María del Monte
(2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1962 ![]() Sevilla, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, presentadora, presentadora de televisión ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María del Monte Tejado Algaba, nada en Sevilla o 26 de abril de 1962, é unha cantante española de sevillanas e de copla, así como presentadora de radio e televisión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Bibiana Algaba Barragán[1] (1925) e de Antonio Tejado Vargas († 2005), é a menor de cinco irmáns, e a única muller. Tras gañar o concurso televisivo Gente joven, onde a final celebrouse en Ceuta, editou o seu primeiro disco. O segundo, titulado Cántame sevillanas converteuse en pouco tempo nun éxito, conseguiu 3 discos de platino, o seu tema máis popular foi Cántame, este tema que fala sobre o camiño cara a El Rocío fixo que empezase a ser popular en España, especialmente enmarcada dentro do chamado "Boom das sevillanas". Co paso do tempo e con varios discos conseguiu gañarse ao público e é chamada "Raíña das sevillanas" por un dos seus discos con ese nome.
Ademais da súa actividade artística como cantante de sevillanas e no mundo da copla, María del Monte é presentadora de programas en radio e televisión. En 1993-1994 presenta Vamos juntos de Canal Sur Radio. En 1995 pasa a ser presentadora en televisión, onde traballa para a terceira cadea no espazo semanal Quédate con la copla. Colaborou nos programas Gente joven de TVE en 1982, Los debates de Hermida en Antena 3 (2000), e en El Show de Flo en laSexta. En TVE presenta La canción de mi querer, Esa copla me suena (1998), Especial Feria de Abril. En 2000 ficha por Canal Sur Televisión e presenta Cántame (2000), Contigo (ata a tempada 2002), galas de verán e Nochebuena flamenca (2003), en 2004 presenta o Especial de Noiteboa, un ano máis tarde traballa para Forta en Shalakabula. Posteriormente presenta as galas de primavera, así como o especial 10 anos de Rocío e o programa especial Rocío Jurado, un ano despois, tamén participou no programa concurso de TVE ¡Mira quién baila! en 2005, e presenta o seu popular magazine diario en Canal Sur Televisión: La tarde con María.
En 2012 participa na segunda edición do exitoso programa de Antena 3 Tu cara me suena.
En 2022 tivo importancia para a normalización LGTBIQ+ a súa intervención no pregón no Orgullo Gay en Sevilla.[2]
Televisión
[editar | editar a fonte]- Gente joven (1982), en TVE.
- Quédate con la copla (1995)
- Esa copla me suena (1998), en TVE.
- Los debates de Hermida (2000), en Antena 3.
- El show de Flo (2000), en laSexta.
- La canción de mi querer (2000), en TVE.
- Cántame (2000), en Canal Sur.
- Contigo (2000-2002), en Canal Sur.
- Shalakabula (2005), en Canal Sur.
- La tarde con María (2007-2009), en Canal Sur.
- DEC (2011), en Antena 3, presentadora. Dia especial (último programa).
- Tu cara me suena (2012-2013), en Antena 3, concursante.
Radio
[editar | editar a fonte]- Vamos juntos (1993-1994), en Canal Sur Radio.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Cántame sevillanas (1988)
- Besos de luna (1989)
- Acompañame (1989)
- Al Alba (1991)
- Ahora (1991)
- Con el Alma (1992)
- Reina de las sevillanas (1993)
- He Intentado Imaginar (1996)
- Cartas de Amor (1998)
- Digan lo que digan (1998)
- De Siempre: Antología de las Sevillanas volumen I (1999)
- El dolor del amor: Antología de las Sevillanas volumen II (2000)
- Con otro aire (2002)
- Cosas de la vida: Antología de las sevillanas Volumen III (2003)
- Olé, Olé (2004)
- Un Chaparrón (2005)
- Cómo te echo de menos (2011)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avó Mª del Monte
- ↑ "María del Monte, en el pregón del Orgullo en Sevilla: “Jamás en mi vida me he escondido de nadie, ni lo voy a hacer por amor”". El País (en castelán). 2022-06-23. Consultado o 2022-06-26.