Jacqueline Evans (conservacionista)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1970 (53/54 anos) Nova Zelandia |
Educación | Universidade do Pacífico Sur Universidade de Hawai en Mānoa |
Actividade | |
Ocupación | ecoloxista |
Premios | |
|
Jacqueline (Jacqui) Evans, nada en 1971, é unha conservacionista mariña das Illas Cook. Os seus esforzos para protexer o ambiente mariño en torno ás illas deron froitos en xullo de 2017, cando o goberno creou o parque mariño Marae Moana. Ela prevía a xestión sustentable de 763.000 millas cadradas (1,98 millóns de km²) de territorio oceánico e 15 zonas de exclusión máis protexidas que cobren 324.000 km². En recoñecemento polos seus esforzos, en abril de 2019 Evans foi unha dos seis ambientalistas en recibir o Premio Ambiental Goldman.[1][2]
Xuventude e formación
[editar | editar a fonte]Nacida en 1971, Jacqueline Evans era filla de Mereana Henry das Illas Cook e de Roger Evans de Inglaterra. Foi criada en Masterton, Nova Zelandia, xunto cos seus seis irmáns máis vellos. Cando tiña 15 anos, mudouse para as Illas Cook cos seus pais. Estabelecéronse en Tupapa, na illa de Rarotonga, onde ela completou os seus estudos no Tereora College.[3][4] A partir de 1993, frecuentou a Universidade do Pacífico Sur en Fidxi, graduándose cun bacharelato universitario en ciencias en estudos ambientais en 1995. Máis tarde, obtivo un máster en xeografía na Universidade de Hawai en Manoa (2001–2004).[5][6]
Carreira
[editar | editar a fonte]O interese de Evans pola vida mariña comezou cando se foi de viaxe escolar a unha lagoa cando tiña 16 anos. Mentres practicaba esnórquel, quedou impresionada pola beleza dos corais e os peixes de cores. Foi entón cando decidiu converterse en conservacionista mariña.[7]
Despois de traballar por primeira vez como oficial de vixilancia pesqueira, foi empregada polo Servizo de Conservación das Illas Cook. En 2005, incorporouse ao Ministerio de Saúde onde supervisou os efectos das augas residuais na contorna marítima. Cinco anos despois, foi nomeada directora de programas na ONG ambiental Te Ipukarea Society, colaborando con axencias gobernamentais no desenvolvemento de estruturas para o parque mariño. O obxectivo era lograr un equilibrio entre o uso dos recursos naturais e as necesidades de conservación.[2][5]
No seu esforzo por obter o apoio do público para o parque mariño, viaxou extensamente polas illas con expertos gobernamentais e de ONGs, xerando confianza coas comunidades locais. Traballando cun asesor legal, organizou un concurso que levou á elección de "Marae Moana" (Océano Sacro) como o nome do parque.[2] Tamén se beneficiou da colaboración de Kevin Iro, ex-xogador de rugby e membro da xunta de turismo.[3]
A pesar dunha serie de obstáculos, o 13 de xullo de 2017 o goberno adoptou a Lei Marae Moana que cobre a xestión sustentable do territorio oceánico das Illas Cook. Evans agora asumiu a responsabilidade do proxecto como directora da Oficina de Coordinación de Marae Moana, supervisando a súa aplicación.[2]
En recoñecemento aos seus logros, en abril de 2019, Jacqueline Evans recibiu o Premio Ambiental Goldman polo seu traballo na preservación da biodiversidade mariña e a protección das tradicións das Illas Cook.[3]
En xaneiro de 2020 creou a Fundación Moana para apoiar á ONG nas Illas Cook.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Meet the winners of the 2019 Goldman Environmental Prize". 29 de abril de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Jacqueline Evans". 29 de abril de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Building the world’s biggest MPA: Q&A with Goldman winner Jacqueline Evans". 30 de abril de 2019.
- ↑ "Sixty years of love, happiness". 31 de outubro de 2015. Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 "Marine protected areas champion in the Cook Islands - Jacqueline Evans". 27 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ "Jacqueline Evans". Consultado o 14 de febreiro de 2022.
- ↑ Brown, Gail (6 de xullo de 2018). "Pacific Women Leaders: Jacqui Evans". Embaixada e Consulado dos EEUU en Nova Zelandia. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. Consultado o 21 de maio de 2019.
- ↑ "Cook Islands environmentalist sets up new foundation". RNZ. 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2020.