Manuel Chaves
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Manuel Chaves González, nado en Ceuta en 1945, é un político español do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Ostentou o cargo de presidente da Xunta de Andalucía entre 1990 e 2009, de vicepresidente terceiro do Goberno de España e ministro de Política Territorial entre 2009 e 2011, e foi presidente do PSOE dende 2000 até 2012.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e mocidade
[editar | editar a fonte]Naceu o 7 de xullo de 1945 en Ceuta. Iníciase na política a mediados dos anos 1960 mentres estudaba Dereito. Durante esta época coñece a diversos militantes antifranquistas sevillanos como Amparo Rubiales, Javier Pérez Royo, Rafael Escuredo ou ata Felipe González.
É militante do PSOE e da UGT desde 1968.
Inicios profesionais
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito pola Universidade de Sevilla, exercendo nela como profesor non numerario ata que aprobou a súa tese doutoral titulada O accidente de traballo por acto de terceiro, conseguindo unha praza de profesor titular, nun primeiro momento en Bilbao e posteriormente na Facultade de Dereito de Córdoba.
Foi deputado pola provincia de Cádiz no Congreso desde 1977 ata 1990.
Primeira etapa como ministro do Goberno (1986 - 1990)
[editar | editar a fonte]Ocupou o cargo de ministro de Traballo e Seguridade Social de España entre 1986 e 1990, co goberno de Felipe González (IV Lexislatura).
En 1988 sufriu unha folga xeral (a primeira na actual democracia española) convocada entre outros, pola UGT e por CCOO debido ó seu proxecto de lei consistente na aprobación dunha serie de modelos contractuais "en prácticas".
Presidente autonómico (1990 - 2009)
[editar | editar a fonte]En 1990, obtivo a presidencia da Xunta de Andalucía. De forma informal, considerábaselle entón como un dos tres baróns do PSOE, xunto a Juan Carlos Rodríguez Ibarra e José Bono, tamén presidentes autonómicos.
Trala derrota do seu partido nas eleccións xerais do 12 de marzo de 2000, pola cal dimitiu Joaquín Almunia como secretario xeral, fíxose cargo da Comisión Política (nome que se lle deu á xestora). Como presidente da mesma, organizou o 35º Congreso do PSOE, no cal sería elixido secretario xeral José Luis Rodríguez Zapatero. En agradecemento ós servizos prestados ó partido en tan delicada situación, foi proposto para o cargo de presidente do PSOE polo propio Zapatero, cargo que ostentou até 2012.
Nas eleccións autonómicas celebradas en Andalucía o 9 de marzo de 2008, Chaves revalidou a súa maioría absoluta.
Segunda etapa como Ministro do Goberno (2009 - Actualidade)
[editar | editar a fonte]O 7 de abril do 2009 volveu ao Goberno central, tras ser nomeado por Zapatero como Vicepresidente Terceiro e Ministro de Política Territorial. Ese mesmo día dimitiu como Presidente da Xunta de Andalucía e Deputado rexional. Segundo explicou Zapatero ao anunciar os cambios no Goberno, Chaves ten a responsabilidade do diálogo coas comunidades autónomas. Como tal, ten que dirixir a negociación da financiamento autonómica e selar un acordo coas autonomías de réxime común.
Predecesor: Joaquín Almunia |
Ministro de Traballo e Seguridade Social de España 1986 - 1990 |
Sucesor: Luís Martínez Noval |
Predecesor: José Rodríguez de la Borbolla |
Presidente da Xunta de Andalucía 1990 - 2009 |
Sucesor: José Antonio Griñán |
Predecesor: Ramón Rubial |
Presidente do PSOE 2000 - Actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Nova creación |
Vicepresidente Terceiro do Goberno de España 2009 - 2011 |
Sucesor: extinto |
Predecesor: Elena Salgado |
Ministro de Política Territorial de España 2009 - 2011 |
Sucesor: Cristóbal Montoro |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ministros de España
- Presidentes da Xunta de Andalucía
- Políticos do PSOE
- Alumnos da Universidade de Sevilla
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)