Saltar ao contido

Jeanne d'Arc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jeanne d'Arc
Ficha técnica
Título orixinalJeanne d'Arc
DirectorLuc Besson
ProdutorPatrice Ledoux
GuiónLuc Besson
Andrew Birkin
IntérpretesMilla Jovovich
John Malkovich
Faye Dunaway
Dustin Hoffman
MúsicaÉric Serra
FotografíaThierry Arbogast
MontaxeSylvie Landra
EstudioGaumont
DistribuidoraGaumont
EstreaEstrea: 18 de outubro de 1999
Francia 27 de outubro de 1999
12 de novembro de 1999
Duración158 minutos[1]
Orixe Francia
XéneroAcción, drama
Orzamento$60 000 000[2]
Recadación$66 976 317
Na rede
http://www.joan-of-arc.com
IMDB: tt0151137 Filmaffinity: 770784 Allocine: 67204 Rottentomatoes: m/messenger_the_story_of_joan_of_arc Mojo: messenger Allmovie: v181099 TCM: 436810 Metacritic: movie/the-messenger-the-story-of-joan-of-arc TV.com: movies/the-messenger-the-story-of-joan-of-arc Netlix: 26003546 Editar o valor en Wikidata

Jeanne d'Arc (tamén coñecido en inglés como The Messenger: The Story of Joan of Arc) é un filme francés dirixido por Luc Besson que se estreou en 1999. Está protagonizado por Milla Jovovich, John Malkovich, Faye Dunaway e Dustin Hoffman. O guión foi escrito por Besson e Andrew Birkin, e a banda sonora orixinal foi composta por Éric Serra.

Conta a historia de Xoana de Arco, heroína de guerra francesa e mártir relixiosa do século XV. A historia comeza cando Xoana presencia as atrocidades dos ingleses contra a súa familia, e a partir dese intre comeza a ter visións que a inspiran a liderar ós franceses contra as forzas de ocupación inglesas. O seu éxito na loita permite que Carlos VII sexa coroado rei de Francia. Posteriormente, Xoana é executada e queimada viva acusada de herexía.

O filme anterior de Besson, Le Cinquième Élément, tamén protagonizado por Jovovich, foi un éxito da crítica e de recadación, e tivo unha grande influencia na carreira de ambos. Jeanne d'Arc pretendía continuar co éxito e asentar o status de Besson e Jovovich na industria do cine.[3] Porén, recibiu malas críticas, e unha recadación inferior á agardada,[4] conseguindo $67 millóns sobre un orzamento de $60 millóns.

En 1412, nace en Domrémy (Francia) a Doncela de Orleáns. A guerra dos Cen Anos contra Inglaterra dura xa case un século e devastou Francia. Xoana é unha rapaza moi relixiosa, e despois de ter a súa primeira visión, volve ó seu fogar e atópase con que os ingleses acabaron coa súa familia. Algúns anos despois, completamente convencida de que Deus lle encomendou a misión de expulsar ós ingleses de Francia, vai ver ó Delfín, o futuro Carlos VII, que lle proporciona tropas para levantar o sitio de Orleáns.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  1. "The Messenger: The Story of Joan of Arc (1999)". Box Office Mojo. Consultado o 30 de abril de 2013. 
  2. Hayward, p. 162.
  3. Hayward, p. 161.
  4. "Luc Besson". MSN. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2014. Consultado o 5 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hayward, Susan; Powrie, Phil (2009). The Films of Luc Besson: Master of Spectacle. Manchester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-7029-7. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]