Saltar ao contido

Jean Giraudoux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Giraudoux

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Hippolyte Jean Giraudoux Editar o valor en Wikidata
29 de outubro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Bellac, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1944 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrave of Giraudoux (en) Traducir
cemiterio de Passy, 9 Editar o valor en Wikidata
Inspector general of Diplomatics and Consulars (en) Traducir
1934 – 1941 – Yves Méric de Bellefon (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónÉcole Normale Supérieure
Lycée Lakanal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, literatura francesa (pt) Traducir, French fiction (en) Traducir, French drama (en) Traducir e diplomacia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, novelista, ensaísta, diplomático, guionista, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLe Figaro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FillosJean-Pierre Giraudoux Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Жироду Жан)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0320824 Allocine: 36470 Allmovie: p91660 IBDB: 6679
BNE: XX1154972 Bitraga: 3397 Dialnet: 3281366 Musicbrainz: b58b824b-b81f-4906-8206-bb138322e40a Discogs: 648061 IMSLP: Category:Giraudoux,_Jean Find a Grave: 7158 Editar o valor en Wikidata

Hippolyte Jean Giraudoux, nado en Bellac o 29 de outubro de 1882 e finado en París o 31 de xaneiro de 1944,[1] foi un escritor e diplomático francés. Estudante brillante e soldado condecorado durante a Primeira guerra mundial, desenvolveu funcións diplomáticas e administrativas paralelamente á publicación de novelas (Suzanne et le Pacifique, en 1921, Siegfried et le Limousin, en 1922). Posteriormente virou cara ao teatro, logo do seu encontro co actor Louis Jouvet, quen fará a posta en escena e a interpretación das súas obras máis salientables.

Hoxe coñécese a Giraudoux sobre todo polo seu teatro, xénero no que conta con pezas tan célebres como Amphitryon 38 (1928), La guerre de Troie n'aura pas lieu (1935), Électre (1937), Ondine (1939) ou mesmo La Folle de Chaillot, levada á escena en 1945, tras a súa morte. Jean Giraudoux participou, con outros dramaturgos dos anos 1930-1940 (Cocteau, Anouilh, Sartre ou Camus, por exemplo) na reescritura dos mitos antigos desde a perspectiva dunha mentalidade moderna. Soubo aliar a fantasía poética e o gusto polas imaxes insólitas, e asemade asociar o tráxico e o livián nunha lingua elegante e fina, ás veces mesmo poética, como en Intermezzo ou en Ondine.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xuventude (1882-1919)

[editar | editar a fonte]
Portada da súa obra Églantine

Fillo máis novo de Léger Giraudoux[2] e d'Anne Lacoste, Jean Giraudoux naceu en Bellac un ano antes do traslado do seu pai a Bessines, por motivos laborais. En ingresa como bolseiro no instituto de ensino secundario de Châteauroux, que hoxe leva o seu nome (Lycée Jean Giraudoux de Châteauroux)[3], onde estivo interno ata o seu bacharelato, en 1900.

Logo de cursar o bacharelato de filosofía e tras cumprir o seu servizo militar en Roanne, Clermont-Ferrand e Lión, que concluíu en 1903, continuou cos seus estudos na Escola Normal Superior de París, na sección de letras, onde se apaixonou pola cultura alemá. Despois da obtención da licenciatura de letras na Sorbona en xullo de 1904, cun traballo sobre as Odas pindáricas de Ronsard, pasou en novembro, seguindo os consellos do seu mestre Charles Andler, á sección de alemán.

Logo, matriculouse na Universidade de Múnic, aproveitando unha bolsa de estudos, e licenciouse en alemán. Durante o verán de 1905 deulle clases particulares, entre outros, ao fillo do príncipe de Saxonia, antes de facer unha viaxe por Serbia, Austria-Hungría (Trieste entre outras) e Venecia, en Italia. En 1906 obtivo a súa titulación e fixo, durante o verán, unha estadía lingüística en Alemaña.[4] De setembro de 1907 a marzo de 1908, obtivo unha bolsa universitaria que o levou á Universidade Harvard polo que acompañou a Joffre e Bergson que tamén viaxaban aos Estados Unidos, e á volta, entrou a traballar na redacción dun xornal entanto que preparaba as oposicións para a carreira diplomática.

En 1909, publicou o seu primeiro libro, Provincials, con notas de André Gide. En xuño de 1910, acadou o primeiro posto nas oposicións de chancelarías e foi nomeado alto cargo na dirección política e comercial do ministerio francés de Asuntos Exteriores que o levou a Constantinopla, Moscova e, despois, Viena. Ademais, coñeceu a Rosalía Abreu (1886-1955), irmá do seu amigo Pierre, unha rapaza cubana herdeira dunha fortuna, cara á que tiña uns sentimentos que ela non compartía.

Foi ascendido inicialmente a agregado da oficina de estudo da prensa estranxeira, en setembro de 1912, e a vicecónsul de terceira clase en 1913. O mesmo ano, publicou na editora Grasset L'École des indifférents e iniciou unha relación con Suzanne Boland (1881-1969), que estivera casada anteriormente co comandante Paul Pineau e, daquela, xa estaba separada.[5]

Foi mobilizado como sarxento no rexemento 298 de infantaría en 1914 (posteriormente ascendido a segunto tenente) e recibiu feridas de guerra en dúas ocasións, na batalla do Marne, en 1914, e nos Dardanelos en 1915, e conseguiu o nomeamento de cabaleiro da Lexión de Honor. Convalecente, grazas a Philippe Berthelot, entrou na oficina de propaganda do ministerio francés de Asuntos Exteriores e participou en varias misións en Lisboa e os Estados Unidos en 1917.

No entanto, continuou escribindo, e publicou Retour d'Alsace. Août 1914 (1916), Lectures pour une ombre (1917), Amica America (1918) e Simon le pathétique (1918).

Madureza (1919-1940)

[editar | editar a fonte]

Tras a guerra, afástase de Alemaña. Desmobilizado en 1919, pasa ao cargo de secretario de embaixada de terceira clase e dirixe o Servizo de Obras Francesas no Estranxeiro (1920) e máis tarde o Servizo de Información e de Prensa do ministerio de Exteriores (1924). No ministerio reencóntrase cun dos seus amigos da infancia, o diplomático Philippe Berthelot.

En 1921, casou con Suzanne Boland, un ano despois de que esta conseguise o seu divorcio, e xuntos xa tiveran un fillo chamado Jean-Pierre, o 29 de decembro de 1919. Este mesmo ano publicou Suzanne et le Pacifique, novela seguida o ano seguinte por Siegfried et le Limousin, que recibiu o premio Balzac.[6] En 1924 apareceu Juliette au pays des hommes. En 1926, foi nomeado Oficial da Lexión de Honor.

En 1927 entrou a formar parte da Comisión de avaliación dos danos aliados en Turquía, onde continuou durante sete anos. Este posto déixaballe moito tempo libre, que el aproveita para escribir as súas primeiras pezas de teatro. O encontro con Louis Jouvet en 1928 sérvelle de estímulo para a súa creación teatral co éxito de Siegfried (1928), adaptación teatral da súa novela Siegfried et le Limousin, e doutras obras como Amphitryon 38 (1929) e Intermezzo (1933), e malia o fracaso de Judith (1931).

A finais de 1931, comezou un romance con Anita de Madero que rematou en 1936, cando a rapaza marcha a Suramérica para casar.

En xuño de 1932, outórgaselle o posto diplomático de encargado de misión no gabinete do xefe do goberno francés, Édouard Herriot,[7] a quen acompaña na conferencia de Lausana. O mesmo ano escribe o prefacio da tradución do libro Catherine Soldat, da escritora francesa xermanófona Adrienne Thomas.

En 1934, noméano inspector xeral de asuntos estranxeiros e consulares. No momento en que o horizonte de Europa se ensombrecía, escribiu a obra La guerre de Troie n'aura pas lieu. A obra é unha súplica desesperada pola paz, e fóra dese contexto, Giraudoux denuncia a complicidade entre a arte e a guerra; amosa que a "necesidade" ou "destino" que, a miúdo, invocan os gobernantes para impor a súa decisión, constitúe unha fición perigosa. Esta obre, foi traducida a galego por Xosé Manuel Beiras Torrado e Xosé Luís Franco Grande e publicada, en 1969, nesta lingua co título de Non haberá guerra de Troia na revista Grial.[8]

En 1936, Jean Zay ofreceulle a dirección da Comedia Francesa, pero a rexeitou. Ese mesmo ano, foi nomeado comandante da Lexión de Honor. O 11 de febreiro dese mesmo ano, coñeceu a Jeanne Loviton, quen pouco despois se converteu na súa amante. Estiveron xuntos ata o verán do 1943 en que Jeanne o abandonou pois aínda que, Giraudoux, sempre lle dicía qse se divorciaría, sempre atrasaba a data.[9]O 28 de abril de 1939, atópase nun estudio de radio con Isabelle Montérou, unha xornalista con quen establece unha nova relación que durará ata novembro de 1943. Xusto antes da segunda guerra, Giraudoux publicou un importante ensaio político, a modo de compilación de artigos e conferencias, titulado Pleins pouvoirs (Gallimard, 1939), no que, tomando como modelo os Estados Unidos, demanda a adopción dunha política de inmigración, co fin "non de obter na súa integridade, por purificación, un tipo físico primitivo, senón de constituír, se se necesita, pola entrada de estranxeiros, un tipo moral e cultural".[10] A súa preferencia vai desde "unha inmigración escandinava eminentemente desexable",[11] á exclusión "desas razas primitivas ou impermeables cuxas civilizacións, pola súa mediocridade ou polo seu carácter exclusivo, só poden achegar amálgamas lamentables", simbolizadas para el polos árabes.[12]

Fronte aos perigos crecentes, Giraudoux involúcrase na política. A partir da reorganización ministerial do 29 de xullo de 1939, é nomeado por Édouard Daladier Comisario Xeral de Información, e pronúnciase contra a guerra de Hitler. O 21 de marzo de 1940, nunha nova transformación do Goberno, é nomeado presidente do Consello Superior de Información".

Segunda guerra mundial e morte (1940-1944)

[editar | editar a fonte]

Durante la Batalla de Francia de xuño de 1940, el segue o goberno a Bordeos, antes de se instalar preto da súa nai en Vichy. Foi nomeado director de Monumentos Históricos no outono de 1940 e acolleuse axiña á xubilación, en xaneiro de 1941.[13] Logo comezou dous escritos inspirados na derrota, que non apareceron ata despois da súa morte: Armistice à Bordeaux (1945) e Sans Pouvoirs (inacabado, 1946) que foron editados en Mónaco.

Mentres exerceu como Comisario Xeral de Información con Daladier, a súa situación durante a Ocupación foi moi complexa[14] e o seu papel moi discutido:

  • A súa paixón pola cultura alemá existía desde había xa tempo: "Todos os que amen o traballo, a música e o estudo son exiliados de Alemaña. Nós que amamos a Dürer e a Goethe, somos exiliados de Alemaña".[15] Aínda que desistiu, logo duns anos, e Ondine (1939) constitúe un adeus á "alma franco-alemá".[16]
  • En Armistice à Bordeaux, oponse, frase por frase, ao segundo discurso de Pétain,[17] rexeitando a reconciliación nacional.[18]
  • Rexeitou o posto de ministro de Francia en Atenas proposto por Vichy logo do armisticio do 22 de xuño de 1940, aínda que mantivo relacións persoais con varios membros do novo Goberno.[19]
  • O seu fillo Jean-PierreSon uniuse a Londres a partir de xullo de 1940 e enrolouse nas Forzas Navais Francesas Libres.[20][21][22]
  • Consonte o testemuño de Gérard Heller, que o atopou en xullo de 1941, "Giraudoux perdeu axiña confianza nas boas intencións do mariscal Pétain" e "comunicou a Londres de camiño informacións sobre a actividade intelectual clandestina en Francia".[23] Tamén afirmou que en 1942, mentres residía en París, afirmou "a imposibilidade dun encontro verdadeiro entre as dúas entanto que durase a guerra".[23]
  • O mesmo ano, un xornalista colaboracionista reprochoulle que, nas súas funcións de Comisario Xeral de Información, aceptase "secundar os xudeus na súa guerra".
  • Propúxoselle abandonar Francia. El rexeitouno, [24] argumentando a necesidade de librar en Francia unha "loita de influencia con Alemaña".[25]
Placa conmemorativa no número 89 de Quay d'Orsay, en París onde morreu Jean Giraudoux
Tumba no cemiterio de Passy

A súa participación na loita contra a ocupación alemá no seo da Resistencia está aínda en discusión.[26] En decembro de 1943, tería proxectado "participar à súa maneira na Resistencia".[27]

Giraudoux continuou os seus traballos literarios con L'Apollon de Bellac, Sodome et Gomorrhe e La Folle de Chaillot, e, xa como director literario da editora Gaumont, participou en diversas adaptacións cinematográficas como na Duchesse de Langeais de Balzac para a película do mesmo título de Jacques de Baroncelli ou Anges du péché para Robert Bresson.

Tras a morte da súa nai en 1943, deteriorouse a súa saúde. Jean Giraudoux morreu o 31 de xaneiro 1944, aos sesenta e un anos, dunha crise de uremia,[28] segundo a versión oficial, e por mor dunha pancreatite, máis probablemente. Foi enterrado inicialmente nun lugar provisional no cemiterio de Montmartre e, finalmente, foi trasladado ao de Passy, en París.

Uns días despois do seu enterro, que tivo lugar o 3 de febreiro de 1944 nunha tumba provisional do cemiterio de Montmartre, Claud Roy fixo correr o rumor de que fora envelenado pola Gestapo. Louis Aragon escribiu en Ce Soir o 20 de setembro de 1944: "Por que? Non só porque é o máis francés dos nosos escritores, senón tamén, certamente, pola súa actividade resistente gardada moi en segredo e que, pola miña parte, eu adiviñara durante a derradeira conversa que eu tivera con el cinco días antes da súa morte".[9]

Giraudoux antisemita e racista?

[editar | editar a fonte]

Baseándose en diversas citas do capítulo "La France peuplée", de Pleins pouvoirs, e nalgúns casos, en extractos das réplicas de Holofernes en Judith[29], algúns autores consideran que Giraudoux era antisemita[30][31][32][33][34][35][36][37][38][39] e racista.[40][41][42] O especialista en Sartre Jean-François Louette xulga tamén que Giraudoux "evoca moitos problemas" en Pleins pouvoirs, pero que "o esencial hoxe parece o capítulo titulado La France peuplée", onde se condena a "violencia racista". Para Jean-Claude Milner, "o Giraudoux racista e o Giraudoux republicano non se poden separar".[43]

Para André Job, "o antisemitismo é ante todo, sen dúbida, unha forma de non resistir o placer dunha "palabra boa", por malintencionada que sexa, o uso ao que Giraudoux chegou a sacrificarse, "sen que os exemplos sexan en tan grandes cantidades para que poidamos julgalos como realmente significativos".[44]

Daniel Salvatore Schiffer xulga que en Pleins pouvoirs, Giraudoux "non está lonxe [...] do antisemitismo de Fichte ou de Hegel».[45] En opinión de Claude Liauzu, Giraudoux deulle connotacións positivas á palabra "racista", no marco dunha banalización do racismo, nos anos 30.[46] Segundo Pierre Vidal-Naquet, igualmente, o racismo de Giraudoux, en 1939, é prodixiosamente banal.[47]

  • Provinciales, 1909
  • L'École des indifférents (abrangue Jacques, l'égoïste; Don Manuel, le paresseux; Bernard, le faible Bernard), 1911
  • Lectures pour une ombre, 1917
  • Simon le Pathétique, 1918
  • Amica America, 1918
  • L'Adieu à la guerre, 1919, Grasset
  • Elpénor, 1919
  • Adorable Clio, 1920
  • Suzanne et le Pacifique, 1921
  • Siegfried et le Limousin, 1922
  • Juliette au pays des hommes, 1924
  • Bella, 1926
  • Églantine, 1927
  • Aventures de Jérôme Bardini, 1930
  • La France sentimentale, 1932
  • Combat avec l'ange, 1934
  • Choix des élues, 1939
  • La Menteuse (publicación póstuma) 1958

Obras diversas

[editar | editar a fonte]
  • Les Cinq Tentations de La Fontaine, 1938
  • Pleins pouvoirs, 1939 (París: Gallimard)
  • Littérature, 1941
  • Sans pouvoirs
  • Hommage à Marivaux, 1943
  • Visitations, 1947
  • Or dans la nuit, (compilación póstuma) 1969)
  • Les Contes d'un matin
  • De pleins pouvoirs à sans pouvoirs, 1950
  • Pour une politique urbaine, 1947
  • Siegfried, 1928
  • Amphitryon 38, 1929
  • Judith, 1931
  • Intermezzo, 1933
  • Tessa, la nymphe au cœur fidèle (adaptación de Jean Giraudoux da obra de Basil Dean e Margaret Kennedy), 1934
  • La guerre de Troie n'aura pas lieu, 1935
  • Supplément au voyage de Cook, 1935
  • L'Impromptu de Paris, 1937
  • Électre, 1937
  • Cantique des cantiques, 1938
  • Ondine, 1939
  • L'Apollon de Bellac, 1942
  • Sodome et Gomorrhe, 1943
  • La Folle de Chaillot, 1945
  • Pour Lucrèce, 1953
  • Les Gracques (inacabada) 1958
  • Les Siamoises (esbozada) 1982
  1. "Jean Giraudoux". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  2. Alexandre, o irmán maior de Jean, naceu en 1880.
  3. Na súa novela, Adorable Clio (1920), aparece un relato nostálxico dunha visita que Giraudoux fixera, sendo xa adulto.
  4. Duchêne 1997, p. 13.
  5. Body, 2004 & nota 39, p. 848.
  6. Premio compartido con Émile Baumann por Job le prédestiné
  7. Duchêne 1997, p. 18.
  8. Giraudoux (xaneiro-marzo 1969). (tradución de Xosé L. Franco Grande e Xosé M. Beiras Torrado). ""Non haberá Guerra de Troia", de Jean Giraudoux". Grial VII (23): 37–77. ISSN 0017-4181. 
  9. 9,0 9,1 Thyssens, Henri (2005-2020). "1944". thyssens.com (en francés). Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  10. Giraudoux, 1939, p. 76 (Citado por Body, 1986, p. 36).
  11. Giraudoux 1939, p. 160.
  12. Giraudoux, 1939 & (citado por Schor, 2004, p. 83), p. 67.
  13. Body 1986, p. 153.
  14. Rolland 2000, p. 127-131.
  15. Société des Amis de Jean Giraudoux (1972). Cahiers Jean Giraudoux; p. 109. Paris: B. Grasset.
  16. Body 2003, p. 405.
  17. Body 2004.
  18. Zorgzibe 2004, p. 108.
  19. Rolland 2000, p. 128.
  20. Viansson-Ponté 1963, p. 128.
  21. "JEAN-PIERRE GIRAUDOUX". assemblee-nationale.fr (en francés). Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  22. Baixo o pseudónimo de "Montaigne", Jean-Pierre Giraudoux serviu no Pacífico a bordo do Chevreuil.
  23. 23,0 23,1 Testemuño de Gérard Heller (1981), Un Allemand à Paris, 1940-1944. París: Le Seuil. p. 141-142. Citado por Rolland, 2000, pp. 129-130
  24. Beucler 1948, p. 171.
  25. Body 2004, p. 713.
  26. Para Agnès G. Raymond, en Giraudoux devant la victoire et la défaite: une interprétation politique de sa pensée après les deux guerres, Paris, A.-G. Nizet, 1963, p. 134: "que nós saibamos, Giraudoux non estaba entre os escritores da Resistencia, e con todo compartía as súas simpatías".
  27. "Biographie de Jean Giraudoux". giraudoux.univ-bpclermont.fr (en francés). Archived from the original on 03 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  28. Brunel 1977, p. 668.
  29. Prefacio de Chantal Meyer-Plantureux, na obra Animateurs de théâtre: Baty, Copeau, Dullin, Jouvet, les Pitoëff, de Robert Brasillach, Paris, Éditions Complexe, 2003, p. 41-42 (ISBN 2870279833).
  30. Enzo Traverso, "L'antisémitisme comme code culturel", en Pour une critique de la barbarie moderne. Écrits sur l'histoire des Juifs et de l'antisémitisme, 1997, p. 2 (nova edición revisada e aumentada)
  31. François Léotard, "Maurice, Jean et Raymond Arquivado 12 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.", Tribune juive, n° 26; Michel Wlassikoff, "Littérature et antisémitisme, des Protocoles à l'antisionisme Arquivado 12 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.", Tribune juive, n° 28
  32. Prefacio de Chantal Meyer-Plantureux á obra Animateurs de théâtre: Baty, Copeau, Dullin, Jouvet, les Pitoëff, de Robert Brasillach, p. 41-42 e p. 60-61, note 135; e Les enfants de Shylock, ou, L'antisémitisme sur scène, de Chantal Meyer-Plantureux, Paris, Éditions Complexe, 2005, p. 88 (ISBN 2804800245), que acusa a Sartre do "inocentemente" de Giraudoux.
  33. Fontaine, 1989, p. 33
  34. Zimra, 2007, p. 135
  35. Laborie, 1990, p. 131
  36. Philippe, 1997, pp. 282-283
  37. Schor, 2005, p. 38
  38. Lecarme, 2001, p. 400
  39. Arendt, 1986, p. 66-102
  40. Pierre Hebey, La Nouvelle Revue Française des années sombres, 1940-1941, Gallimard, 1992, p. 50, evoca un "fondo común de racismo" na fin dos anos trinte, citando Le Péril juif de Marcel Jouhandeau, France-la-doulce de Paul Morand, Gilles de Pierre Drieu la Rochelle e Plein pouvoirs de Giraudoux.
  41. Pol Vandromme, Jours d'avant, L'Âge d'Homme, 1993, (ISBN 2825103209), páxina 32, cualifica a Giraudoux como "apoloxeta do racismo no seu ensaio Pleins pouvoirs".
  42. Steven Bernas, Archéologie et évolution de la notion d'auteur, L'Harmattan, coll.
  43. Milner 1993, p. 45.
  44. Job 1998, p. 253-269.
  45. Daniel Salvatore Schiffer, Les Intellos ou la dérive d'une caste, L'Âge d'Homme, coll.
  46. Liauzu 1999, p. 100.
  47. Pierre Vidal-Naquet, "Nun libro de Giraudoux publicado en 1939: Pleins pouvoirs", Cahiers Jean Giraudoux, n° 21: "Figures juives chez Jean Giraudoux", Grasset, 1992.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]