Javier Lacalle
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1969 (55 anos) Burgos, España |
Alcalde de Burgos | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Burgos |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Francisco Javier Lacalle Lacalle, nado en Burgos o 10 de agosto de 1969, é un político español, alcalde da cidade de Burgos desde o 11 de xuño de 2011.[1] Licenciado en dereito, anteriormente foi director xeral de Xuventude da Xunta de Castela e León (1999-2003) e, durante a alcaldía de Juan Carlos Aparicio, primeiro tenente de alcalde, portavoz e concelleiro de Fomento no concello de Burgos (2003-2011). Foi secretario do comité electoral do Partido Popular de Castela e León e membro do comité executivo rexional.
Cargos desempeñados no Partido Popular
[editar | editar a fonte]Afiliado en 1990; presidente provincial (provincia de Burgos) de Nuevas Generaciones en 1994 e vicesecretario rexional desta organización entre 1996 e 2001; vicesecretario do PP de Burgos en 2001 e coordinador electoral rexional entre 2002 e 2005. Desde 2008, secretario xeral do PP de Burgos.
Cargos políticos
[editar | editar a fonte]Concelleiro en Burgos (1995 – 1999) e presidente da Comisión de Xuventude, Vicepresidente de Instalacións Deportivas, vicepresidente do Instituto Municipal de Cultura, membro da xunta de goberno do Patronato de Turismo.
Director Xeral de Xuventude da Xunta de Castela e León (1999-2003). Nese mesmo período foi secretario xeral da Rede Española de Albergues Xuvenís.
Primeiro tenente de alcalde, portavoz e concelleiro de Fomento no concello de Burgos (2003-2011). Un dos impulsores do Aeroporto de Burgos, responsable das peatonalizacións do centro e tamén do bulevar ferroviario.[2]
Candidato á alcaldía de Burgos
[editar | editar a fonte]No 2011, o alcalde Juan Carlos Aparicio considerou que oito anos era «máis que suficientes» para estar no seu cargo e renunciou a presentar a súa candidatura para as seguintes eleccións municipais. O 16 de decembro de 2010, a Xunta Directiva Provincial do Partido Popular proclamou por unanimidade e aclamación a Francisco Javier Lacalle como novo candidato á alcaldía de Burgos para as eleccións municipais do 22 de maio.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La tenacidad al servicio de una ambición - Diario de Burgos". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 28 de maio de 2013.
- ↑ Como presidente do Consorcio para a Xestión da Variante Ferroviaria de Burgos, formado nun 50% polo Concello de Burgos, 25% Caja de Burgos e outro 25% Caja Circulo.
- ↑ "Javier Lacalle respaldado por unanimidad como candidato a la alcaldía de Burgos para mayo de 2011 - Noticias de Burgos". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 28 de maio de 2013.