James Clark Ross
![]() (1834) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1800 ![]() Finsbury Square, Reino Unido (en) ![]() ![]() |
Morte | 3 de abril de 1862 ![]() Aylesbury, Reino Unido ![]() |
Lugar de sepultura | Aston Abbotts (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica ![]() |
Ocupación | explorador, oficial da armada, naturalista, botánico ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Navy ![]() |
Rango militar | Rear-Admiral of the Red (en) ![]() captain (en) ![]() comandante (1827–) lieutenant (en) ![]() ![]() |
Comandante de (OBSOLETO) | HMS Terror e HMS Erebus ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Abreviación dun autor en botánica | J.C.Ross ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Anne Coulman (1843–) ![]() |
Fillos | James Coulman Ross ![]() |
Pais | George Ross ![]() ![]() |
Parentes | John Ross, tío ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Росс Джеймс Кларк) Dictionary of National Biography Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() |
James Clark Ross, nado en Londres o 15 de abril de 1800 e finado en Aylesbury o 3 de abril de 1862, foi un oficial naval e explorador británico. Explorou o Ártico xunto co seu tío John Ross e William Parry, e máis tarde dirixiu as súas propias expedicións á Antártida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Londres e en 1812 entrou na mariña real británica, coa que participou nas guerras napoleónicas. Integrou a expedición do seu tío, John Ross, na procura do Paso do Noroeste en 1818. Entre 1819 e 1827 participou en catro expedicións árticas con William Parry, e entre 1829 e 1833 serviu de novo co seu tío na expedición na que se localizou a posición do Polo Norte Magnético o 1 de xuño de 1831.
Capitán dende 1834, entre 1835 e 1838 participou nas investigacións magnéticas en Gran Bretaña. Entre 1839 e 1843 dirixiu a expedición antártica do HMS Erebus e do HMS Terror que cartografaron boa parte da liña de costa do continente. En 1841 descubriu o Mar de Ross, Terra Vitoria e os volcáns Monte Erebus e Monte Terror.
En 1847 publicou as experiencias da súa expedición co título de A Voyage of Discovery and Research to Southern and Antarctic Regions.