Jaime Cantizano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1973 (51 anos) Xerez da Fronteira, España |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión |
Período de actividade | 1990 - |
Jaime Cantizano Camacho,[1] nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 22 de xullo de 1973, é un presentador de televisión español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicia a súa traxectoria profesional no mundo da radio e con tan só 17 anos presenta Los 40 Principales na súa cidade e tamén anuncios publicitarios; de aí pasa á emisión rexional da Cadena SER e posteriormente a Onda Cero Radio.[2] Simultaneamente coa súa actividade radiofónica tamén colabora en El Correo de Andalucía.
En 2001 dá o salto á televisión, incorporándose á cadea local Localia Televisión (Grupo PRISA), presentando un programa matinal xunto a Concha Galán en 2002, ano en que por primeira vez aparece nunha cadea de ámbito nacional. Seguidamente é fichado por Antena 3 e empeza a colaborar coa xornalista Ana Rosa Quintana no seu magacín Sabor a ti.[3]
O seu rostro faise rapidamente popular entre os teleespectadores e tan só un ano despois a cadea ofrécelle a presentación dunha das súas novas apostas para o prime time, o programa de prensa rosa ¿Dónde estás corazón?.[4] O espazo emítese dende xullo de 2003 ata setembro de 2011, sempre con Cantizano á fronte, e malia ser cuestionado en repetidas ocasións polo estilo xornalístico especialmente agresivo cos convidados que se empregou no programa, contou tamén cunha audiencia moi fiel que o situou entre os programas de televisión con maior seguimento en España, convertendo ao seu presentador nun dos rostros máis coñecidos do panorama audiovisual español.
Posteriormente, no verán de 2006, substitúe a Silvia Jato no concurso Pasapalabra[5] e entrega o maior premio da historia da televisión española, 2 190 000 euros. Dende setembro de 2006 a xuño de 2007 presenta, sempre en Antena 3, o magacín diario En Antena que a partir de setembro de 2007 é substituído por A3Bandas, espazo no que Cantizano está acompañado por María Patiño e Dani Martínez na presentación e que finalmente é retirado en 2008.[6][7]
En marzo de 2008 estrea 'Tres desexos' ' que xira en torno a tres persoas, familias ou colectivos para os que se fará realidade un sono, resolvendo, na maioría dos casos, problemas ou carencias. Acompáñano na presentación Aitor Trigos e Eva González.[8]
En febreiro de 2010 Jaime estrea un programa de debate de crónica social chamado Informe 3 emitido na franxa de late night pero que rapidamente pasa ao luns por decisión da cadea.[9]
Tras 8 anos de emisión do programa DEC, a cadea decidiu retiralo por moderados datos de audiencia que foi sufrindo pouco a pouco. Así, remata o 23 de setembro de 2011, cun especial no que María del Monte entrevista a Jaime.[10]
En xullo de 2012 regresou á pequena pantalla conducindo o concurso musical Dando la nota.[11] En outubro dese mesmo ano prestouse como cara visible para a campaña solidaria 'Un nombre, Una Vida patrocinada pola Fundación Antena 3 para o recoñecemento gobernamental dos dereitos da infancia de miles de nenos en Madagascar.[12]
O 24 de outubro de 2012 comunicou que non renovou o seu contrato co Grupo Antena 3, dando fin á súa traxectoria nesta cadea na que estivera durante máis de dez anos.
Dende setembro de 2013 é locutor presentador do exitoso programa Atrévete de Cadea Dial.
En xaneiro de 2014 dáse a coñecer que Jaime Cantizano volve á televisión na cadea La 1, co programa ¡Mira quién baila!, en substitución da presentadora Anne Igartiburu.[13]
En publicidade realizou campañas promocionais para Gallina Blanca, tendas BEDS ou Salerm Cosmetics.[14][15]
Televisión
[editar | editar a fonte]- ¡Mira quién baila! (2014 - presente), en La 1.
- Dando la nota (2012), en Antena 3.
- Informe 3 (2010 - 2011), en Antena 3.
- Tres deseos (2008), en Antena 3.
- A3Bandas (2007 - 2008), en Antena 3.
- En Antena (2006 - 2007), en Antena 3.
- Pasapalabra (2006), en Antena 3.
- Diario de una boda (2004), en Antena 3.
- DEC (2003 - 2011), en Antena 3.
- Sabor a ti (2002), en Antena 3.
- Cada mañana (2001), en Localia.
- Localia noticias (2000), en Localia.
Radio
[editar | editar a fonte]- Locutor do Morning Show "Atrévete" Cadena Dial (2013 - presente)
- Onda Cero de Madrid (2000 - 2001)
- Onda Cero de Andalucía (1998 - 2000)
- Cadena SER de Andalucía (1996 - 1998)
- Cadena SER de Cádiz (1995 - 1996)
- Locutor de Los 40 Principales de Andalucía (1991 - 1995)
- Locutor de Cuñas en Los 40 Principales de Cádiz (1990 - 1991)
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Nomeamento aos Premios Shangay ao Mellor comunicador de corazón.[16]
- Premio Gente con Punto na categoría de Comunicación con punto.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha en la Academia de las Ciencias y las Artes de la Televisión". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 15 de abril de 2014.
- ↑ "Kiss FM "Entrevista a Jaime Cantizano"". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ La Guía TV "Recordando... Sabor a ti: Cuando Antena 3 triunfaba en la tarde"
- ↑ "Qué "Jaime Cantizano lleva seis años al frente de 'DEC' (abreviatura de 'Donde estás corazón')". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ Vaya Tele "Jaime Cantizano presentará Pasapalabra"
- ↑ La Guía TV "Antena 3 estrena 'A3bandas', presentado por Jaime Cantizano"[Ligazón morta]
- ↑ "Ver Tele "Jaime Cantizano no volverá a las tardes de Antena 3". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2008. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ "La Guía TV "Jaime Cantizano reparte ilusiones en "Tres deseos"". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ "Globedia "Jaime Cantizano se pone mañana al frente de Informe DEC"". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ El Mundo, ed. (4 de xullo de 2012). "Jaime Cantizano vuelve 'Dando la nota'".
- ↑ "Jaime Cantizano, en Nova con 'Un nombre, una vida'". La Nueva España. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2012.
- ↑ "Jaime Cantizano ficha por TVE y presentara el nuevo '¡Mira quien baila!'". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ "Hoy mujer "Jaime Cantizano se ha convertido en imagen para línea de cosméticos". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ "Gallina Blanca estrena prescriptora para un nuevo producto". MarketingNews.es. 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2012.
- ↑ Shangay "Jaime Cantizano nominado a Mejor comunicador corazón"
- ↑ Punto Radio "Jaime Cantizano gana Premio Gente con Punto"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jaime Cantizano |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 06 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.