Jay Allen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1900 Seattle, Estados Unidos de América |
Morte | 1972 (71/72 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Jay Allen, nado en Seattle, Estados Unidos, o 7 de xullo de 1900 e finado o 24 de decembro de 1972, foi un xornalista estadounidense. Como correspondente de diversos medios estadounidenses, especializouse como correspondente de guerra en Europa e informou de diversos conflitos, como a Guerra civil española e a Segunda guerra mundial.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Correspondente en Europa
[editar | editar a fonte]Fillo dun avogado de Portland, Allen formouse como xornalista na Universidade de Harvard. En 1924 substituíu a Ernest Hemingway -con quen tivo unha grande amizade- como correspondente do Chicago Tribune en París, e dende onde informou, até 1934, de acontecementos en Francia, Bélxica, España, Italia, Austria, Alemaña, Polonia e os Balcáns.[2] Deste xeito, publicou sobre a proclamación da Primeira República Galega en 1931.[3]
Traslado a España
[editar | editar a fonte]En 1934 trasládase a España, coa intención de realizar un estudo sobre a Reforma Agraria no sur do país, en particular en Estremadura (onde pasou varios meses) e dar conta dos feitos que estaban a suceder, como a Revolución de Asturias de 1934.
Precisamente foi detido por un artigo para o Chicago Daily News (de onde tamén informaba o seu compañeiro e amigo John T. Whitaker) que narraba a represión acontecida tras os feitos de Asturias.[1]
Guerra Civil
[editar | editar a fonte]Allen estaba en Torremolinos cando se produciu o levantamento militar do 18 de xullo contra a II República Española. Durante o conflito, conseguiu entrevistar a Franco en Tetuán, o 27 de xullo dese ano. Despois da entrevista, Allen publicou un artigo coa seguinte conversa:
Allen: "¿Durante cuánto tiempo se prolongará la situación ahora que el golpe ha fracasado?"
Franco: "No puede haber ningún acuerdo, ninguna tregua. Salvaré a España del marxismo a cualquier precio"
Allen: "¿Significa eso que tendrá que fusilar a media España?"
Franco: "He dicho a cualquier precio".[4]
Tamén obtivo a última entrevista que lle concedeu a José Antonio Primo de Rivera, o 3 de outubro de 1936, no cárcere de Alacante, onde foi fusilado.
Pero o artigo de maior repercusión asinado por Allen enviouno desde Elvas (Portugal), onde permaneceu tras presenciar o masacre de Badaxoz, a brutal represión perpetrada polos nacionais sobre a poboación de Badaxoz tras a ocupación da cidade. O Chicago Tribune publicou o 30 de agosto de 1936 este artigo, titulado "Matanza de 4.000 en Badaxoz, Cidade dos Horrores" ("Matanza de 4.000 persoas en Badaxoz, a cidade dos horrores"), unha crónica considerada unha das máis importantes do mundo da historia do xornalismo de guerra.
Despois dalgúns traballos para o New York Times, Jay Allen regresou aos Estados Unidos, onde, influenciado polos acontecementos que presenciara, dedicouse a buscar axuda para a República, chegando a unha entrevista co secretario de Estado Cordell Hull e o secretario de Estado e o de Interior Harold L. Ickes.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]En 1940 volveu a Europa, concretamente a Francia ocupada polos nazis como correspondente da Axencia NANA (National American News Agency), onde tamén coordinou un comité que axudaba a intelectuais e artistas franceses a fuxir do país. Por mor destas actividades, e da súa acusación como axente británico, foi detido pola Gestapo en 1941, e encarcerado en Chalon-sur-Saône e despois en Dijon, aínda que foi liberado ese mesmo ano nun intercambio de prisioneiros. O 8 de novembro de 1942, como parte do Departamento de Guerra Psicolóxica do Exército dos Estados Unidos, acompañou os desembarcos aliados no norte de África.[1]
Regreso aos Estados Unidos e morte
[editar | editar a fonte]Despois das súas experiencias en Europa, Allen entrou nunha profunda depresión, alimentada pola atmosfera de anticomunismo que imperou nos Estados Unidos durante a Guerra Fría . Finalmente, acabou sendo obrigado a abandonar a vida pública, sufrindo tamén varios ictus. A vítima dun deles morreu en decembro de 1972.
A obra xornalística de Jay Allen é toda unha referencia e, xunto con outros correspondentes da Guerra civil española, foi un pioneiro do xornalismo de guerra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "News; article". memoriahistorica.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2009. Consultado o 16 de abril de 2023.
- ↑ "Idealistas_bajo_las_balas". Google Books ; Paul Preston (en castelán). Consultado o 2023-04-16.
- ↑ "Ao fío desta interesante charla, imos rescatar a noticia orixinal no Chicago Tribune". Manuel Gago no Twitter. 20 de xuño de 2023.
- ↑ Centro Virtual Cervantes. Amenazados, ametrallados e inspirados: Corresponsales extranjeros en la Guerra Civil Española, por Paul Preston. Copia arquivada en Wayback Machine
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Memoria Histórica: Un xornalista ben informado Arquivado 06 de xullo de 2009 en Wayback Machine. Arquivado (en castelán)
- Cervantes Virtual: Periodistas de guerra en España (en castelán)