Jaume Bartumeu
![]() (2009) ![]() | |
Nome orixinal | (ca) Jaume Bartumeu Cassany ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de novembro de 1954 ![]() Andorra la Vella ![]() |
![]() | |
5 de xuño de 2009 – 12 de maio de 2011 ← Albert Pintat Santolària (pt) ![]() | |
![]() | |
Representa: Andorra 25 de novembro de 2003 – 14 de abril de 2008 | |
![]() | |
Representa: Andorra 30 de xaneiro de 1995 – 25 de xuño de 2001 | |
![]() ![]() | |
22 de abril de 1992 – 2015 | |
![]() ![]() | |
22 de xaneiro de 1990 – 8 de maio de 1992 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona Université Toulouse-I-Capitole (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado ![]() |
Partido político | Social Democracy and Progress (en) ![]() Partido Social-Democrata (pt) ![]() New Democracy (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Premios | |
Sitio web | jaumebartumeu.ad ![]() |
Jaume Bartumeu Cassany, nado en Andorra la Vella o 10 de novembro de 1954, é un avogado e político andorrano. Está inscrito no Colexio de Avogados de Andorra dende o ano 1982, e é o Presidente do Goberno de Andorra dende 2009.
É membro fundador do Partido Socialdemócrata de Andorra, do cal foi primeiro secretario do 2000 ao 2004. Actualmente é o presidente do grupo parlamentario socialdemócrata no Consello Xeral de Andorra. Durante maio de 2008 foi proclamado polo Partido Socialdemócrata de Andorra candidato a presidente de goberno de Andorra, para as eleccións xerais do 26 de abril do 2009. Gañounas con 14 escanos de 28 totais.
Durante o seu goberno, Bartumeu tentou facer unha reforma do IVE que non conseguiu os apoios da cámara, e posteriormente, en 2010, tampouco recadou apoios abondos para aprobar os orzamentos, co que convocou eleccións xerais. Nos comicios do 4 de abril de 2011 sufriu unha severa derrota, e o seu partido pasou de 14 a 6 deputados, e foi substituído á fronte do goberno andorrano por Antoni Martí, á cabeza dunha coalición de liberais e conservadores[1].
En 2013 abandonou o Partido Socialdemócrata para formar Socialdemocracia e Progreso, co que concorreu ás eleccións andorrás do 1 de marzo de 2015.
Predecesor: Albert Pintat Santolària |
Xefe de Goberno de Andorra 2009 - 2011 |
Sucesor: Antoni Martí |