Jacobo Varela de Limia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1878 Santiago de Compostela, España |
Morte | 2 de febreiro de 1935 (56/57 anos) Santiago de Compostela, España |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | José Varela de Limia |
Jacobo Varela de Limia Menéndez, nado en Santiago de Compostela en 1878 e finado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1935, foi un avogado, xornalista e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Varela López de Limia e Cándida Menéndez Jove-Huergo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Exerceu a avogacía en Santiago de Compostela e foi concelleiro. Foi director de Diario de Galicia e El Ideal Gallego, posto que abandonou para ser catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Impulsou numerosos sindicatos agrícolas confesionais e fundou a Federación Católica Agraria da diocese de Santiago de Compostela, da que foi presidente. Desempeñou o cargo de tesoureiro da Confederación Nacional Católica Agraria en Madrid (1921-1924). Vinculado ao maurismo, na ditadura de Primo de Rivera foi gobernador civil de Lugo (1923-1926). Presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias e o matadoiro do Porriño. Adscribiuse ao grupo da Democracia Cristiá e ao secretariado de Galicia en Madrid. Publicou en 1918 o folleto rexionalista conservador Orientaciones regionalistas e presentou o relatorio "La cooperación en la producción" no I Congreso Nacional Cerealista de Valladolid (1926).
Obras
[editar | editar a fonte]- Orientaciones regionalistas, 1918.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo VARELA DE LIMIA Y MENÉNDEZ, Jacobo, por Alberto Martínez López, Gran Enciclopedia Galega