Janet Gibson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Belize |
Actividade | |
Ocupación | bióloga, zoóloga |
Premios | |
Janet Gibson é unha bióloga e zoóloga beliciana que conseguiu o Premio Ambiental Goldman en 1990 polos seus esforzos de conservación dos ecosistemas mariños ao longo da costa de Belize, en particular o sistema de reservas da barreira do arrecife. Á Barreira do Arrecife de Belize, a UNESCO concedeulle o título de Patrimonio da Humanidade en 1996 grazas aos esforzos de Gibson entre outros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Janet Gibson naceu en Belize e estudou nos Estados Unidos bioloxía e zooloxía.[Cómpre referencia] A medianos da década de 1980 empezou a traballar como voluntaria para a Belize Audubon Society. Entre 1985 e 1987, traballou para crear a Reserva mariña de Hol Chan, facendo campaña cos cidadáns, as empresas, os pescadores e o goberno de Belize para conseguir unha reserva protexida e educándoos sobre a necesidade do proxecto. Desenvolveu un plan de xestión, traballou para garantir o financiamento e sacou o proxecto adiante.[1] Os seus esforzos foron exitosos e en 1987 constituíuse a reserva oficial, sendo a primeira dese tipo en América Central.[1] A reserva cobre ao redor de tres millas cadradas e é unha zona protexida que permitiu a rexeneración dos peixes que previamente se extinguiran, conseguindo unha gran variedade de peixes dos que agora poden gozar os mergulladores.[2]
En 1988, Gibson deseñou un plan de xestión para o atol de coral Glover e tamén empezaron os esforzos para asegurar o estado de reserva do arrecife Glover.[1][3] En 1990, axudou a establecer unha Unidade de Xestión da Zona Costeira como parte do departamento de Pesca.[4] Gibson uniuse á Sociedade de Conservación da Fauna e Flora de Belize (WCS) e en 1993, grazas aos seus esforzos, xunto co apoio doutras organizacións, designouse como reserva protexida para Belize.[5] Gibson e outras persoas, ao traballar protexendo o medio ambiente, empezaron a darse conta de que a protección individual era insuficiente sen un enfoque de xestión que protexese a zona de barreira enteira ou forzas externas como a proliferación de algas xerada a partir de residuos da plantación de froitas, a sobre-pesca noutras áreas que causaba danos colaterais, ou a sedimentación causada polo desenvolvemento, xa que estes aspectos estaban a ter un efecto prexudicial. Traballando con axencias de xestión da auga, con representantes forestais, con outros grupos ambientais e cos cidadáns, en 1993 adaptouse un plan para formalizar a protección do arrecife para que fose declarado Patrimonio Mundial natural. Despois de varios anos de planear e de traballar, o nomeamento concedeuse en novembro de 1996 pola UNESCO.[6]
Gibson forma parte da Sociedade de Conservación de Fauna e Flora de Belize e publicou numerosos traballos científicos.[1]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- Gibson, Janet (1986). The coral reef. Belize: Reef Preservation Fund. OCLC 713021823.
- Gibson, J. P.; Price, Andrew; Young, E. R.; World Conservation Monitoring Centre (1993). Guidelines for Developing a Coastal Zone Management Plan for Belize: The GIS Database. IUCN. ISBN 978-2-8317-0156-1.
- Gibson, Janet; McField, Melanie D.; Wells, Sue (1998). "Coral reef management in Belize: an approach through Integrated Coastal Zone Management" 39. ElSevier Science Ltd.: 229–244. doi:10.1016/s0964-5691(98)00007-6.Océano & Administración Costera (Gibson, Janet; McField, Melanie D.; Wells, Sue (1998). "Coral reef management in Belize: an approach through Integrated Coastal Zone Management" 39. ElSevier Science Ltd.: 229–244. doi:10.1016/s0964-5691(98)00007-6. Ltd.) Gibson, Janet; McField, Melanie D.; Wells, Sue (1998). "Coral reef management in Belize: an approach through Integrated Coastal Zone Management" 39. ElSevier Science Ltd.: 229–244. doi:10.1016/s0964-5691(98)00007-6.: 229@–244. doi:10.1016/s0964-5691(98)00007-6.
- Gibson, Janet; Lizama, Dominique; Pomeroy, Robert (2005). "Establishing a Socioeconomic Monitoring Program for Glover’s Reef Atoll, Belize". Belize City, Belize: Wildlife Conservation Society. Belize: Sociedad de Conservación de la Fauna y flora.
- Gibson, Janet, et. al (2006). "A Simple, Cost-Effective Method for Involving Stakeholders in Spatial Assessments of Threats to Biodiversity" 11. Routledge Taylor & Francis Group: 43–54. doi:10.1080/10871200500470993. (Routledge Grupo & de Francis del Taylor) Gibson, Janet, et. al (2006). "A Simple, Cost-Effective Method for Involving Stakeholders in Spatial Assessments of Threats to Biodiversity" 11. Routledge Taylor & Francis Group: 43–54. doi:10.1080/10871200500470993.: 43@–54. doi:10.1080/10871200500470993.
- Gibson, Janet P., et. al (2012). "Fishing down a Caribbean food web relaxes trophic cascades" 445. University of Exeter, Exeter, UK: Marine Spatial Ecology Lab: 13–24. doi:10.3354/meps09450. (Universidade de Exeter, Exeter, Reino Unido: Laboratorio de Ecoloxía Espacial Mariño) Gibson, Janet P., et. al (2012). "Fishing down a Caribbean food web relaxes trophic cascades" 445. University of Exeter, Exeter, UK: Marine Spatial Ecology Lab: 13–24. doi:10.3354/meps09450.: 13@–24. doi:10.3354/meps09450.
- Babcock, Elizabeth A.; Coleman, Robin; Karnauskas, Mandy; Gibson, Janet (2013). "Length–based indicators of fishery and ecosystem status: Glover’s Reef Marine Reserve, Belize" 147. ElSevier Science Ltd.: 434–445. doi:10.1016/j.fishres.2013.03.011. (Babcock, Elizabeth A.; Coleman, Robin; Karnauskas, Mandy; Gibson, Janet (2013). "Length–based indicators of fishery and ecosystem status: Glover’s Reef Marine Reserve, Belize" 147. ElSevier Science Ltd.: 434–445. doi:10.1016/j.fishres.2013.03.011. Ltd.) Babcock, Elizabeth A.; Coleman, Robin; Karnauskas, Mandy; Gibson, Janet (2013). "Length–based indicators of fishery and ecosystem status: Glover’s Reef Marine Reserve, Belize" 147. ElSevier Science Ltd.: 434–445. doi:10.1016/j.fishres.2013.03.011.: 434@–445. doi:10.1016/j.fishres.2013.03.011.
- Groosman, Britt (14 de marzo de 2014). "European Union Fisheries Ban Ignores Belize Conservation Success Story". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2014. Consultado o 6 de setembro de 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Janet Gibson". Goldman Environmental Prize. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 9 de maio de 2009.
- ↑ "Hol Chan Marine Reserve". San Pedro Town, Belize: Ambergris Caye. Consultado o 6 de setembro de 2015.
- ↑ "Belize Barrier Reef Reserve System, Belize". 22 de xuño de 2009. Consultado o 6 de setembro de 2015.
- ↑ "Coastal Zone Management Project". San Pedro, Belize: Ambergris Caye. Consultado o 6 de setembro de 2015.
- ↑ "WCS at the forefront of Marine Conservation in Belize". Belize City, Belize: Wildlife Conservation Society. Consultado o 6 de setembro de 2015.
- ↑ "El Arrecife de Barrera del Belice: un Sitio de Patrimonio Mundial". Producido en Pauly, D, ed. (2011).