Jeannie Longo
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1958 (66 anos) Annecy, Francia | ||||||||||||||||||||||
Altura | 164 cm | ||||||||||||||||||||||
Peso | 47 kg | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Francia | ||||||||||||||||||||||
Deporte | Ciclismo de montaña | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
2013 | 2013 in women's road cycling (en) (355ª) | ||||||||||||||||||||||
2012 | 2012 in women's road cycling (en) (208ª) | ||||||||||||||||||||||
2011 | 2011 in women's road cycling (en) (81ª) | ||||||||||||||||||||||
2010 | 2010 in women's road cycling (en) (25ª) | ||||||||||||||||||||||
2009 | 2009 in women's road cycling (en) (21ª) | ||||||||||||||||||||||
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 | ||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||||||||||||||||||
1998 | 1998 UCI Women's Road World Cup (en) (9ª) | ||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||||||||||||||||||
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 | ||||||||||||||||||||||
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 | ||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||
Páxina web | jeannielongo.free.fr | ||||||||||||||||||||||
Jeannie Longo, nada o 31 de outubro de 1958 en Annecy, Francia, é unha ciclista profesional que viviu a súa época dourada na década dos 90.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comparada con Eddy Merckx, polo seu dominio no ciclismo feminino, é famosa pola súa natureza altamente competitiva e a súa lonxevidade como deportista. En Pequín 2008 participou nos seus sétimos Xogos Olímpicos, ficando ás portas do bronce, na cuarta posición na proba de contra o reloxo, a só dous segundos da suíza Karin Thürig.[1]
Posúe catro medallas olímpicas e trece títulos mundiais, en ciclismo en ruta e en pista, ademais de 38 marcas mundiais.[2]
Empezou a súa carreira deportiva como esquiadora, deporte no cal foi campioa do seu país na categoría escolar en 1975. Catro anos despois, en 1979, Jeannie foi campioa universitaria nas categorías de descenso, slálom e xigante.
Foi entón cando, o daquela seu adestrador, e actualmente esposo, Patrice Ciprelli, a faría pasarse ao ciclismo. Poucos meses despois gañou o Campionato Nacional de Francia de ciclismo en ruta.
En xuño de 2009 sumou o seu 56º título nacional, ao proclamarse campioa de Francia en contra o reloxo, con 50 anos.
Ademais dos seus logros deportivos, Longo tamén traballou no eido académico, licenciándose en Matemáticas e Xestión Económica e doutorándose en Deporte.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos
[editar | editar a fonte]- Medalla de ouro de ciclismo en ruta en 1996
- Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo en 1996
- Medalla de prata de ciclismo en ruta en 1992
- Medalla de bronce de ciclismo en ruta contra o reloxo en 2000
Campionatos do mundo
[editar | editar a fonte]- Campioa do mundo de ciclismo en ruta en 1985, 1986, 1987, 1989 e 1995
- Campioa do mundo de ciclismo en ruta contra o reloxo en 1995, 1996, 1997 e 2001
- Campioa do mundo de ciclismo en pista (persecución) en 1986, 1988 e 1989
- Campioa do mundo de ciclismo en pista (carreira de puntos) en 1989
- 2 medallas de prata de ciclismo en ruta en 1981 e 1993
- Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo en 2000
- Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo por equipos en 1992
- 3 medallas de prata de ciclismo en pista en 1984, 1985 e 1987
- Medalla de prata de cyclo-cross en 1993
- 2 medallas de bronce de ciclismo en ruta en 1994 e 2001
- 3 medallas de bronce de ciclismo en pista en 1981, 1982 e 1983
Campionatos de Europa
[editar | editar a fonte]Campionatos de Francia
[editar | editar a fonte]- 57 títulos de campioa de Francia (primeiro título sobre ruta en 1979 e último en contra o reloxo en 2010), nas especialidades: en ruta, de contra o reloxo, de persecución, de carreira aos puntos, de campo a través (VTT), de contra o reloxo por equipos.
- Campioa de Ile-de-France: persecución, carreira aos puntos, en ruta: de 1992 a 1996
- Campioa de Dauphiné-Savoie: en ruta, velocidade, persecución, carreira aos puntos: de 1977 a 1989
- Gañadora en 1987, 1988 e 1989
- 2ª en 1985, 1986, 1992 e 1995
- 3ª en 1996
- Clasificación por puntos en 1985, 1986, 1987 e 1988
- Clasificación da montaña en 1989
Outros
[editar | editar a fonte]Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2ª na Bicicleta de Ouro Francesa (1996)
- 3ª na Bicicleta de Ouro Francesa (1995, 2001)
Dopaxe
[editar | editar a fonte]En novembro de 1987, tras superar a marca mundial de 3.000 metros en Colorado Springs, Longo deu positivo por efedrina no control antidopaxe.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Longo, 49 años y cuarta". El Periódico de Aragón (en castelán). 14 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 04 de xullo de 2010.
- ↑ "Jeannie Longo, Beijing 2008". ESPN. 2008. Arquivado dende o orixinal o 12-09-2008. Consultado o 4-07-2010.
- ↑ "Longo: "No aceptaré ninguna suspensión"" (PDF). El Mundo Deportivo. 13-11-1987. Consultado o 8-8-2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jeannie Longo |
- Nados en 1958
- Ciclistas olímpicos de Francia
- Medallistas olímpicos en ciclismo
- Nados no departamento da Alta Savoia
- Medallistas olímpicos de ouro por Francia
- Medallistas olímpicos de prata por Francia
- Medallistas olímpicos de bronce por Francia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1984
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008