Ministerio de Traballo e Economía Social (España)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ministerio de Traballo e Economía Social | |
---|---|
Tipo | ministerio de España |
Data de fundación | 22 de decembro de 2011 |
Data de disolución | 1 de xuño de 2018 |
Sede | Nuevos Ministerios |
País | España |
Na rede | |
http://www.empleo.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ministerio de Traballo e Economía Social de España é o departamento ministerial con competencias en relacións laborais, de emprego e de economía social. A súa titular é Yolanda Díaz.
Historia
[editar | editar a fonte]O Ministerio de Traballo é un dos ministerios con maior historia, tendo as súas orixes a principios do século XX. O ministerio foi fusionado en multitude de ocasións co ministerio de sanidade ou mesmo co ministerio de agricultura, con todo, a tendencia sempre foi a de ser un ministerio autónomo con competencias non só en emprego, senón tamén nos ámbitos da seguridade social e migración.
A súa nomenclatura do ministerio mantívose sempre como Ministerio de Traballo, fóra dos gobernos de Mariano Rajoy na que cambio á denominación de 'Ministerio de Emprego'.
En xaneiro de 2020, no goberno de coalición PSOE Unidas-Podemos presidido por Pedro Sánchez o ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social desdobrouse en dous:
- Ministerio de Traballo e Economía Social, titular: Yolanda Díaz.[1]
- Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, titular: José Luis Escrivá.[2]
Lista de ministras e ministros de Traballo
[editar | editar a fonte]- (1) Ministerio de Traballo e Previsión Social
- (2) Ministerio de Traballo, Sanidade e Previsión Social
- (3) Ministerio de Traballo, Sanidade e Xustiza
- (4) Ministerio de Traballo e Previsión
- (5) Ministerio de Traballo e Asistencia Social
- (6) Ministerio de Traballo
- (7) Ministerio de Agricultura e Traballo
- (8) Ministerio de Traballo, Sanidade e Seguridade Social
- (9) Ministerio de Traballo e Seguridade Social
- (10) Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais
- (11) Ministerio de Traballo e Inmigración
- (12) Ministerio de Traballo, Comercio e Industria
- (13) Ministerio de Acción e Organización Sindical
- (14) Ministerio de Emprego e Seguridade Social
- (15) Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social
Funcións
[editar | editar a fonte]Corresponde ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social a proposta e execución da política do Goberno en materia de emprego e de Seguridade Social, así como o desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:[3]
- Secretaría de Estado de Migracións.
- Secretaría de Estado da Seguridade Social.
- Secretaría de Estado de Emprego.
- Subsecretaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
O Consello Económico e Social queda adscrito ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Laboral -". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14.
- ↑ "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Seguridad Social". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14.
- ↑ "BOE.es - Documento BOE-A-2018-10244".