Jacobo Copa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 2006 (18 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey a patíns |
Jacobo Copa Chas, nado na Coruña o 15 de febreiro de 2006, é un xogador de hóckey a patíns galego, que milita no Liceo da Coruña, da OK Liga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do histórico xogador do Dominicos e do Liceo da Coruña Juan Copa, seguiu os pasos de seu pai e comezou a xogar ao hóckey a patíns na canteira do Dominicos.[1] Pasou polas diferentes categorías inferiores do club e en outubro de 2021 debutou co primeiro equipo na OK Liga Prata, sendo o xogador de menos idade da categoría.[2] No equipo da Cidade Vella da Coruña coincidiu con xogadores como o internacional Martín Payero, 29 anos máis vello que el.[2]
Habitual nas convocatorias das categorías inferiores da selección española, axiña se converteu na maior promesa do hóckey galego,[3] e en 2024, aos 18 anos de idade, fichou polo Liceo, da OK Liga. No club verde e branco, adestrado por seu pai, coincidiu tamén co seu padriño, Pablo Cancela.[4]
Selección española
[editar | editar a fonte]Internacional coas diferentes categorías da selección española, conquistou coa sub-17 o Campionato de Europa da categoría en dúas ocasións (2021 e 2022). Na segunda delas exerceu como capitán e foi elixido no cinco ideal do torneo.[1] En 2023 disputou o Europeo sub-19, conseguindo a medalla de prata tras perder a final contra Portugal.[5]
No verán de 2024 capitaneou a selección española sub-19 no Campionato do Mundo celebrado en Novara, guiando o seu equipo á vitoria final. Marcou catro goles durante o torneo, incluído un de falta na final ante Portugal.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Zaballa, Pablo (16 de xuño de 2024). "Jacobo Copa, la guinda del Deportivo Liceo más coruñés". Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 "Cuando Jacobo Copa nacía, Martín Payero ya goleaba". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ Zaballa, Pablo (25 de xuño de 2024). "Martín Rodríguez y Jacobo Copa redondean el Liceo más 'koruño'". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ Zaballa, Pablo (23 de setembro de 2024). "Jacobo Copa: "No me gusta perder a nada y menos en un Mundial"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ "España no puede con Portugal, que gana el Europeo sub-19 masculino" (en castelán). 17 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ "Jacobo Copa: “Estoy en una nube, aún es un sueño”". La Opinión A Coruña (en castelán). 23 de setembro de 2024. Consultado o 23 de setembro de 2024.