Jacinto Argaya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1903 Bera, España |
Morte | 12 de marzo de 1993 (89 anos) Valencia, España |
Bispo de Donostia | |
18 de novembro de 1968 – 16 de febreiro de 1979 ← Lorenzo Bereciartua – José María Setién → Diocese: Diocese de San Sebastián | |
Bispo de Mondoñedo-Ferrol | |
19 de marzo de 1959 – 18 de novembro de 1968 – Miguel Anxo Araúxo Iglesias → Diocese: Diocese de Mondoñedo-Ferrol | |
Bispo de Mondoñedo | |
12 de setembro de 1957 – 19 de marzo de 1959 ← Mariano Vega Mestre Diocese: diocese de Modoñedo | |
Bispo titular | |
15 de agosto de 1952 – Diocese: diocese de Gera | |
Bispo auxiliar da arquidiocese de Valencia | |
15 de agosto de 1952 – Diocese: arquidiocese de Valencia | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1952–), sacerdote católico (1928–) |
Consagración | Marcelino Olaechea |
Premios | |
Jacinto Argaya Goicoechea, nado en Bera o 28 de novembro de 1903 e finado en Valencia o 12 de marzo de 1993, foi un bispo católico navarro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado bispo auxiliar de Valencia o 15 de agosto de 1952, recibindo a ordenación episcopal o 26 de outubro de mans do arcebispo Marcelino Olaechea. O 27 de outubro de 1957 foi nomeado bispo de Mondoñedo. Participou en todas as sesións do Concilio Vaticano II sen ausentarse, xunto co cardeal Pericle Felici, ningún día dos que durou. Tomou posesión como bispo de Donostia o 10 de decembro de 1968.
Como bispo de Donostia publicou o 22 de novembro de 1970 unha carta pastoral co gallo do proceso de Burgos, asinada conxuntamente co administrador apostólico de Bilbao, José María Cirarda. Nela pedían que o xuízo non se celebrara baixo xustiza militar senón baixo tribunais ordinarios, e condenando toda violencia sen importar a súa orixe. Aínda que recibiron moitas críticas de sectores afíns ao réxime, a Conferencia Episcopal Española emitiu unha declaración de apoio aos prelados.[1]
Cesou, por renuncia no cargo, o 17 de febreiro de 1979.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MARÍN, José María; MOLINERO, Carme (2001). Ediciones AKAL, ed. Historia política de España, 1939-2000 2. p. 194. ISBN 9788470903199.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Mariano Vega Mestre |
Bispo de Mondoñedo-Ferrol 1957 - 1968 |
Sucesor: Miguel Anxo Araúxo Iglesias |
Predecesor: Lorenzo Bereciartúa |
Bispo de San Sebastián 1968 - 1979 |
Sucesor: José María Setién |