Philip Johnson
Nome orixinal | (en) Philip Cortelyou Johnson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Philip Cortelyou Johnso 8 de xullo de 1906 Cleveland, Estados Unidos de América |
Morte | 25 de xaneiro de 2005 (98 anos) New Canaan, Estados Unidos de América (en) |
Educación | Harvard Graduate School of Design (en) Universidade Harvard Hackley School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Ocupación | arquitecto, historiador da arte |
Membro de | |
Movemento | Arquitectura posmoderna |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Jimmie Daniels |
Pais | Homer H. Johnson e Louise Johnson |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Джонсон Филип) Obálky knih, |
Philip Cortelyou Johnson, nado en Cleveland (Ohio) o 8 de xullo de 1906 e finado o 25 de xaneiro de 2005, foi un influente arquitecto estadounidense.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Johnson foi a figura máis recoñecíbel da arquitectura durante décadas.[Cómpre referencia] Parte icona, parte oráculo, parte cómic, Johnson foi unha fiábel fonte de enxeño e provocación.
No 1946, fundou o Departamento de Arquitectura e Deseño no MoMA, e despois no (1978), como comisario, foi galardoado coa Medalla de Ouro do Instituto Americano de Arquitectos e co primeiro Premio Pritzker de Arquitectura, no 1979. Estudou da Escola de Deseño da Universidade Harvard, onde foi alumno de Walter Gropius.[2]
Johnson morre en xaneiro do 2005, sendo coidado pola súa antiga parella David Whitney. David falece só uns poucos meses despois, o 12 de xuño do 2005, aos 66 anos.[3]
Comezos
[editar | editar a fonte]Estudou na Hackley School, en Tarrytown, Nova York, graduándose logo na Universidade Harvard, onde se centrou na historia e filosofía, particularmente no traballo dos filósofos presocráticos. Interrompeu a súa educación con diversas viaxes á Europa. Estas viaxes convértense no pivote central da súa educación; visitando Chartres, o Partenón, e moitos outros monumentos antigos, elevando deste xeito a súa fascinación pola arquitectura.
Logo, no 1928, Johnson coñeceu ao arquitecto da Bauhaus, Ludwig Mies van der Rohe, quen estaba a facer nese momento o Pavillón xermano para a exhibición de Barcelona no 1929. O encontro foi unha revelación para Johnson, creando as bases para unha longa relación de colaboracións e competicións.[4]
Johnson neste período simpatiza coa ideoloxía de dereitas xermana, apoiando visións políticas antisemitas. Despois, durante a súa carreira profesional, non obstante, repudiaría as súas tendencias políticas da xuventude. A pesar diso, o MoMA e a Escola de Deseño e Arquitectura de Harvard rexeitaron o nome de Philip Johnson despois do seu pasamento, polo seu antisemitismo temperán.[5][6][7]
Johnson volveu da Alemaña sendo partidario da Nova Arquitectura. Viaxando pola Europa cos seus amigos, Alfred H. Barr e Henry-Russell Hitchcock, e coñecendo de primeira man as novas tendencias, os tres amosaron os seus descubrimentos nunha exposición no Museo de Arte Moderna chamada "O Estilo Internacional: A Arquitectura dende 1922". A exposición foi profundamente influente e hoxe vese como a introdución da arquitectura moderna no pobo americano.[8] Deu a coñecer arquitectos de vangarda coma Le Corbusier, Gropius e Ludwig Mies van der Rohe. Mais a exposición non se librou da controversia: o arquitecto Frank Lloyd Wright, nun xesto de sinceridade, retirou as súas entradas, xa que, segundo o seu parecer, non foi o suficientemente destacado. Wright escribiulle a Johnson, e uns anos despois foi o primeiro arquitecto en ter unha exposición monográfica no novo edificio do MoMa.[9]
Coma o crítico Pater Blake dixera, a importancia desta exposición na localización da arquitectura americana no século "non pode ser exaxerada". No libro que acompañaba a exposición, baixo a co-autoría de Hitchock, argumentaba que o estilo moderno mantiña tres principios formais: 1. énfase do volume sobre a masa (máis planeamento e menos solidez) 2. rexeitar a simetría e 3. rexeitar a decoración.[8] A definición do movemento coma un "estilo" con características formais distintas foi visto por algúns críticos como a minimización da inclinación social e política que moitos dos europeos amosaran.
Johnson continuou a traballar propoñendo a arte moderna, usando o Museo de Arte Moderna coma un abusivo púlpito. Amañou a primeira visita de Le Corbusier aos Estados Unidos no 1935, traballando logo para traer a Marcel Breuer e Mies (de quen escribiu a primeira monografía) ao país americano como emigrantes.[10]
Durante a Gran Depresión, Johnson emprazou o seu posto no Museo para botar unha man nas políticas agrarias, colaborando como xornalista. O seu esforzo centrouse na crítica do estado liberal do benestar, cuxo fracaso evidenciouse moito máis nos anos trinta dese século. Como correspondente cubriu as Reunións de Nuremberg na Alemaña, a invasión de Polonia no 1939.[11] A invasión fixo acadar o límite do interese que amosaba Johnson pola política e o xornalismo. Meses despois volveu aos Estados Unidos para ingresar no exército americano. Despois duns anos baixo o uniforme e recoñecidos por el mesmo coma insignificantes, Johnson volveu á Escola de Deseño da Universidade Harvard, perseguindo, deste xeito, a súa derradeira etapa coma arquitecto.
A Casa de Cristal
[editar | editar a fonte]A súa primeira influencia coma arquitecto práctico amosouse no uso do vidro; a súa obra mestra foi a Casa de Cristal, a cal foi deseñada como residencia propia en New Canaan, Connecticut (1949). O concepto de Casa de Cristal integrada na paisaxe coas vista coma muros reais foi desenvolvida por varios autores na Glasarchitektur alemá dos anos vinte, tamén formulada polo mentor de Johnson, Mies van der Rohe (véxase Casa Farnsworth). A casa é un ensaio da mínima estrutura, xeometría, proporción e dos efectos de transparencia e reflexión.[10]
O Edificio Seagram
[editar | editar a fonte]Logo de rematar varias casas na liña de Mies e Breuer, Johnson únese a Mies no deseño dun edificio de 39 plantas, o Edificio Seagram (1956). Desta colaboración xurdiu unha admirábel torre de bronce e vidro en Park Avenue, cuxa proporción, elegancia dos materiais e rigor construtivo fixo que o New York Times a xulgase como o edificio máis importante do século XX.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Philip Johnson ; Biography, Buildings, Glass House, AT&T Building, Architecture, & Facts". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-02-20.
- ↑ JREYMA (2014-11-20). "Philip Johnson fue un gran impulsor de la arquitectura de cristal y tuvo un gran protagonismo en la comprensión y la creación del skyline de las nuevas zonas urbanas". VOLUMEN (en castelán). Consultado o 2023-02-20.
- ↑ Kennedy, Randy (2005-06-14). "David Whitney, 66, Renowned Art Collector, Dies". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-20.
- ↑ "Ludwig Mies van der Rohe and Philip Cortelyou Johnson". npg.si.edu (en inglés). Consultado o 2023-02-20.
- ↑ "Explained: Who was Philip Johnson, the American architect called out for anti-Semitic leanings?". The Indian Express (en inglés). 2021-03-24. Consultado o 2023-02-20.
- ↑ Nast, Condé (2016-04-04). "Famed Architect Philip Johnson’s Hidden Nazi Past". Vanity Fair (en inglés). Consultado o 2023-02-21.
- ↑ "Architect Philip Johnson's Nazi past detailed in new book". Dezeen (en inglés). 2016-04-18. Consultado o 2023-02-21.
- ↑ 8,0 8,1 Urbipedia. "The International Style: Architecture Since 1922 - Urbipedia - Archivo de Arquitectura". www.urbipedia.org (en castelán). Consultado o 2023-02-20.
- ↑ "Outsider-architect-Frank-Lloyd-Wright-at-the-Museum-of-Modern-Art". architectmagazine.com.
- ↑ 10,0 10,1 JREYMA (2014-11-20). "Philip Johnson fue un gran impulsor de la arquitectura de cristal y tuvo un gran protagonismo en la comprensión y la creación del skyline de las nuevas zonas urbanas". VOLUMEN (en castelán). Consultado o 2023-02-20.
- ↑ Schulze, Franz. Philip Johnson: Life and Work (en inglés). Chicago, IL: University of Chicago Press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Philip Johnson |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Philip Johnson na Páxina Web Greatbuildings.com. Consultado o 27 de setembro de 2003. (en inglés)
- Biografía de Philip Jonhson na folla web dos Premios Pritzker. (en inglés)