la Enseñanza de la mujer, como o resto da familia, apoiaron os desexos de estudar de Sara. A súa familia era liberal e estivo comprometida en temas sociais. O seu pai, membro de Izquierda Republicana, estivo encarcerado ao acabar a Guerra Civil.[4]
Sara quixo estudar enxeñaría agrónoma pero ao non ser admitida decidiuse polos estudos de farmacia na Universidade de Madrid en 1933. Licenciouse en 1940 e obtivo o doutoramento en 1944, cunha tese sobre as augas do río Tajo.[5]
Traballou como profesora de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), onde realizou estudos sobre as proteínas do leite, traballos que lle levaron a investigar no Hanna Dairy Research Institute de Escocia, con Norman C. Wright.
En 1950 Gregorio Marañón animouna a investigar no entón recentemente creado Instituto de Endocrinoloxía Experimental, ofrecéndolle a posibilidade de complementar os seus estudos sobre bioquímica e metabolismo das hormonas no estranxeiro.
En 1963, por mor da morte de Gregorio Marañón, creouse o Instituto Gregorio Marañón e Sara encargouse da Sección de Esteroides. Neste mesmo ano creouse a Sociedade Española de Bioquímica da cal Sara foi socia fundadora. Xa en 1983 ao inaugurarse o Instituto Cajal do CISC entrou a traballar alí, onde permaneceu até a súa xubilación en 1989.
Cunha bolsa do CSIC, traballou en Cambridge nun proxecto sobre as reaccións relacionadas co escurecemento do leite, do que non se coñecía o fundamento químico que podería contribuír a evitalo. Os resultados publicáronse na revista británica Nature en 1952.[4]
Contribucións
[editar | editar a fonte]Sara introduciu en España os coñecementos e as técnicas que adquiriu ao longo das súas estancias no estranxeiro entre 1946 e 1961. Unha delas, por exemplo, en Massachusetts con G. Pincus, o inventor da pílula anticonceptiva, na Worcester Foundation for Experimental Biology e outra na Unidade de Investigación de Endocrinoloxía Clínica en Edimburgo. Pincus recomendouna para participar nas probas sobre a eficacia da pílula anticonceptiva en Porto Rico pero non quixo afastarse da súa familia.
Os seus traballos publicáronse en revistas científicas con difusión internacional. A maioría das súas investigacións pódense atopar no Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism, o Biochemical Journal, o Journal of Endocrinology e en Hormone Research.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O Instituto de Saúde Carlos III deu o seu nome a un programa de axudas para contratos posdoutorais.[1][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Santesmases, María Jesús. "Sara Borrell Ruiz" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de xullo de 2013. Consultado o 9 de febreiro de 2017.
- ↑ "Científicas españolas". Consultado o 9 de febreiro de 2017.
- ↑ Habla. Tu revista digital (ed.). "15 mentes científicas españolas". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Santesmases (2017)
- ↑ Ruiz, Sara Borrell y (1942). "Análisis de las aguas del Río Tajo" (en español). Consultado o 30 de decembro de 2017.
- ↑ "Guía Ayuda CONTRATOS SARA BORRELL" (PDF). ISCIII.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
- Santesmases , María Jesús (2017). "Género, afición y mérito: una biografía de Sara Borrell Ruiz". Arenal: Revista de historia de mujeres 24 (2): 287–318. ISSN 1134-6396.