Javier de la Gándara
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Javier de la Gándara Alonso 18 de febreiro de 1959 (65 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Deporte | vela |
Javier de la Gándara Alonso, nado en Vigo o 18 de febreiro de 1959, é un regatista galego. Comezou a navegar en vela lixeira (nas clases Optimist, 420 e Moth Europa), e en windsurf (clase TDV), gañando catro campionatos de España (en 420 e TDV), antes de pasar á vela de cruceiro.
Vela de cruceiro
[editar | editar a fonte]En 1988, gañou a Regata Ruta do Descubrimento co iate da clase Maxi "Fortuna". Co "Turismo Rías Baixas", da clase ORC 670, gañou o Trofeo Zegna (2004), o Trofeo S.A.R. Infanta Elena (2005), a Regata Rías Baixas-Martín Codax (2006) e o Trofeo Conde de Gondomar (2008).[1]
Volta ao mundo a vela
[editar | editar a fonte]Participou como patrón en dúas edicións da volta ao mundo a vela:
- Whitbread Round the World Race 1989-90. Coa "Fortuna Extra Lights" clasificouse en sétima posición.
- Whitbread Round the World Race 1993-94. Co "Galicia 93 Pescanova" clasificouse en quinta posición.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla de Prata de Galicia en 1995.
- Vigués distinguido en 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Equipo de regatas Turismo Rias Baixas". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2018. Consultado o 12 de abril de 2018.