Jean Nouvel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1945 (79 anos) Fumel, Francia |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | arquitecto, mestre |
Profesores | Claude Parent (pt) e Paul Virilio |
Alumnos | Hala Wardé (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | jeannouvel.com |
Jean Nouvel, nado o 12 de agosto do 1945, é un arquitecto francés. Estudou na École des Beaux-Arts en París e foi un dos membros fundadores de Mars 1986 e do Syndicat de l'Architecture. Obtivo numerosos recoñecementos e distintivos ao longo da súa carreira, incluíndo o Aga Khan da Arquitectura (tecnicamente o premio déuselle ao edificio do Institut du Monde Arabe que Nouvel deseñara), o Premio Wolf das Artes no 2005 e o Premio Pritzker no 2008. Un variado número de museos e centros de arte amosan retrospectivas do seu traballo.
Educación e familia
[editar | editar a fonte]Jean Nouvel naceu o 12 de agosto do 1945 en Fumel, Lot e Garona (Francia), fillo dos mestres Renée e Roger Nouvel. Mudáronse en varias ocasións cando o seu pai converteuse no supervisor das escolas do condado. Os seus pais animaron a Nouvel ao estudo de matemáticas e lingua, mais cando tiña 16 anos, o novo Nouvel sentiuse cativado pola arte ao recibir unhas leccións de debuxo. Co paso do tempo declarou que maila recibir por parte dos seus pais unha educación orientada a estudar enxeñaría ou ensinanza, eles comprometéronse a apoialo no estudo de arquitectura, sendo este menos arriscado que os estudos puramente artísticos.
Cando Nouvel suspendeu o exame de entrada na École des Beaux-Arts de Bordeos, mudouse a París onde gañou o primeiro premio para estudar na École nationale supérieure des Beaux-Arts. Dende o 1967 até o 1970, finánciase como asistente dos arquitectos Claude Parent e Paul Virilio, o cal tan só un ano despois, faino project manager ao cargo da construción dun gran bloque de apartamentos.
Casou coa directora Odile Fillion coa que tivo dous fillos, Bertrand, doutor en informática e traballando na actualidade na Universidade de Chiba (Xapón), e Pierre, produtor e deseñador teatral da súa propia compañía chamada Factoid. Coa súa segunda dona, Catherine Richard, tivo unha filla, Sarah. Agora vive con Mia Hagg, unha arquitecta sueca residente en París.
Carreira
[editar | editar a fonte]Á idade de 25 anos, remata na escola de arquitectura e crea a súa propia sociedade xunto con François Seigneur. Parent encárgalles traballos e dálle a Nouvel a valiosa recomendación da dirección da sétima edición da Bienal de París, onde por quince anos, Nouvel deseñou exhibicións e participou en debates intelectuais sobre arquitectura en Francia. Cofundou o movemento Mars 1976 e, un ano despois, o Syndicat de l'Architecture. Foi tamén un dos organizadores da competición pola renovación do distrito de Les Halles de París e o fundador da primeira bienal de arquitectura de París no 1980.
No 1981, gañou o concurso do edificio Institut du monde arabe en París, cuxa contracción rematará no 1987 dándolle fama internacional ao novo arquitecto. Lentes mecánicas fotoeléctricas, reminiscencia da decoración desfragmentada árabe, na fachada sur controlan o nivel de luz abríndose e pechándose automaticamente, respondendo aos diferentes niveis exteriores de luminosidade.
Nouvel tivo tres diferentes compañeiros dende o 1972 e 1984: Gilbert Lezenes, Jean-François Guyot, e Pierre Soria. No 1985 xunto cos seus arquitectos júnior Emmanuel Blamont, Jean-Marc Ibos e Mirto Vitart, fundou Jean Nouvel et Associés. Despois, con Emmanuel Gattani, creou JNEC no 1988. Ateliers Jean Nouvel, onde traballa actualmente, creouse no 1994 con Michel Pélissié, sendo un dos estudios máis grandes de Francia, con máis de 140 persoas nas oficinas centrais de París. Tamén teñen oficinas en Londres, Copenague, Nova York, Roma, Madrid e Barcelona. A firma traballa en 40 proxectos activos en trece países arredor do mundo. Nouvel deseñou tamén o frasco dunha fragrancia para home da firma Yves Saint Laurent para unha edición limitada no 2008.
O seu premio Pritzker
[editar | editar a fonte]Nouvel gañou o premio Pritker, o maior recoñecemento no eido da arquitectura, no ano 2008, polo seu traballo en máis de 200 proxectos entres eles, segundo o New York Times, o Arab World Instutite coa súa "exótica celosía", a Torre Agbar de Barcelona coa súa forma de bala e o seu "cándido colorido", o "muscular" Teatro Guthrie coa súa ponte en beiril en Mineapolis, e tamén en París, o "desafiante, misterioso e salvaxemente excéntrico" Musée du quai Branly (2006) e a Filharmónica de París (unha "viaxe ao descoñecido").
O xurado do premio Pritzker tamén menciona outros proxectos de grande importancia e interese: en Europa, a Fundación Cartier de Arte Contemporánea (1994), o Centro Cultural e de Convencións de Lucerna (2000), a Ópera Nouvel (2003) en Lión, a Expo 2002 en Suíza, e, aínda en construción, o Centro Musical de Copenhague e os Xulgados en Nantes (2000); ademais de dous torres altas aínda en proxecto en Norte América, a Torre Verre en Nova York e o SunCal na cidade de Los Angeles.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira Jean Nouvel recibiu diversos premios e recoñecementos. Os máis prestixiosos son os seguintes:
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]- 2008, Premio Pritzker.
- 2005, Premio Wolf das Artes.
- Grao honorario pola Universidad de Buenos Aires (1983), o Royal College of Art, Londres (2002) e pola Universidade de Nápoles (2002).
- Membro honoraio polo American Institute of Architects (1993) e o Royal Institute of British Architects (1995).
- No ano 1997, Nouvel foi nomeado Commandeur de l'Ordre des Arts et des Lettres. Uniuse á orde no 1983, sendo tamén Chevalier de la légion d'honneur.
Distincións aos seus proxectos
[editar | editar a fonte]- 1989, Premio Aga Khan de Arquitectura polo Institut du Monde Arabe.
- 1987, Premio Équerre d'Argent polo Institut du Monde Arabe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]