Martín Payero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1977 (47 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey sobre xeo |
Deporte | hóckey sobre xeo |
Martín Ernesto Payero López, nado en San Juan o 9 de setembro de 1977,[1] é un xogador de hóckey a patíns arxentino-angolano que xoga como dianteiro no A.C. Ordes de Ordes, da OK Liga Prata, e no Académica de Luanda, da liga angolana.
Foi internacional coa selección arxentina, coa que se proclamou subcampión do mundo en 2005 e dende a súa nacionalización en 2013 xoga coa selección de Angola. Disputou un total de sete Campionatos do Mundo entre as dúas seleccións.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como xogador de hóckey nos clubs Loma Negra e Unión Vecinal de Trinidad, da súa cidade natal, antes de chegar á Coruña en 1998 para xogar no filial do HC Liceo.[2]
Na tempada 1999/00 comezou a alternar partidos do filial cos do primeiro equipo e o 1 de abril de 2000 marcou o seu primeiro gol na máxima categoría do hóckey español, nunha vitoria por 6-1 fronte ao Reus.[3] Na 2000/01 converteuse en xogador do cadro do primeiro equipo, asinando un contrato por dous anos, despois de ter marcado 23 goles co filial a tempada pasada.[4] O equipo rematou subcampión de Europa, con 13 goles de Payero na competición continental. Na tempada 2001/02 foi o segundo máximo goleador da liga con 38 goles, dous menos que Gaby Cairo.[5] Tras non chegar a un acordo co Liceo para a renovación marchou a Portugal, fichando polo OC Barcelos.[6]
Co club de Barcelos gañou dúas Copas de Portugal consecutivas e logrou dous subcampionatos de liga por detrás do FC Porto, ademais de conquistar dúas Supercopas. Na Copa de Europa 2003/04 anotou catro goles nas dúas vitorias fronte ao Liceo, o seu ex equipo, meténdose nas semifinais e deixando fóra ao club galego.[7][8] Na tempada 2004/05 anotou 31 goles no Campionato Nacional.[9]
Tras a chegada de Eduardo Lamas á presidencia do Liceo, este tentou incorporar de novo ao arxentino ao equipo coruñés, feito que se materializou en xaneiro de 2006.[10][11] A súa volta ao Liceo coincidiu cunha das peores etapas deportivas do Liceo, con malos resultados en liga e con varios anos sen gañar ningún título, unha mala xeira que acabou na tempada 2009/10 coa conquista da Copa CERS e o subcampionato de liga. Anotou máis de 100 goles na súa segunda etapa no Liceo.[9]
Para a tempada 2010/11 foi cedido ao Borbolla, pero non chegou a debutar por un desacordo do club de Monte Alto co Liceo, que impediu que xogase a pesar de que a Federación tiña tramitada a súa ficha co Borbolla.[12][13] Tamén en 2010 comezou a militar no Académica de Luanda en Angola,[14] club no que xoga dende entón de xeito simultáneo aos equipos galegos,[15][16] e co que leva gañadas seis ligas angolanas (en 2010, 2012, 2013, 2017, 2018 e 2018/19), cinco Copas de Angola (en 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019) e sete Supercopas (en 2010, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019).
Na tempada 2011/12 xogou no A.C. Ordes, na súa primeira tempada na Primeira División (segunda categoría do hóckey), onde marcou 18 goles e logrou a permanencia, pero o club acabou por renunciar a xogar en dita categoría máis tempadas por falta de orzamento.[17]
En 2012 fichou polo CP Cerceda adestrado por Juan Copa,[18] co que logrou o ascenso á OK Liga esa mesma tempada, sendo o máximo goleador do campionato de Primeira División con 36 goles.[9] Na tempada 2014/15 marcou 33 goles en só 18 partidos.[19] Xogou no equipo cercedense ata a súa desaparición en 2016, chegando a disputar dúas edicións da Copa CERS, e converténdose no máximo goleador da curta historia do club, con 116 tantos.[9]
En xaneiro de 2017 volveu ao Liceo, onde xogou ata 2019, obtendo dous novos subcampionatos de liga.[20]
En outubro de 2019, aos 42 anos de idade, fichou polo AA Dominicos, da OK Liga Prata, co que debutou despois de rematar a tempada en Angola, onde conquistou o seu sexto título de liga co Académica..[21][22] Xogou 8 partidos na súa primeira tempada no club da Cidade Vella da Coruña, marcando 6 goles.[9] Xa na tempada 2020/21 os seus números incrementáronse ata os 24 goles en 20 partidos, mentres que na seguinte marcou 8 tantos en 13 partidos de liga. De cara a temporada 2023-24 fichou polo A.C. Ordes de Ordes, equipo recién ascendido á OK Liga Prata e no que Payero xa militara na tempada 2011-2012. O A.C. Ordes xogará na mesma categoría que o AA Dominicos, equipo no que militara nas últimas 4 tempadas.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Arxentina
[editar | editar a fonte]En 2001 disputou coa selección da Arxentina a Copa das Nacións de Montreux, rematando en cuarta posición e en 2003 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo, onde a selección arxentina rematou tamén cuarta, con Payero como terceiro máximo goleador do campionato con 11 goles. Na seguinte cita mundial, en 2005, anotou 6 goles, acabando o seu equipo subcampión do mundo.[23]
Angola
[editar | editar a fonte]En 2013 o Parlamento de Angola debateu a súa solicitude de nacionalización, aprobándoa con 143 votos a favor e ningún en contra.[24][25] Debutou coa selección angolana en agosto dese mesmo ano no Torneo José Eduardo dos Santos.[26] Disputou o Campionato do Mundo de 2013 celebrado en Angola, onde o seu equipo caeu eliminado na fase de grupos. Dous anos despois quedou cuarto co combinado angolano na Copa das Nacións de Montreux 2015 e disputou o Campionato do Mundo 2015, onde acabou como terceiro máximo goleador, con 10 goles. No Mundial de 2017 enfrontouse en cuartos de final á Arxentina, a súa antiga selección, caendo eliminado o equipo angolano na prórroga.
En 2019, con 41 anos, disputou o seu sexto Campionato do Mundo, onde Angola acabou sexta. Tamén participou ese ano na Copa das Nacións, cunha cuarta posición final, e conquistou a primeira edición do Campionato Africano.[27] En 2022 participou aos seus 45 anos no seu sétimo Mundial, repetindo con Angola o sexto posto da edición anterior.
Equipos
[editar | editar a fonte]- OC Barcelos: 2002-2006
- H.C. Liceo: 2005-2011
- Académica de Luanda: 2010-actualidade
- A.C. Ordes: 2011-2012
- Club Patín Cerceda: 2012-2016
- H.C. Liceo: 2016-2019
- A.A. Dominicos: 2019-2023
- A.C. Ordes: 2023-actualidade
Palmarés
[editar | editar a fonte]HC Liceo
[editar | editar a fonte]- 1 Copa CERS: 2010.
- 2 Supercopas de España: 2016, 2018.
OC Barcelos
[editar | editar a fonte]- 2 Copas de Portugal: 2002-03 e 2003-04.
- 2 Supercopas de Portugal: 2002-03 e 2003-04.
Académica de Luanda
[editar | editar a fonte]- 1 Campionato Africano de Clubs: 2010.
- 6 Campionatos Nacionais de Angola: 2010, 2012, 2013, 2017, 2018, 2018/19.[1]
- 5 Copas de Angola de hóckey a patíns: 2015, 2016, 2017, 2018, 2019.
- 7 Supercopas de Angola: 2010, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019.
Selección de Angola
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 MundoOk (ed.). "Martín Payero" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019.
- ↑ Varela, María (14 de baril de 2016). "La eterna juventud de Martín Payero". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ Ferreiro, M. (2 de abril de 2000). "El Liceo golea al Reus y se afianza en la segunda plaza". La Voz de Galicia (en castelán). p. 62.
- ↑ Perulero, Julia (15 de agosto de 2000). "El filial del Liceo arranca la pretemporada". La Voz de Galicia (en castelán). p. 37.
- ↑ "Reus será el rival del Barça". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de maio de 2002. p. 39. Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ "El Liceo precisa ganar para depender de sí mismo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de abril de 2002. p. 33.
- ↑ "Martín Payero fulmina al Liceo en Barcelos". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de febreiro de 2004. p. 47.
- ↑ "Payero apea al Liceo de la final a cuatro europea". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 21 de marzo de 2004. p. 40.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "Martin Payero Lopez". rinkhockey.net (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "El Liceo anuncia el regreso de Payero antes de ficharlo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de novembro de 2005. p. 42.
- ↑ "Payero vuelve «con ganas de ver al Liceo arriba»". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 2006. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "El Liceo impide al Borbolla que alinee a Martín Payero después de haber autorizado su cesión". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ Varela, María (23 de novembro de 2010). "El Liceo frena la cesión de Martín Payero al Borbolla". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Académica de Luanda reforçada" (en portugués). 6 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "El Patín Cerceda recibe esta noche al Mataró en la jornada de la OK Liga". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "El penúltimo tango de Payero". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2020.
- ↑ "El AC Órdenes renuncia a jugar en Primera por falta de dinero". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2019.
- ↑ "“Me gustaría volver a jugar en OK Liga” Martín Payero (Jugador argentino del Patín Cerceda)" (en castelán). 22 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2022. Consultado o 23 de novembro de 2022.
- ↑ "El argentino Martín Payero, el gran ausente". La Opinión A Coruña (en castelán). 27 de outubro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Payero vuelve al Liceo casi siete años después". DxT Campeón (en castelán). 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Veteranía para guiar a la cantera". La Opinión A Coruña (en castelán). 16 de outubro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Hóquei em patins: Académica de Luanda revalida título angolano no prolongamento" (en portugués). 25 de novembro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "España logra su duodécimo título mundial". El Mundo (en castelán). 15 de agosto de 2005. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Nacionalização de Reggie Moore em debate no parlamento" (en portugués). 5 de xullo de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Payero confirmado para o Mundial em setembro" (en castelán). 19 de xullo de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Martin Payero estreia-se com empate na selecção" (en portugués). 11 de agosto de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Angola é campeã africana e vai ao Mundial" (en portugués). 10 de marzo de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |