Jean-Yves Thibaudet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1961 ![]() Sexto Distrito de Lión, Francia ![]() |
Educación | Conservatorio de París ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pianista de música clásica ![]() |
Xénero artístico | Música clásica ![]() |
Profesores | Pierre Barbizet ![]() |
Instrumento | Piano ![]() |
Selo discográfico | Decca Records ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC ![]() |
Sitio web | jeanyvesthibaudet.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Jean-Yves Thibaudet, nado en Lión o 7 de setembro de 1961,[1][2] é un pianista francés.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jean-Yves Thibaudet naceu en Lión, Francia, de pais músicos, mais non profesionais. O seu pai tocaba o violín, e a súa nai, de orixe alemá, aprendeu a tocar ela soa o piano e foi quen introduciu a Jean-Yves no instrumento.
Thibaudet entrou no Conservatorio de Lión con cinco anos,[1] e comezou a estudar seriamente piano con varios mestres destacados. Realizou a súa primeira interpretación en público con sete anos. Gañou a medalla de ouro do conservatorio en 1974,[1] cando tiña doce anos, e posteriormente entrou no Conservatorio de París, onde estudou con Aldo Ciccolini e Lucette Descaves. Tres anos despois, gañou o primeiro premio do conservatorio, e con 18 anos gañou as audicións de concerto de artistas novos en Nova York.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Michael & Joyce Kennedy, 2007.
- ↑ Northworks, ed. (2006). "Interview with Jean-Yves Thibaudet". Consultado o 10 de xuño de 2010.
- ↑ Fanfaire biography
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kennedy, Michael and Joyce. Oxford Concise Dictionary of Music (5th edition). Oxford: Oxford University Press, 2007. ISBN 978-0-19-920383-3.
- Pound, Jeremy. "Le Grand Bleu", BBC Music Magazine, March 2010
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)