Premio Medioambiental Goldman

O Premio Goldman é un premio que se concede anualmente como recompensa a defensores da natureza e o medio ambiente, repartido en 6 categorías en función da zona xeográfica: África, Asia, Europa, as nacións insulares, América do Norte, América Central e América do Sur.
O premio foi instituído en 1990 polos filántropos Richard N. Goldman (1920-2010) e Rhoda H. Goldman (1924-1996) para amosar que os problemas ambientais son internacionais, para dar atención pública a problemas globais de importancia crítica, para dar recoñecemento a individuos ordinarios que traballan para protexer e mellorar o medio ambiente, e para inspirar a outros para que sigan o exemplo dos gañadores do premio. A primeira cerimonia deste premio, coincidindo co Día da Terra, celebrouse o 16 de abril de 1990.
Richard Goldman fundou a Goldman Insurance Services en San Francisco. Rhoda Goldman era descendente de Levi Strauss.
Os nomeamentos aos premios son enviados por un grupo de institucións que traballen en temas ambientais, ao longo do mundo, e un grupo confidencial de 150 expertos ambientais, de máis de 70 nacións distintas.[1] Os nomeadores traballan sobre unha gran variedade de temas, incluíndo xustiza ambiental, dereitos indíxenas, protección aos recursos ambientais, biodiversidade e conservación, saúde ambiental, manexo de terras, entre moitos outros.
Os gañadores son seleccionados por un xurado interno.[1] Logo de notificados participan nunha xira de 10 días por San Francisco e Washington D. C., para participar na cerimonia de entrega de premios, conferencias e entrevistas.[2] O premio entrégase cada ano durante o mes de abril na cidade de San Francisco, e é considerado como o Premio Nobel da Ecoloxía ou Premio Nobel Verde.[3]
O Premio Goldman axuda a amplificar a voz aos gañadores e proporciónalles:
- Recoñecemento internacional que mellora a súa credibilidade
- Visibilidade mundial aos problemas que defenden
- Soporte financeiro para que poidan seguir loitando para facer realidade a súa visión dunha contorna renovada e protexida
Das persoas ás que se lles outorgou o Premio Goldman, dous foron asasinados pola súa causa: Isidro Baldenegro López de México foi asasinado o 15 de xaneiro de 2017 e Berta Cáceres de Honduras, asasinada o 3 de marzo de 2016.
Premiados
[editar | editar a fonte]Ordénanse os gañadores de cada ano seguindo a orde: África, Asia, Europa, Illas e nacións insulares, Norteamérica, América do Sur e central.[4]
1990
[editar | editar a fonte]- Michael Werikhe
Kenya
- Harrison Ngau Laing
Malaisia
- János Vargha
Hungría
- Bob Brown
Australia
- Lois Gibbs
Estados Unidos
- Janet Gibson
Belize
1991
[editar | editar a fonte]- Wangari Muta Maathai
Kenya
- Yoichi Kuroda
Xapón
- Eha Kern & Roland Tiensuu
Suecia
- Cath Wallace
Nova Zelandia
- Samuel LaBudde
Estados Unidos
- Evaristo Nugkuag
Perú
1992
[editar | editar a fonte]- Wadja Egnankou
Costa do Marfil
- Medha Patkar
India
- Christine Jean
Francia
- Jeton Anjain
Illas Marshall
- Colleen McCrory
Canadá
- Carlos Alberto Ricardo
Brasil
1993
[editar | editar a fonte]- Margaret Jacobsohn & Garth Owen-Smith
Namibia
- Dai Qing
China
- Sviatoslav Zabelin
Rusia
- John Sinclair
Australia
- JoAnn Tall
Estados Unidos
- Juan Mayr
Colombia
1994
[editar | editar a fonte]- Laila Iskander Kamel
Exipto
- Tuenjai Deetes
Tailandia
- Heffa Schücking
Alemaña
- Andrew Simmons
San Vicente e as Granadinas
- Matthew Coon Come
Canadá
- Luis Macas
Ecuador
1995
[editar | editar a fonte]- Ken Saro-Wiwa
Nixeria
- Yul Choi South
Corea do Sur
- Emma Must
Inglaterra
- Noah Idechong
Palau
- Aurora Castillo
Estados Unidos
- Ricardo Navarro
O Salvador
1996
[editar | editar a fonte]- Ndyakira Amooti
Uganda
- M.C. Mehta [1] Arquivado 01 de agosto de 2015 en Wayback Machine.
India
- Albena Simeonova
Bulgaria
- Bill Ballantine
Nova Zelandia
- Edwin Bustillos
México
- Marina Silva
Brasil
1997
[editar | editar a fonte]- Nick Carter
Zambia
- Loir Botor Dingit
Indonesia
- Alexander Nikitin
Rusia
- Fuiono Senio & Paul Cox
Samoa
- Terri Swearingen
Estados Unidos
- Juan Pablo Orrego
Chile
1998
[editar | editar a fonte]- Sven "Bobby" Peek
Suráfrica
- Hirofumi Yamashita
Xapón
- Anna Giordano
Italia
- Atherton Martin
República Dominicana
- Berito Kuwaru'wa
Colombia
- Kory Johnson
Estados Unidos
1999
[editar | editar a fonte]- Samuel Nguiffo
Camerún
- Ka Hsaw Wa
Myanmar
- Michal Kravcik
Eslovenia
- Jacqui Katona & Yvonne Margarula
Australia
- Bernard Martin
Canadá
- Jorge Varela
Honduras
2000
[editar | editar a fonte]- Alexander Peal
Liberia
- Oral Ataniyazova
Uzbekistán
- Vera Mischenko
Rusia
- Nat Quansah
Madagascar
- Rodolfo Montiel Flores
México
- Elías Díaz Peña & Óscar Rivas
Paraguai
2001
[editar | editar a fonte]- Eugène Rutagarama
Ruanda
- Yosepha Alomang
Indonesia
- Giorgos Catsadorakis & Myrsini Malakou
Grecia
- Bruno Van Peteghem
Nova Caledonia
- Jane Akre & Steve Wilson
Estados Unidos
- Óscar Olivera
Bolivia
2002
[editar | editar a fonte]- Fatima Jibrell
Somalia
- Pisit Charnsnoh
Tailandia
- Jadwiga Lopata
Polonia
- Alexis Massol-González
Porto Rico
- Sarah James & Jonathan Solomon e Norma Kassi
Canadá
- Jean A Rose
Güiana Francesa
2003
[editar | editar a fonte]- Odigha Odigha
Nixeria
- Von Hernández
Filipinas
- Pedro Arrojo Agudo
España
- Eileen Kampakuta Brown & Eileen Wani Wingfield
Australia
- Julia Bonds
Estados Unidos
- María Elena Foronda Farro
Perú
2004
[editar | editar a fonte]- Rudolf Amenga-Etego,
Ghana
- Rashida Bee e Champa Devi Shukla
India
- Manana Kochladze,
Xeorxia
- Demetrio do Amaral de Carvalho,
Timor Leste
- Margie Richard,
Estados Unidos
- Libia Groso
Colombia
2005
[editar | editar a fonte]- Corneille Ewango
República do Congo
- Kaisha Atakhanova
Kazakhstán
- Stephanie Danielle Roth
Romanía
- Jean-Baptiste Chavannes
Haití
- Isidro Baldenegro López
México, asasinado o 15 de xaneiro de 2017[5]
- José Andrés Tamayo Cortez
Honduras
2006
[editar | editar a fonte]- Silas Kpanan’ Siakor,
Liberia
- Yu Xiaogang,
China
- Olya Melen,
Ucraína
- Anne Kajir,
Papúa-Nova Guinea
- Craig E. Williams,
Estados Unidos
- Tarcisio Feitosa da Silva,
Brasil
2007
[editar | editar a fonte]- Hammerskjoeld Simwinga
Zambia
- Tsetsegee Munkhbayar
Mongolia
- Willie Corduff
Irlanda
- Orri Vigfússon
Islandia
- Sophia Rabliauskas
Canadá
- Julio Cusurichi
Perú
2008
[editar | editar a fonte]- Feliciano dos Santos
Mozambique
- Marina Rikhvanova
Rusia
- Ignace Schops
Bélxica
- Rosa Hilda Ramos
Porto Rico
- Jesús León Santos
México
- Pablo Fajardo Mendoza e Luís Yanza
Ecuador
2009
[editar | editar a fonte]- Marc Ona Essangui
Gabón
- Rizwana Hasan
Bangladesh
- Olga Speranskaya
Rusia
- Yuyun Ismawati
Indonesia
- Maria Gunnoe
Estados Unidos
- Wanze Eduards & Hugo Jabini
Suriname
2010
[editar | editar a fonte]- Thuli Brilliance Makama,
Eswatini[6]
- Tuy Sereivathana,
Camboxa
- Małgorzata Górska,
Polonia
- Humberto Ríos Labrada,
Cuba
- Lynn Henning,
Estados Unidos
- Randall Arauz,
Costa Rica
2011
[editar | editar a fonte]- Raoul du Toit,
Zimbabwe[6]
- Dmitry Lisitsyn
Rusia
- Ursula Sladek
Alemaña
- Prigi Arisandi
Indonesia
- Hilton Kelley,
Estados Unidos
- Francisco Pineda
O Salvador
2012
[editar | editar a fonte]- Ikal Angelei
Kenya
- Caroline Cannon
Estados Unidos
- Evgenia Chirikova
Rusia
- Edwin Gariguez
Filipinas
- Sofía Gatica
Arxentina
- Ma Jun
China
2013
[editar | editar a fonte]- Jonathan Deal
Suráfrica
- Azzam Alwash
Iraq
- Rossano Ercolini
Italia
- Aleta Baun
Indonesia
- Kimberly Wasserman
Estados Unidos
- Nohra Padilla
Colombia
2014
[editar | editar a fonte]- Desmond D'Sa
Suráfrica
- Ramesh Agrawal
India
- Suren Gazaryan
Rusia
- Rudi Putra
Indonesia
- Helen Slottje
Estados Unidos
- Ruth Buendía
Perú
2015
[editar | editar a fonte]- Myint Zaw
Myanmar[7]
- Marilyn Baptiste
Canadá
- Jean Wiener
Haití
- Phyllis Omido
Kenya
- Howard Wood
Escocia
- Berta Cáceres
Honduras asasinada o 3 de marzo de 2016[8]
2016
[editar | editar a fonte]- Máxima Acuña,
Perú.[9]
- Zuzana Caputova,
Eslovenia.[10]
- Luís Jorge Rivera Herrera,
Porto Rico.[11]
- Edward Loure,
Tanzania.[12]
- Leng Ouch,
Camboxa.[13]
- Destiny Watford,
Estados Unidos.[14]
2017
[editar | editar a fonte]- Wendy Bowman,
Australia
- Rodrigue Mugaruka Katembo,
R.D. do Congo
- mark! Lopez,
Estados Unidos
- Uroš Macerl,
Eslovenia
- Prafulla Samantara,
India
- Rodrigo Tot,
Guatemala
2018
[editar | editar a fonte]- Makoma Lekalakala e Liz McDaid
Suráfrica
- Khan Nguy
Vietnam
- Claire Nouvian
Francia
- Manny Calonzo
Filipinas
- LeeAnne Walters
Estados Unidos
- Francia Márquez
Colombia
2019
[editar | editar a fonte]- Alberto Curamil
Chile
- Alfred Brownell
Líbano
- Bayarjargal Agvaantseren
Mongolia
- Ana Colovic Lesoska
Macedonia do Norte
- Jacqueline Evans (conservacionista)
Illas Cook
- Linda García (ambientalista)
Estados Unidos
2020
[editar | editar a fonte]Os gañadores do premio foron anunciados o 1 de decembro de 2020.[15]
- Leydy Pech
México
- Kristal Ambrose
Bahamas
- Paul Sein Twa
Myanmar
- Lucie Pinson
Francia
- Chibeze Ezekiel
Ghana
- Nemonte Nenquimo
Ecuador
2021
[editar | editar a fonte]- Gloria Majiga-Kamoto
Malawi
- Thai Van Nguyen
Vietnam
- Maida Bilal
Bosnia e Hercegovina
- Kimiko Hirata
Xapón
- Sharon Lavigne
Estados Unidos
- Liz Chicaje Churay
Perú[16]
2022
[editar | editar a fonte]- Chima Williams
Nixeria
- Niwat Roykaew
Tailandia
- Marjan Minnesma
Países Baixos
- Julien Vincent
Australia
- Nalleli Cobo
Estados Unidos
- Alex Lucitante e Alexandra Narváez Trujillo
Ecuador[17][18]
2023
[editar | editar a fonte]- Zafer Kizilkaya
Turquía
- Alessandra Korap Munduruku
Brasil
- Chilekwa Mumba
Zambia
- Tero Mustonen
Finlandia
- Delima Silalahi
Indonesia
- Diane Wilson
Estados Unidos[19][20]
2024
[editar | editar a fonte]- Sinegugu Zukulu e Nonhle Mbuthuma
Suráfrica
- Alok Shukla
India
- Teresa Vicente
España
- Murrawah Maroochy Johnson
Australia
- Andrea Vidaurre
Estados Unidos
- Marcel Gomes
Brasil[21][22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Páxina oficial do Premio Ambiental Goldman: Nomeadores (inglés)
- ↑ Sobre el premio (en castelán)
- ↑ "Columna | El Nobel de ecología". El País (en castelán) (Ediciones El País). 4 de xuño de 2008. ISSN 1134-6582. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Prize Recipients". Goldman Environmental Foundation. Consultado o 2021-08-09.
- ↑ El asesinato de un ambientalista en México genera alarma en América Latina Publicado por The New York Times
- ↑ 6,0 6,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 15 de xuño de 2011.
- ↑ Prize Recipients
- ↑ Matan a Berta Cáceres, la hondureña que le torció la mano al Banco Mundial y a China Publicado por BBC Mundo
- ↑ "Máxima Acuña". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Zuzana Caputova". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Luis Jorge Rivera Herrera". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Edward Loure". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Leng Ouch". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Destiny Watford". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ ELCACHO CLEMENTE, JOAQUIM (2020-12-01). "Estos son los seis premios Goldman 2020, los ‘Nobel’ del medio ambiente". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2020-12-01.
- ↑ Duggan, Tara (15 de xuño de 2021). "Goldman prize winners fought illegal logging, chemical plants and plastic pollution in their communities". San Francisco Chronicle. Consultado o 16 de xuño de 2021.
- ↑ "Introducing the 2022 Goldman Environmental Prize Winners". Goldman Environmental Prize. 25 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ Lakhani, Nina (25 de maio de 2022). "Indigenous activists among Goldman environmental prize winners". The Guardian. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ "Introducing the 2023 Goldman Environmental Prize Winners". Goldman Environmental Prize. 24 de abril de 2023. Consultado o 24 de abril de 2023.
- ↑ Lakhani, Nina (24 de abril de 2023). "2023 Goldman environmental prize winners include Texas Gulf coast defender". The Guardian. Consultado o 24 de abril de 2023.
- ↑ "Introducing the 2024 Goldman Environmental Prize Winners". Goldman Environmental Prize. 29 de abril de 2024. Consultado o 29 de abril de 2024.
- ↑ Lakhani, Nina (29 de abril de 2024). "Activist wins Goldman prize for effort to clean up California trucking and railway sectors". The Guardian. Consultado o 29 de abril de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Premio Ambiental Goldman
- Entrevistas ós gañadores en Grist Magazine (inglés): 2003Arquivado 15 de maio de 2008 en Wayback Machine., 2004Arquivado 29 de agosto de 2008 en Wayback Machine., 2005Arquivado 29 de agosto de 2008 en Wayback Machine., 2006Arquivado 11 de outubro de 2008 en Wayback Machine..